O NON IRLANDÉS E ALGUNHA CONSIDERACIÓN SOBRE A CONSTRUCCIÓN EUROPEA


Carlos Dafonte

O “non” maioritario dado polo pobo de Irlanda no referendo sobre o Tratado de Lisboa, abriu toda unha serie de reflexións nos medios de comunicación, entre diferentes persoas relacionadas coa política e foi tamén motivo de discusión e debate entre as xentes do común preocupadas polo xeito en que se esta a levar a construción da Unión Europea.

En primeiro lugar hai que dicir que na lóxica da súa construción, este “non” debe paralizar o proceso de ratificación do Tratado; é o acordado, é o democrático, pero parece que o acordado diante deste atranco imprevisto, agora xa non vale e deste xeito si antes a construción europea era un proceso marcado pola falla de democracia, a partires de agora se convirte nun “cambalache” no que todo vale, con tal de acada-lo obxectivo final establecido polos intereses económicos dominantes.

Tamén é grave que ó calor da postura do pobo irlandés, téntese desacreditar, por parte dalgúns sectores políticos que se consideran á esquerda, as razóns que levaron a ese non: que se hai unha grande influenza no mesmo da administración dos EEUU, se esta en consonancia coa súa posición reaccionaria a favor da pena de morte e contra do aborto, etc. Descoñezo as razóns que levaron a unha maioría do pobo irlandés a votar non, pero o xuízo de intencións paréceme denigrante e “postura de mal perdedor”. Cando o que verdadeiramente debían reivindicar estes sectores era a celebración de referendos en todos os países e non ratifica-lo Tratado de Lisboa dun xeito clandestino e de costas ós pobos, como se esta a facer.

Pero hai un feito ineludible que é necesario plantear para entender ben o que é a Unión Europea; os primeiros organismos unitarios nacen non como resultado do pensamento de seres excepcionais, cunha visión particular do que debe ser un continente gobernado democraticamente, con respecto ás diferentes culturas, nacións sen estado,etc, que é o que nos queren facer cree-los propagandistas da Europa do capital, sobre os homes e mulleres que sentaron os alicerces da actual Unión, ós que moitas veces chaman “visionarios”, senón que a actual UE nace como resultado das posicións de personaxes como Wiston Churchill que xa expón no ano 1946, en Zurich, como resultado da consolidación da URSS, dos avances dos partidos comunistas en numerosos países europeos, gobernaban en coalición en Italia, Francia, Bélxica e Dinamarca, a necesidade de tentar buscar unha saída dialogada para as contradicións intercapitalistas europea, que dende principios do século dirimíanse por medios pouco pacíficos: dúas guerras en 25 anos. Agora, de continuar por ese camiño, as burguesías podían ser desprazadas do poder polo movemento obreiro maioritariamente influído polo comunismo. A segunda grande idea de Churchill foi a necesidade de establecer un “pano de aceiro” para evitar que o comunismo seguira avanzando por Europa occidental; como resposta lóxica a este postulado prodúcese a intervención imperialista en Grecia que fora liberada dos nazis polas guerrillas de tendencia comunista e a expulsión dos partidos comunistas dos gobernos da Europa capitalista.

É pois, a necesidade de buscar solucións pacíficas ás contradicións intercapitalistas, as que levan a aparición da Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro; a defensa do capitalismo por enriba de todo.

Na etapa de expansión económica que vai dende o final da Iiª Guerra Mundial ata finais dos anos sesenta, poucos pasos se deron na construción europea. Acelérase o proceso ó entrar nunha etapa recesiva a nivel económico e cando as contradicións entre as burguesías nacionais vólvense poñer en evidencia; e sobre todo despois da desaparición da URSS, da restauración capitalista no leste de Europa, e a perda de forza da esquerda na Europa occidental ata, podemos aseverar, a súa desaparición. Pero que a esquerda tradicional europea se atope hoxe en bancarrota, refírome fundamentalmente ós partidos comunistas e algúns socialistas que non se reconverteron ó neoliberalismo, non indica que non haxa unha parte dos cidadás europeos que manteñen posicións da esquerda tradicional e outra que mantén posicións que podemos definir como “anti- globalización neoliberal”, aínda que non apareza con claridade unha alternativa ó sistema capitalista.

