CUBA NON ESTÁ SOA!. MANIFESTACIÓN EN MADRID O SÁBADO 31.01

FRONTE AO IMPERIALISMO E A REACCIÓN FASCISTA

CUBA NON ESTA SOA!


O 1 de Xaneiro de 1959, o povo cubano comezaba seu andar soberano e revolucionario. Desde os primeiros anos o imperialismo norteamericano que non soportaba ter a 90 millas un pobo liberado de súas gadoupas, deseñou e implementou unha política de fustrigamento, de inxerencia e de asedio e derrubamento utilizando todas as formas posibeis: a invasión de Praia Girón en 1961 que supuxo a primeira derrota do imperialismo en América Latina; en 1962 un bloqueo político, comercial e financeiro que Cuba soporta desde fai 49 anos, continuos atentados terroristas tramados desde Miami, que até o momento ocasionaron máis de 2.500 mortos e máis de 3.000 feridos, incursións aéreas e marítimas sobre territorio cubano, unha guerra bacteriológica afectando a seguridade alimentaria e a saúde pública,ametrallamientos desde lanchas rápidas, a colocación de bombas en hoteis (nun dos cales foi asasinado un turista italiano) e lugares de ocio asasinando e sementando o terror. Intentos de asasinato do seu Presidente, Fidel Castro..

Durante todo este período, o fustrigamiento e o intento de desestabilización interna na illa veñen sendo unha constante por parte das distintas Administracións norteamericanas recrutando e financiando a persoas nadas en Cuba que actúan como asalariados ao servizo desa política contra a nación cubana. Esa política inxerencista e asasina vén avalada por distintas leis norteamericanas de carácter coercitivo e criminal como a Lei Torricelli, a Helms-Burton ou o Plan Bush para a Recolonización de Cuba que procuran a asfixia económica e o illamento de Cuba, levar a fame e a desesperación e acabar coa Revolución.

Recoñecidos terroristas como Posada Carriles, responsabel xunto con outros coñecidos terroristas da voadura do avión de Cubana de Aviación na que perderon a vida 76 persoas, está protexido e amparado vivindo en liberdade en Miami gozando de total impunidade, mentres permanecen en cárceres norteamericanas cinco cubanos por ter loitado contra o terrorismo.
Sen embargo, Cuba soubo enfrontar todos estes fustrigamientos criminais e acaba de cumprir 50 Anos de Revolución.

Ao longo destes anos ningún dos distintos Gobernos norteamericanos cumpriu as 16 resolucións da Asemblea Xeral das Nacións Unidas contra o bloqueo político, comercial e financeiro imposto por EEUU contra Cuba, que lle custou ao pobo cubano máis de 93.000 millóns de dólares e cuxa última votación guindou a cifra de 185 países a favor do levantamento do mesmo.
Distintos organismos internacionais como o PNUD, a FAO, UNICEF, entre outros sitúan a Cuba no Índice Alto de Desenvolvemento Humano xunto a países desenvolvidos; confirman que Cuba é un país que erradicou a desnutrición infantil, que a taxa de esperanza de vida é unha das mais altas e que a taxa de mortandade e mortalidade infantil a mais baixa e sitúan a Cuba como país que xa acadou os Obxectivos do Milenio.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, buque insignia anticubano do Partido Popular, con excelentes relacións coas organizacións contrarrevolucionarias que desde Miami atentan contra Cuba, cunha rancia práctica inxerencista e morriñenta da política colonizadora, non soporta que a Revolución cubana cumpra 50 anos con plena saúde e maior dignidade.
Denunciamos aquí que a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre emprega diñeiro público do Fondo de Cooperación para subvencionar organizacións de extrema dereita, injerencistas e desestabilizadoras como é o caso da Fundación Hispano Cubana, grupo anticubano vinculado á Fundación Nacional Cubanoamericana con sede en Miami. Sirva de exemplo os 239 .100 euros do 2006 (BOCM nº45 de 22/2/06); os 150.000 do 2004 (BOCM nº 642 de 2//6/04; os 33.974 euros do 2007 (BOCM nº 310 de 30/12/06). No 2008, 187.000 euros (BOCM 263 de 4/11/08).

No 2007, Esperanza Aguirre outorgou o Premio da Tolerancia ao cubano Carlos Alberto Montaner, axente da Cia e connotado terrorista desde a súa máis temperá idade. No 2004 Esperanza Aguirre desprazouse a Miami para recebir un premio da Fundación Hispano Cubana. Mentres, ano tras ano, nega as subvencións á Asociación 11M - de “Afectados do Terrorismo”.

Denunciamos aquí que, mentres financia este tipo de asuntos afastados dos intereses dos madrileños, está privatizando os servizos públicos máis básicos como a sanidade e a auga, recorta orzamento para a Escola pública favorecendo o sector privado, reduce notabelmente o financiamento ás universidades públicas.

En recentes declaracións cualificou ao CHE de “canalla”. Queremos dicirlle que o CHE entrou na historia dos povos como un libertador, que a súa loita polos oprimidos está presente en cada batalla, que o CHE, moi ao seu pesar, VIVE.

Nas súas declaracións e na dos medios de comunicación, a descualificación e o insulto ás autoridades de Cuba, ao seu Presidente, aos seus cargos electos e a os 11 millóns de cubanos é a tónica xeral querendo presentar a Cuba como unha ditadura.

O Comité de Dirección do PP de Madrid acordou apoiar a concentración convocada para o día 1 de febreiro por membros da contrarrevolución radicados en Madrid, segundo anunciouno en rolda de prensa a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre.

Queremos dicirlle a Esperanza Aguirre e ao Partido Popular que CUBA NON ESTA SOA, que con Cuba Outro Mundo está sendo posibel xa.

Que Cuba é un país soberano e independente e é ao seu pobo a quen lle toca dirixir o seu destino.

Que Cuba seguirá avanzando, a pesar de todos os obstáculos impostos, no gozo da súa liberdade e independencia aprofundando nos obxectivos que sustentan a Revolución: xustiza social, equidade e solidariedade.

Que Cuba é referente de solidariedade internacionalista para con outros pobos do Terceiro Mundo achegando os seus profesionais da saúde e da educación e técnicos doutras diversas ramas axudando a esas nacións na súa nova andadura de independencia e soberanía como é o caso de Venezuela,Ecuador, Bolivia, Nicaragua e Paraguai.

Que seguiremos denunciando os vínculos de Esperanza Aguirre e do Partido Popular con organizacións de extrema dereita e anticubanas e o emprego de diñeiro público de todos os madrileños para o seu financiamento mentres privatiza os servizos públicos máis básicos de todos os madrileños.

¡VIVA OS 50 ANOS DA REVOLUCION CUBANA!
¡POLO RESPECTO Á SOBERANIA DE CUBA!
¡A POR OUTROS 50 ANOS DE REVOLUCIÓN ¡

Sábado 31 de xaneiro
Ás 18 horas
Glorieta de Bilbao a Colón-Madrid
CUBA NON ESTÁ SOA ¡
[Ler o chamamento orixinal en español] [C.E.S.C]
Movemento de solidariedade coa Revolución cubana “Cuba, non está soa”