EUSKAL HERRIA: O GUANTÁNAMO ESPAÑOL


Askapena-Euskal Herria, 11 de Decembro de 2007

O Estado español segue ao pé da letra a doutrina ultra reaccionaria da seguridade global; España fixo unha lectura rigorosa da loita contra o terrorismo utilizándoa como arma para asfixiar as reivindicacións do pobo vasco. Aznar foi quen iniciou esta práctica: sospeita xeneraliza, detencións preventivas, ilegalizaciones masivas, privación de dereitos universais, xustiza politizada... España cambiou de goberno pero non de política. Zapatero deu continuidade a esta desatinada política antiterrorista: Todo vale (menos a práctica dos dereitos universais) contra a disidencia vasca.

A partir do 30 de Novembro iniciouse a masiva captura de 46 persoas, militantes da esquerda vasca, que, previamente, foron xulgadas sen garantías procesais e que agora, son encarceradas sen terse ditado aínda a sentencia. É o resultado dunha xustiza punitiva que, desde antes de iniciarse o xuízo, decidira castigar por todos os medios aos encausados.

De que se lles acusa?

No anterior boletín (nº 199) fixemos referencia á peza do macro sumario 18/98 relativa á liberdade de prensa. O feito de ter promovido un órgao publico de información (o diario Egin) que se vendía abertamente nos postos de prensa como calquera outro xornal, supuxo aos seuss promotores unha pena de cárcere de entre 14,18, 19 anos.

Outro dos feitos catalogados como delictuosos, é o de cultivar as relacións internacionalistas. A Asociación Europea Xaki traballou dando a coñecer a outros povos a realidade de Euskal Herria, expresando a solidariedade do noso povo con outros procesos, recibindo e canalizando a solidariedade internacional para coa nosa causa. Os seus obxectivos eran: impulsar as relacións entre as comunidades bascas fóra de Euskal Herria, contrarrestar a intoxicación existente a respecto do noso povo fora das súas fronteiras, dar a coñecer o carácter histórico e político do noso conflito, facer chegar ao resto do mundo a aposta da esquerda vasca por acadar unha solución política e democrática. A sentenza contempla unhas condenas de entre 7 e 11 anos de cárcere por exercer esta actividade.

Foi considerado delicto merecedor de gravísimas condenas o traballar a favor da construción nacional para recuperar a nosa identidade como pobo. Xulgouse como delicto o ter dedicado gran parte da súa vida á promoción do euskara, ou ter traballado no campo socioeconómico para combater a precariedade social e laboral, a promoción da cultura como elemento que favorece a recuperación da nosa identidade?.Os que fixeron todo este traballo organizados en Ekin foron condenados a penas de entre 7 e 13 anos de cárcere.

Xuízo e condena rigorosa mereceron os que traballaron na dinamización do movemento popular a través da Fundación Joxemi Zumalabe. Merece salientarse a orixe desta Fundación. Un economista que foi beneficiario dunha cuantiosa herdanza considerou que debía de derivar eses fondos a dinamizar o rico tecido popular de Euskal Herria ("quero facer algo menos inxusto este mundo que critico"). A Fundación que el puxo en marcha tiña os seguintes obxectivos: formación e asistencia técnica aos movementos sociais, fomento do debate, axuda ao coñecemento mutuo dos diferentes organismos que compoñen o movemento popular vasco, elaborar unha guía con todos eles, poñer medios técnicos e humanos a disposición de todos estes axentes sociais e populares. Os que realizaron esta actividade foron condenados a penas de entre 7 e 10 anos de cárcere.

Como se desenvolveu o xuízo?

Recollemos algunhas das apreciacións feitas polos observadores internacionais que acudiron ás sesións do xuízo.

O tribunal xulgador é un tribunal especial que suspende dereitos por mandamento constitucional, actúa por impulso político.

·A actuación do devandito Tribunal estivo plagada de irregularidades: ocultación de datos á defensa, actitude neglixente á hora de atopar probas que apresentaban como definitivas, confusión nas imputacións de carácter económico ("tras oír ao tribunal, non se sabia se os acusados financiaban a ETA ou era á inversa)...

·Consideraron autoritaria a actitude da xuíz que presidía o tribunal: interromper aos acusados cando expoñían os motivos polos que se negaba a declarar, evitar que os imputados contextualizaran as razóns de seu proceder que estaba sendo xulgado, ignorar e desprezar xurisprudencia superior que é obrigado contemplar ("O que decida o Tribunal Europeu de Estrasburgo a min dáme igual")

·Estimaron a súa perplexidade cando viron que o tribunal practicaba a proba de "peritos expertos e independentes" tomando declaración aos mesmos policías que participaran nas investigacións.

·Horrorizaronse coa actitude displicente do tribunal cando un dos acusados se ergueu e reclamou o seu dereito a preguntar pois un dos "peritos" era o mesmo comandante que participara nas sesións de tortura que lle aplicaran cando o acusado se atopaba detido.

Un dos observadores, o avogado alemán Martín Poel asistiu a varias sesións do xuízo. Ao abandonar a sala resumiu as súas impresións nunha frase lapidaria "temos coñecido procesos sen probas, este é o primeiro xuízo que vemos sen delicto"

A resposta á barbarie

Persoas de todas as idades e condición teñen sido encarceradas antes de que se ditase a sentenza. Se lles impuxo condenas superiores ás que solicitaba a fiscalía. Para moitos deles pode ser cadea perpetua xa que afrontan condeas de 12, 14, 19 anos cando teñen 65,68,72? anos de idade.

As institucións vascas non deron a talla. Como sempre que se atropela os dereitos da esquerda, limitáronse a condeas verbais finxidas. Outro tanto fixo o vasquismo reformista de PNV, EA e Nafarroa Bai. Incluímos neste apartado ao sindicato ELA. Rexeitaron participar na hora de paro que os condeados convocaran para o día 13. Hai outros sindicatos que si van participar neste paro. A esquerda vasca, unha vez máis, está respondendo ao Estado en evidente minoría, pero coa honestidade e coherencia que lle é habitual. [Voltar ao inicio desta nova]