Estamos pois nun proceso pulado pola burguesía imperialista europea que aproveita a febleza do pensamento e da organización da xente da esquerda, para aceleralo e impoñer unha construción da Unión Europea antidemocrática, que é o propio do capitalismo, e que sexa un instrumento ó servizo dos seus intereses económicos, nestes etapa de crise, que abre de novo un período de contradicións entre os diferentes sectores da burguesía a nivel mundial. Un modelo excluente da maior parte da poboación.


E nesta perspectiva é importante subliñar tamén, que a construción da UE atopa importantes atrancos por parte dos EEUU de Norteamérica, que utiliza a fondo o seu instrumento máis eficaz, a OTAN, para materializar esta política: guerra de Iugoslavia, ingreso de países da Europa do leste antes da súa incorporación á Unión Europea, enfrontamento con Rusia, asentando mísiles en Polonia e a república Checa o que dificulta as relacións coa Unión nunha cuestión vital como é o subministro de petróleo e gas, etc. Nestas circunstancias, inclusive entre sectores que se consideran da esquerda, pode medrar a opinión de que o importante é que a Unión se consolide, a calquera prezo, que xa chegarán tempos mellores nos que se poidan introducir modificacións fondas no que hoxe se aprobe. Están cegos os que así pensan, e o que nos indican é que deixaron de ser esquerda; apostan pola consolidación do modelo capitalista máis depredador, antidemocrático e agresivo, só superado polo fascismo e o nazismo. [Voltar ao inicio desta nova]

O ATAQUE DE GEORGIA TIVO APOIO E BENZÓN DOS U.S.A

O masivo ataque xeorxiano sobre Osetia do Sur estaba acordado con Washington

Knut Mellenthin [Junge Welt]

Tiña o presidente xeorxiano Michail Saakasjwili, "luz verde" de Washington, cando na noite do venres deu a orde ás súas forzas armadas de atacar Osetia do Sur? A resposta é un rotundo si, e só pode discutirse o porqué o Goberno ianqui decidiu esta vez soltarle a correa ao can, cando no pasado sempre o tivera retido.

A reconquista de Osetia do Sur e de Abjasia é "o obxectivo da miña vida", comunicara Saakasjwili en novembro de 2003, antes da súa imposición como presidente a finais de xaneiro do 2004 grazas a unha subversión apoiada por EE.UU.

"Faremos o máximo posibel para que a próxima festa nacional tamén se poida celebrar en Sujumi, a capital de Absajia." Isto sería normalmente en xaneiro de 2009; nembargantes, había entre medias unhas novas eleccións. No seu discurso de toma de posesión Saakasjwili falou da necesidade de construír un exército poderoso, "para volver a refacer a unidade de Xeorxia". O 25 de maio de 2004 celebrouse en Xeorxia o maior desfile militar da historia do país e Saakasjwili dixo: "Se se pregunta a calquera soldado xeorxiano porqué serve no exército, todos te responderán: para reconstruír a integridade territorial de Xeorxia".

Podía ser isto un malentendido? A cúpula xeorxiana pasou pronto aos feitos: tras enfrontamentos militares de varios días en Osetia do Sur, na madrugada do 19 de agosto de 2004, tropas de elite xeorxianas asaltaron varios outeiros estratexicamente importantes nas inmediacións da capital Tsjinwali. Todos os observadores competentes estiveron de acordo en que era o preludio dun ataque maior. Sen embargo, nun xiro dos acontecementos sorprendente e sen declaración oficial, os soldados xeorxianos desocuparon poucas horas despois as posicións conquistadas. As suposicións que se barallaron entón, eran que o goberno estadounidense intervira a través do seu poderoso embaixador en Tibilisi.

