COMUNICADO DE AHMAD SA'ADAT, SECRETARIO XERAL DA FPLP DESDE A SÚA PRISIÓN

O SECRETARIO XERAL DO FPLP AHMAD SA'ADAT, DESDE A SÚA PRISIÓN, EMITE O SEGUINTE COMUNICADO:

A misión máis directa para o noso povo e as súas forzas nacionalistas e islamitas, aló onde se atope, é a de unificarse dentro da resistencia para abortar a agresión e os seus obxectivos políticos.

Diante da continuidade da guerra criminal do goberno de ocupación contra o povo palestino até o día de hoxe, decimoitavo desde o comezo da mesma, e diante da firmeza e resistencia brava do noso pobo, e diante da solidariedade popular árabe e internacional coas lexítimas reivindicacións, e diante da impotencia da máquina de guerra israelí de minguar a firmeza e resistencia de noso bravo povo e a súa determinación a vencer á ocupación e conseguir a victoria; insto e reclamo ao seguinte:

1. A necesidade de unir os esforzos e as capacidades das forzas políticas e sociais do noso povo, alá onde se atope, e fortalecer a súa unidade nas prazas da resistencia á ocupación. Así mesmo, habería que deter os agravios contra as masas intifadistas do noso povo por parte dos aparellos de seguridade palestinos en Cisxordania, liberar a todos os presos políticos detidos de acordo coa loita interna, e así, resistir á ocupación desde uns niveis de “estatus ínter-palestino” capacitado para vencer á actual e cobarde agresión , camiño para a victoria sobre a ocupación e a consecución dos nosos obxectivos nacionais.

2. Acelerar a formación dun liderado nacionalista unificado temporal, formado polos secretarios xerais das faccións políticas nacionalistas e islamistas para dirixir ao noso pobo neste crítico momento, así como, unificar as posicións políticas palestinas e establecer, unha vez finalizada a agresión, un dialogo nacional integral de cara a de recuperar a unidade e ordenar a Casa Palestina.

3. Tratar de elevar o posicionamento político oficial árabe ao nivel do pobo árabe, e, ao nivel do líder internacionalista Chavez. Habería que deter a xustificación que se esgrime sobre a división interna palestina, para deixar de cumprir co deber patriótico de: apoiar á resistencia do noso povo na súa actual batalla, e, garantirlle a protección árabe e internacional para rachar o silencio e a complicidade internacionais nesta criminal guerra do goberno da ocupación.

4. Calquera iniciativa árabe ou internacional para tratar o actual conflito, ten que partir desde a condena explícita dos crimes de guerra israelís, poñendo fin a eles, e retirando as tropas de ocupación da franxa de Gaza, rachar o cerco e abrir todos os pasos fronteirizos internacionais, comenzando polo paso de Rafah. Calquera outro asunto parcial ao respecto, hase de tratarse despois, no cerco dos supremos intereses nacionais do noso povo, e dentro da estratexia de facer fracasar os obxectivos políticos da agresión.

5. Calquera comentario sobre unha permanente tregua, ou a incorporación de forzas de interposición internacionais, tense que tratar no marco da presentación, por parte da Comunidade Internacional, dun proxecto político novo que procure a protección do noso povo, a través do remate da ocupación e a súa retirada de todos os territorios ocupados en 1967, a consecución dos obxectivos nacionais e lexítimos do noso povo, o seu dereito á autodeterminación e establecer o seu estado independente con Xerusalén como capital.