OS TRILEIROS DO SISTEMA

A recente resolución do Tribunal Constitucional español, aceptando o recurso interposto pola representación legal de Iniciativa Internacionalista contra o Auto de ilegalización do Tribunal Supremo, non supón, para nada, unha rectificación e, por ende, unha constatación da “pureza” democrática do sistema, como queren facernos crer súas voceiros; antes ben, significa que o fedor que emana do mesmo faise insoportabel até para quen mais o gaban.

Se o ABC marcaba- como o fixera en 1936 á chusma castrense- o camiño que tiña que seguir o Tribunal Supremo ilegalizando calquera indicio de disidencia política, coa escusa do “terrorismo”, o editorial do día 19 de Maio do diario el PAIS, asinalaba ao Tribunal Constitucional os límites, amplamente rebasados, da deslegitimación da armazón xurídico e político da monarquía democrático-burguesa española, herdeira directa da ditadura franquista que a nomeou.

O Estado español estase deslizando perigosamente pola pendente do fascismo. E iso sábeo ben a Unión Europea, que segue de perto e con preocupación a deriva española para a “democracia á turca”. A cuestión vasca, como non, obrigou de novo ao Estado español a retratarse e a faz crispada do fascismo é a que reflectiu o espello. Ao ponto de que preocupou ata a súas máis fieis. De aí que a ciaboga do Tribunal Constitucional, empreñada de pseudo razoamentos xurídicos, non pode agochar que os mesmos indicios que agora se din inexistentes ou insuficientes, son os que serviron para ilegalizar a outras listas – máis de seiscientas- nos últimos anos, desde que viu o van no ano 2002 a infausta Lei de Partidos.

E este é, xustamente, o éxito da disidencia vasca, agora axudada fraternalmente polas outras xentes e os demais Povos oprimidos polo mesmo Estado burgués e imperialista. Iniciativa Internacionalista é a man amiga que permitiu espir a raíz dun contencioso político secular e liberar, un tanto sequera, a terribel tenaces que afogaba en represión a Euskal Herria, para obrigarlle ao inimigo a abrir as liñas e mostrar aquí e alá a catadura moral dun réxime corrompido e parasitario, imposto pola ditador, para sucederlle. Porque agora se sabe con certeza noutros lugares que a cuestión vasca non é, como se pretendía vender, o conto dunha banda mafiosa cuxa desaparición tan só depende do ritual iniciático de “a condena da violencia”, dunha das violencias, para ser exactos.

Como se non soubésemos, desde sempre, quen é o máximo expoñente de todas as violencias, das explícitas e das negadas e nunca recoñecidas. Jon Anza pode ser o seguinte da sanguenta lista dun Estado en quebra moral e democrática.

Por iso dicimos que non foi o Tribunal Constitucional quen emendou o fallo fascista do Tribunal Supremo. Simplemente repartíronse os papeis para que pareza que o sistema en si funciona e é democrático. Non é verdade. Só se purgan para impedir que quebre totalmente na súa máis íntima e completa lexitimidade.

É a victoria é dos Pobos e das xentes que, diante da máis brutal represión, souberon plantarlle cara á besta fascista. Gora Iniciativa Internacionalista!!, ¡¡viva o internacionalismo proletario!!.


Sábado, 23 de maio de 2009

EUSKAL HERRIKO KOMUNISTAK (EHK