O veto estadounidense tamén tentaba probabelmente evitar unha escalada bélica en setembro de 2006. Naquel entón, o ministro de defensa Irakli Okruaschwili, un "tolo atrevido" non moi responsabel dos seus actos, tivera que aterrar de emerxencia co seu helicóptero en territorio de Osetia do Sur, despois de que antes houbese estado media hora sobrevoando provocadoramente sobre Tsjinwali. "Todos deberían entender que os impulsos deses bandidos van a terminarse dunha vez por todas moi axiña", ameazou a seguir Okruaschwili e informou de que proximamente dirixiría persoalmente "unha expedición de castigo". No verán do 2007 alardeaba que se bebería o próximo champán de ano nova na capital surosetia. En lugar diso caeu en desgraza con Saakasjwili, foi enviado incluso temporalmente a un cárcere xeorxiana e vive na actualidade exiliado en Francia.

O primeiro indicio de que o Goberno xeorxiano ten agora a bendición de Washington para a súa agresión a Osetia do Sur, foi a actitude do congresista estadounidense Zalmay Khalilzad, antigo representante estadounidense en Kabul, no Consello de Seguridade da ONU: na reunión especial nocturna convocada precipitadamente despois do comezo do ataque xeorxiano, bloqueou cada toma de posición conxunta para a renuncia á violencia. Ata o momento non chegou de Washington nin unha soa palabra de crítica ao proceder de Saakasjwilis.

Observadores expertos en Moscova, preparáranse para un peor desenvolvemento do conflito, despois de que a Secretaria de Estado Condoleezza Rice se atopase con Dimitri Sanakojew, o "presidente de Osetia do Sur" nomeado polo Goberno xeorxiano, na súa visita a principios de xullo en Tbilisi. Ata ese momento había, entre os EE.UU. e a UE, unidade para ignorar a esta figura creada para as provocaciones e as aventuras militares.

Poucos días despois da visita da Secretaria de Estado, na que supostamente tamén se falaría sobre a inminente agresión, comezaron na base de Vaziani perto de Tbilisi, manobras conxuntas co nome de "Resposta Inmediata" onde xunto a 600 xeorxianos e pequenos grupos de oficiais de Ucraína, Azerbaixán e Armenia participou un continxente máis forte de 1000 soldados estadounidenses con diferente armamento. Os exercicios duraron do 17 ao 31 de xullo. Un día despois de terminar, na noite do 1 ao 2 se agosto, comezaron as provocacions militares das forzas armadas xeorxianas nas periferia de Tsjinwali.

Cando Saakasjwili deu a orde de atacar na noite do 7 de agosto, atopábanse aínda en Xeorxia parte das tropas estadounidenses que tomaron parte nas manobras, aínda que seica xa non estaban na base de Vaziani, que foi atacada polos avións de guerra rusos.

Igualmente había en Xeorxia 127 instrutores militares estadounidenses, entre eles 35 empregados de empresas privadas de seguridade. O Goberno estadounidense empezara xa en abril de 2002 co predecesor de Saakasjwilis, Eduard Shevardnadze, a adestrar unidades de elite do exército xeorxiano e a equipalos coas armas máis modernas. Cun custo de 65 millóns de dólares, este programa representaba por aquel entón un tipo de proxecto lámpada piloto cunha dimensión absoluta sen precedentes no campo da antigua URSS. Oficialmente terminou no ano 2004, mais continuou baixo outras nomes. Amais uníronse instrutores de Gran Bretaña e un número descoñecido de militares e "asesores de seguridade" de Israel. [Voltar ao inicio desta nova]

UNHA GALEGA NA CASA BRANCA!

Chámase Concepción Martín (Conchita para os amigos, Connie en versión anglosaxona. Nasceu en Santiago de Compostela e criouse en Vigo, ten 63 anos e leva 25 apostada nunha beirarrúa fronte á Casa Branca. A súa manifestación vixilia non decaeu desde 1981 até a actualidade. Durante este período pasaron polo Despacho Oval catro presidentes: Ronal Reagan, George Bush, Bill Clinton e George W. Bush.

