A FPLP e a FDLP mobilízanse contra a loucura sanguinaria e fractricida en Gaza

A FPLP (Fronte Popular de Liberación de Palestina) e a FDLP (Fronte Democrática de Liberación de Palestina) organizaron unha manifestación masiva denunciando os tráxicos acontecementos que se desenvolven na banda de Gaza e o conxunto de violencias que se están a dar entre Al Fatah e Hamas. Numerosos persoeiros nacionais, as institucións da sociedade civil e centenares de cidadáns participaron nunha manifestación a cuxa cabeza marcharon os cadros, partidarios e membros das dúas frontes.

Os manifestantes berraron consignas que chamaban á unidade nacional, denunciando ao tempo todo tipo de divisións así como o recurso ás armas no seo de Palestina, no momento en que o inimigo sionista eleva a súa cruel ofensiva contra o pobo palestino.

A multitude reiterou o seu chamamento ás direccións de Hamas e de Al Fatah, ás institucións da presidencia e do goberno a fin de que declaren unha posición clara e definitiva para os crimes perpetrados nas rúas. Os participantes esixen pola súa banda un alto o fogo inmediato, a retirada dos combatentes armados das rúas e o comezo inmediato dun diálogo nacional total, no que participe o conxunto das forzas e das partes/seccións palestinas, as institucións da sociedade civil a fin de fixar o principio de unidade nacional sobre base dunha verdadeira participación nas decisións palestinas. Isto servirá ao conxunto do noso pobo e garantirá a non continuidade destes enfrontamentos.

O membro do comité central do FPLP, o compañeiro Jamil Mazhar, afirmou que a causa principal destes combates é o acordo de Mekke, que consolidou o dualismo e o reparto dos intereses e influenzas no poder.

Mazhar insistiu na necesidade dun diálogo nacional total e dunha reconsideración das institucións de seguridade sobre bases igualitarias e profesionais. Esta debe facerse lonxe da clase política dos homes de influencia e dos responsabeis do aparello de seguridade, considerando que a misión principal deste aparello debe ser o mantemento da seguridade nacionais e dos cidadáns e a confrontación co inimigo israelí.

http://pcdopg.blogspot.com/2007/06/fplp-e-fdlp-mobilzanse-contra-loucura.html