O PCPG É SOLIDARIO COAS PERSOAS DETIDAS POLA VAGA REPRESIVA CONTRA EUSKAL-HERRIA

GALIZA, EUSKAL-HERRIA E CATALUNYA: UNHA MESMA LOITA!
[Comunicado do Comité Nacional do PCPG encol da vaga represiva contra Batasuna e Euskal-Herria]

O aparato represivo do estado español non para de enviar ao cárcere a ducias de patriotas bascos. Lonxe de procurar as vias de "diálogo" e negociación tan pregoadas, intensifican a represión contra o movemento popular abertzale, nomeadamente agora contra toda a dirección de Batasuna.

Nos últimos tempos foron Arnaldo Otegi, Joseba Alvarez, Joseba Permach, Ohiane Agirre, Asier Tapia..; no dia de onte o aparato da represión golpeou a esta organización coa detención doutros 23 dirixentes, practicamente a totalidade da súa dirección histórica.

Esta vaga da represión dirixida con toda a impunidade contra o povo basco e as súas organizacións populares, contra os medios de comunicación alternativos e a esquerda patriótica, e agora contra a dirección nacional de Batasuna á que arrestan arbitrariamente, semellan ás razias dos tempos de Franco e do "fürercillo" Aznar e constituen un novo episodio do esforzo permanente (sempre fracasado) do imperialismo español para tentar exterminar a esquerda soberanista basca.

Con acusacions infames e claramente infundadas tentan agochar a penas a súa decisión para rexeitar e impedir calquera posibilidade de diálogo substancial de fronte ás arelas dun povo que expresa, unha e outra vez, de xeito democrático e persistente a sua vontade de que lle sexan recoñecidos os seus lexítimos dereitos democráticos de soberania e autodeterminación nacional.

Desde o Partido Comunista do Povo Galego condenamos inequívocamente este desvario criminal do estado español e esiximos o cese inmediato das súas accións infames e a depuración e disolución dos seus antidemocráticos, arbitrarios e ilexítimos mecanismos represivos e xudiciais. Contra esta brutalidade, unha vez máis posta de manifesto coa persecución de persoas e forzas amigas do irmán povo basco, chamamos a responder unidos.

Todas as organizacións verdadeiramente de "esquerdas" e "progresistas" e todas as persoas democráticas teñen que protestar decididamente por esta nova agresión ao povo traballador basco. Temos que mobilizarmos contra esta tentativa de exterminio dun movemento político e patriótico arraigado profundamente nunha parte moi importante da sociedade basca, á que representa democraticamente.

Os esforzos cara unha solución política, pacífica e democrática do problema basco, e con el do problema da opresión nacional que tamén sofrimos secularmente o povo e nacións galega e catalana son, cada vez máis, trabados pola acción combinada do goberno de Zapatero e a reacción tardofranquista do PP, en vergoñenta santa alianza con sectores do sedicente autonomismo e a seudo-esquerda oportunista.

Hoxe coma onte, lonxe de retóricas "amabeis", descobren a súa verdadeira faciana, a súa submisión ao servizo da oligarquia española de sempre, a súa connivencia co brutal aparato de estado represivo e imperialista do Reino de España.

Galiza, 5/10/2007

C.N do Partido Comunista do Povo Galego

Preme aquí para voltar ao inicio desta nova