E cal é o motivo que levou a Concepción a esta protesta sen fin? En realidade, son moitos. Conchita emprendeu seu vigilia por un asunto persoal, mais co tempo foi abrazando o credo dos activistas mobilizados contra a carreira armamentística.

-A historia de Concepción ten a súa orixe na odisea que lle supuxo a separación do seu marido italoamericano cando aínda non cumprira os 30 anos. Tra-lo seu tormentoso divorcio, un tribunal dictaminou que a custodia da única filla debía ser para o pai, o que frustou os plans de Conchita, que pretendía voltar coa nena á súa terra. Porreen, non abdicou: recorreu a organizacións defensorasde os dereitos humans, visitou despachos e administracións de toda pelaxe en Nova York e Washington; apelou inclusivamente ao ministerio español de Asuntos Exteriores... Todo foi en van.

Por iso decideu, no 1981, plantarse diante de A Casa Branca para expresar o seu rexeitamento por "a corrupción e a inxustiza do sistema social norteamericano". Foi entón cando se sumou a Thomas Doubting, un activista que iniciara dous meses antes un protesto contra a proliferación de armas nucleares.

-Ao igual que Concepción, Thomas non se deu por vencido no seu protesto permanente.

Concepción vive na interperie. Subsiste a base de esmolas e donativos efectuados por simpatizantes das súas causas. Tamén vende pequenas pedras pintadas nas que expresa as causas que a moven a continuar coa súa vixilia.

-A súa actitude crítica tamén lle trouxo a correspondente doses de acritude das autoridades. Un dos momentos máis complicados da vixilia sen fin de Concepción tivo lugar o 8 de decembro de 1982. Ese día, a policía disparou e matou ao activista anti-nuclear Norman Mayer, que ameazara con facer voar polos aires o monumento ao primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington.

Para Conchita, os enfrontamentos cos axentes non chegaron tan lonxe, aínda que si padece o seu acoso. Prohibíronlle durmir nun saco de durmir ou colocar cadeiras na beirarrúa; incluso chegaron a estipular unhas medidas máximas para as súas faixas de denuncia e unha determinada distancia de separación de Thomas, o seu compañeiro de fatigas. Tamén denunciou ameazas policiais.Todos os presidentes que pasaron pola Casa Branca desde 1981 trataron de desfacerse da súa incómoda presenza. Mais Conchita resistiuno todo, conservando lucidez sobre o contido das súas denuncias e sobre a identidade do inimigo, como revela a súa resposta ao xornalista do Washington Park Times que lle preguntou nunha ocasión se non temía os eventuais perigos nocturnos en Lafayette Park, coa presenza dalgún individuo indesexabel. Ela sinalou co dedo a residencia oficial do presidente: "O MÁIS PERIGOSO ESTÁ AÍ DENTRO. ESA É A VERDADEIRA AMEAZA". [Voltar ao inicio desta nova]

A NEGACIÓN DA TORTURA(NO E. ESPAÑOL): UNHA DENUNCIA DE CARLO FRABETTI

A negación da tortura

por Carlo Frabetti

A tortura, a máis repugnante forma de represión e de abuso de poder, é obviamente incompatibel co estado de dereito, e por iso nas seudodemocracias ao uso a súa práctica sistemática nunca é recoñecida. Mais negar a evidencia da tortura é cada vez máis difícil. Cada vez require maior cinismo por parte do poder e maior necedade por parte de quen se cren as súas mentiras e omisións, pois o coñecemento dos feitos obxectivos -os teimudos feitos- está, cada vez máis, ao alcance de calquera que teña acceso a un ordenador. Hoxe día, negar a tortura é como negar o Holocausto: require o mesmo grao de obcecación ou perversidade.

