HOMENAXEADO EN CUBA O NOSO CAMARADA "MONCHO"

Homenaxeado na Habana, veterano loitador comunista.

Por Lina Rei Abeledo*

O 19 de Marzo, precisamente o día no que facía os seus 90 anos, o noso camarada Francisco Rei Balbís, Moncho, foi obxecto dunha sinxela e cálida homenaxe, no nome do Partido Comunista de Cuba, por parte de compañeiros do Departamento de Relacións Internacionais do Comité Central.

Presidiu a actividade o compañeiro Oscar Martínez. Achábanse presentes ademais os compañeiros Teresita Trujillo e Juan Carlos Marsán, funcionarios do departamento, e acompañaban ó camarada Moncho a sua compañeira Isabel Alvarez, a sua filla Lina e a camarada Teresa Pantoja en representación do PCPE.

As actividades deron comezo con un percorrido polo memorial José Martí, baseado no monumento ó grande heroi cubano e latinoamericano.

Nada mais acertado que este achegamento á vida e obra de Martí para homenaxear a un home que adicou toda a sua vida á defesa dos ideais do comunismo, entregando nos seus mellores anos á loita armada contra o franquismo, combatindo na sua Galiza natal no Movemento Guerrilleiro, no que chegou a dirixir a IV Agrupación, e que aínda ós seus 90 anos segue completamente activo, apoiando en Cuba non só as actividades do PCPE, a quen representa nesa nación irmá, senon apoiando con todas as suas forzas á Revolución Cubana, da que se sinte parte integrante e que, seguindo a decisión que tomara en 1964, cando por razóns de seguridade escollera o berce da xoven revolución como destino, estará disposto a defender en cuanto lle fique un hálito de vida.

A xornada, cargada de emoción, fixolle lembrar ó Moncho as suas loitas, a sua vida toda, a sua nenez, na que aprendeu a querer á xoven Unión Soviética, do seu pai, quen separaba unha parte do salario para axudar a nacente Revolución rusa; a sua condición de fuxido, xunto co seu curman Xesús; a condea a morte, os anos de cárcere, os longos meses incomunicado, o comezo da sua militancia comunista no cárcere en 1941; a difícil loita nas guerrillas; as veces que salvou a vida de puro milagre, chegando ó campamento inexplicávelmente ileso, co capote cheo de furados; o paso a Francia polos Pirineos xunto a Marita, a sua muller; a loita clandestina en Francia; a irreparável perda da sua compañeira; a chegada a Cuba no 1964 da man da sua pequena filla e a inmensa alegría de atopar a Isabelita, precisamente a nai que Marita lle encargara atopar para a sua filla, como último desexo.

O finalizar a actividade, Oscar Martínez entregoulle a Moncho un Diploma asinado polo compañeiro Fernando Ramírez de Estenoz, membro do Secretariado do Comité Central e xefe do seu Departamento de Relacións Internacionais no que se rende tributo ós seus 90 anos de loita comunista e a sua fonda amizade coa revolución cubana.

Visibelmente emocionado, Moncho acepta o recoñecemento no nome dos seus camaradas de Partido e como lembranza de todos aqueles que deixaron a sua vida no empeño por construiren un mundo mellor e sobre todo con un compromiso renovado de non ceder un palmo na loita contra o imperialismo e na defesa das conquistas da Revolución Cubana.

Así é que remata o emotivo encontro. Co optimismo que o caracteriza e unha fe inquebrantável na Victoria, retírase este mozo de 90 anos, co mesmo espíritu de combate que o animou a coller as armas 7 anos atrás.

Honrar, Honrar, dicía Xosé Martí, e nesta xornada cumpríuse, unha vez mais, o sabio precepto martiano.
.
* Lina Rei Abeledo,
a autora de esta crónica que o PCPG traduciu á nosa lingua, é filla de Moncho, camarada nosa e científica cubana
.
-Ver tamén referencia a esta homenaxe publicada no Granma
[+]

[voltar ao inicio]