Fai tan só unha década, para comprobar que a tortura é unha práctica sistemática e impune (o que equivale a dicir que é unha estratexia política), había que emprender unha difícil labor de investigación. Porén na actualidade as evidencias son tan abrumadoras como facilmente accesibles, e negarse a velas ou a sacar as conclusións pertinentes equivale a ser cómplice da maior das infamias. Abonda con entrar na páxina web da Coordinadora para a Prevención da Tortura (www.prevenciontortura.org), que inclúe a máis de corenta organizacións de todo o Estado español (asociacións prol dereitos humanos, cristiáns de base, familiares de presos, etc.), para, a partires daí, realizar unha procura tan sinxela como esclarecedora. Abonda con preguntarse por que a Garda Civil e o Ministerio do Interior non saen ao paso de acusacións tan graves e notorias como as formuladas por Anika Gil na “pelota vasca” (un documental exhibido nos cines comerciais e visto por centos de milleiros de espectadores) para comprender que só hai unha resposta posible. Abonda con ler os informes de organizacións tan pouco sospeitosas de radicalismo como Amnistía Internacional ou a propia ONU para decatarse de que algo cheira a podre na nosa suposta democracia.

Por iso nun futuro inmediato asistiremos, con respeito á tortura, a unha mudanza de estratexia. Cando xa non sexa posible negala --e xa non o é--, intentarase minimiza-la. Non é casual que nos últimos tempos comecen a verse na televisión ignominiosas escenas de malos tratos gravadas polas cámaras instaladas en comisarías e cuartelillos, e tampouco é casual que algúns casos de corrupción e abusos policiais sexan aireados insistentemente polos medios de comunicación. Cando os síntomas xa non poden agocharse, inténtase falsear o diagnóstico. Agora pretenderán facernos crer que os casos de brutalidade policial son illadas excepcións que confirman a regra democrática, e que a lei os persegue co maior rigor.

Agora que a negación xa non é posibel, os catro poderes (o lexislativo, o executivo, o xudicial e o mediático) tentarán relativizar a tortura e os malos tratos centrando a atención nalgúns casos coidadosamente escollidos, coa esperanza de que as árbores nos impidan ve-lo bosque. Mais non o conseguirán: pódese enganar unha vez a todo o mundo e todas as veces a unha persoa; mais non se pode enganar todas as veces a todo o mundo. Hai demasiadas preguntas sen resposta, demasiadas acusacións non desmentidas, demasiadas imaxes tan imborrabeis como a do rostro desfigurado de Unai Romano, demasiadas testemuñas tan estremecedores como o de Amaia Urizar, violada por un garda civil cunha pistola. E hoxe, grazas a Internet, articular nun cadro coherente e significativo os datos que o poder intenta dispersar está ao alcance de calquera. Calquera texto de denuncia pode converterse nun hipertexto, e este mesmo artigo se ramifica nos que cito a seguir, que pola súa vez remiten a outras fontes ás que se pode acceder sen máis que pulsar unha tecla. Para non decatarse do que acontece, xa non abonda con ollar para outra beira: hai que taparse os ollos e as orellas, como os monos de Confucio. E hai que taparse a boca con amba-las dúas mans para non berrar pedindo o corpo dos culpabeis.

Textos asociados:
O significado da condena (www.rebelion.org/noticia.php?id=64959)
A mula e o boi (www.rebelion.org/noticia.php?id=59229)
A irmandade das vítimas (www.rebelion.org/noticia.php?id=27261)
A impunidade da tortura (www.rebelion.org/noticia.php?id=26604)
Si eu fose garda civil (www.rebelion.org/noticia.php?id=9537)
A cobardia dos lobos (www.nodo50.org/contraelimperio/rtf/137.rtf)
O valor das vítimas (www.nodo50.org/contraelimperio/rtf/136.rtf)
O silencio dos lobos (www.nodo50.org/contraelimperio/rtf/130.rtf)

[Voltar ao inicio desta nova]

INTELECTUAIS E CIENTISTAS DE PORTUGAL APELAN Á CONSCIENCIA DOS POVOS

Polo seu interese publicamos este importante documento que se difunde en Portugal polos camaradas do PCP e asinan importantes persoeiros da vida científica e intelectual portuguesa.

[Partido Comunista Português]

Intelectuais portugueses consideram que «estamos perante um crescendo de irracionalidade brutal, cuja principal origem não reside, como afirma a ideologia dominante, na violência inata de grupos humanos atrasados e fanatizados, mas sim no sistema globalizado de exploração, domínio e opressão que espalha à escala planetária violência, agressão, atraso e miséria» e decidiram promover um abaixo-assinado dirigido a todos os que «independentemente de diferentes apreciações individuais sobre várias das matérias em causa» não deixarão, com o seu silêncio, que se repitam actos e tragédias que marcaram a horror e a fogo a face dos povos.
Apelo à consciência dos povos

Por diversas vezes, na história, intelectuais têm assumido o dever, entendido simultaneamente como direito, de lançar um grito de alerta.

O momento actual clama por um veemente apelo à consciência dos povos. Estamos perante um crescendo de irracionalidade brutal, cuja principal origem não reside, como afirma a ideologia dominante, na violência inata de grupos humanos atrasados e fanatizados, mas sim no sistema globalizado de exploração, domínio e opressão que espalha à escala planetária violência, agressão, atraso e miséria.

Foi num ambiente semelhante que, há menos de um século, germinaram as ideologias e os regimes fascistas e nazi-fascistas protagonistas das maiores tragédias que a humanidade viveu até hoje. É nesse ambiente que renascem e ganham fôlego novas expressões do mesmo flagelo.

Hoje, como então, avançam sob a capa do anticomunismo. Clamam pela criminalização, a perseguição, a proibição da existência e da acção dos comunistas. Mas o que pretendem de facto criminalizar, perseguir e reprimir é a liberdade, a democracia, o direito dos trabalhadores, dos cidadãos, dos povos à resistência e à luta por direitos humanos, pelo simples direito a sonhar, sequer, que outra sociedade é possível.

Não usam, hoje, camisas negras ou castanhas os porta vozes deste sombrio programa. Vestem fato e gravata e têm assento em importantes organismos internacionais.

Quiseram aprovar no Conselho da Europa uma resolução anticomunista que, se aplicada, teria como consequência uma implacável escalada persecutória, de repressão e de violência, não apenas contra os comunistas mas contra todos os que resistem e lutam contra o intolerável estado de coisas hoje dominante. Há muito que não era ouvida com tanta clareza, numa instituição europeia, a voz secular da opressão, do ódio à duríssima marcha da emancipação humana.

Conhecemos, por dolorosa memória histórica, o significado destes sinais.
Este é, por isso, o momento para exercermos o dever e o direito de lançar um vigoroso e urgente grito de alerta.

Independentemente de diferentes apreciações individuais sobre várias das matérias em causa, não deixaremos que, com o nosso silêncio, se repitam actos e tragédias que marcaram a horror e a fogo a face dos povos.
Não permitiremos, com o nosso silêncio, que a história se repita.

Primeiros subscritores:

Álvaro Magalhães - Escritor
Álvaro Siza Vieira - arquitecto
Domingos Tavares - Professor Universitário
Eduardo Souto Moura - Arquitecto
Filipe Diniz - Arquitecto
Frederico Carvalho - Investigador
Hélder Costa - Autor, Encenador
Isabel Allegro de Magalhães - Professora Universitária
João Arsénio Nunes - Historiador
João Ferreira - Bolseiro de Investigação
José António Gomes - Escritor
José Barata Moura - Reitor da Universidade de Lisboa
José Luís Borges Coelho - Músico
José Rodrigues - Artista Plástico
José Saramago - Escritor, Prémio Nobel da Literatura
Manuel Gusmão - Jornalista, Escritor
Maria Helena Serôdio - Professora Universitária.
Miguel Urbano Rodrigues - Escritor
Óscar Lopes - Escritor
Rogério Ribeiro - Artista Plástico
Rui Namorado Rosa - Professor Universitário
Urbano Tavares Rodrigues - Escritor

[Voltar ao inicio desta nova]