ENCONTRO DE SOLIDARIEDADE DE PARTIDOS COMUNISTAS COS PAÍSES ÁRABES

"Fronte ao incremento da presenza norteamericana na rexión"

O Encontro de Solidariedade de Partidos Comunistas e de Esquerda europeus e árabes contra a interferencia estadounidense no Líbano e na rexión, que se celebrou a iniciativa do Partido Comunista Libanés (no Pazo da UNESCO, Beirut, o 5 e 6 de abril de 2008), e no que participaron representantes de Partidos Comunistas e de Esquerda de Europa e os países árabes de Grecia, Chipre, Portugal, Siria, Italia, Bélxica, Turquía, República Checa, Rusia, Palestina, Xordania e Bahrain, declara:

1. Os perigos que Oriente Medio e o Líbano estiveron enfrontando ultimamente son causados polo plan de EEUU e Israel contra os povos e países da rexión. Este plan presupón o uso dunha serie de medios, en particular o método do colonialismo clásico – a agresión e a guerra – que xa materializaron coa ocupación de Iraq, a agresión israelí contra o Líbano en xullo de 2006, así como a guerra contra Gaza e o pobo palestino.

A posta en práctica deste plan está revelando as perigosas consecuencias da agresiva política do imperialismo norteamericano para o mundo enteiro e a estabilidade, soberanía e seguridade da rexión de Oriente Medio. Este plan lévase a cabo por medio do desenvolvemento de navíos de guerra nas augas territoriais do Líbano, o establecemento de bases militares estadounidenses na rexión do Golfo Pérsico, así como con ameazas contra os países da rexión. Neste contexto os EEUU están utilizando o Programa Nuclear Iraniano como pretexto para a inxerencia e o incremento da súa presenza na rexión.

Non só os EEUU aplican tal política, senón tamén a Unión Europea, principalmente as súas potencias dominantes, o que agrava a situación na rexión. O obxectivo global deste plan é o dominio da rexión, o roubo dos recursos petrolíferos da rexión e a defensa da seguridade israelí, o que, ao tempo, considérase un paso na loita pola hexemonía mundial.

2. Nos países árabes o plan de EEUU atopouse cunha valente e firme resistencia: o agresor israelí foi expulsado de Beirut no 1982 pola resistencia militar dirixida polas forzas de esquerda, incluíndo ao Partido Comunista Libanés, e máis tarde, no 2000, de graden parte do territorio libanés pola resistencia islámica. Todo iso criou considerabeis obstáculos para os EEUU en Iraq e dificultou a ocupación israelí de Gaza no 2008. Coma resultado da resistencia e as protestas contra a política de EEUU, esta política non acadou os seus principais obxectivos. Iso demostra a posibilidade dun completo fracaso da estratexia de EEUU na rexión. A pesar do feito de que a estratexia neoliberal do plan asegura un certo éxito, este non é definitivo. O recoñecemento de EEUU do carácter xudeu de Israel tra-la derrota do exército israelí na guerra de 2006, que revelou a incapacidade de Israel de cumprir a súa función como base militar, pódese interpretar como unha agresión contra os povos árabes.

3. O desenvolvemento dos acontecementos, a constante inxerencia e presión de EEUU, as visitas de Dick Cheney, Condoleezza Rice, George Bush, así como a agudización das contradicións e a tensión en cada país e en toda a rexión revelaron a posibilidade de que Bush e a administración de EEUU, no que resta do seu mandato, opten por accións militares na rexión para cumprir co seu plan do denominado "Novo Oriente Medio" por medio da "porta do Líbano".

4. Os participantes no encontro de solidariedade valoran moi positivamente a iniciativa do Partido Comunista Libanés para organización esta reunión, expresan a solidariedade fraternal coa súa loita nacional e democrática pola defensa dos dereitos do pobo libanés, o fortalecemento das posicións das forzas de esquerda e democráticas, a oposición ás ambicións de Israel e a resistencia islámica e o estabelecemento dun Líbano árabe laico, democrático e soberano.

• Os participantes denuncian a política criminal e agresiva de EEUU contra os povos do Iraque, Palestina e Líbano; apoian ás forzas que rexeitan o plan de EEUU; apoian o dereito das forzas nacionais e de esquerda árabes a opoñerse á agresión e ocupación, considerándoo unha práctica legal e lexítima.

• Os participantes expresan a súa total solidariedade co povo de Palestina e coa súa loita histórica. Apoian a idea de unidade do pobo palestino, o seu dereito a un estado nacional soberano no territorio de Palestina ocupado en 1967 por Israel coa súa capital en Xerusalén, e o retorno de todos os refuxiados segundo a resolución 194 da ONU. Os participantes denuncian a criminal bloqueo contra a franxa de Gaza.

• Os participantes condenan a crecente presión das forzas imperialistas, en particular dos EEUU, contra varios países, incluíndo Siria, para obrigarlles a renderse e renunciar aos seus dereitos nacionais. Consideran que a unidade na loita dos pobos árabes é indispensabel para enfrontar e debilitar os plans imperialistas.

• Os participantes no encontro recoñecen que a loita do pobo libanés e dos povos de Oriente Medio contra os plans de EEUU e Israel é parte da loita mundial das forzas de esquerda e progresistas contra a hexemonía de EEUU en defensa dos intereses comúns dos pobos. Fan un chamamento á integración da solidariedade internacional coa loita dos pobos na rexión, e á denuncia da propaganda imperialista e sionista nos medios de comunicación que distorsiona a esencia da loita nacional e de liberación dos pobos da rexión contra a agresión, a guerra, a hexemonía e a confiscación dos recursos naturais dos países.

Os participantes consideran que a situación esixe que se poñan en práctica accións de solidariedade cos pobos da rexión; xa que logo, teñen a intención de:

1. Organizar unha ampla campaña de solidariedade, cada un no seu país, coa loita dos pobos árabes, especialmente cos povos do Iraque, Palestina e Líbano contra os plans agresivos de EEUU e Israel.

2. Organizar, se é posible, unha campaña polo desmantelamento das novas e antigas bases militares estranxeiras, especialmente nos países onde hai bases e nos países que despregan bases, para que se poña fin á ocupación do territorio dos países árabes, principalmente no Iraque, Palestina e Líbano, convertendo Oriente Medio e a rexión do Mediterráneo nunha zona libre de armas de destrución masiva e de armas nucleares israelís.

3. Dar información sobre os acontecementos na rexión aos partidos de esquerda e comunistas do mundo, para poñer fin ao monopolio dos medios de comunicación imperialistas.

4.. Organizar encontros semellantes a este.

5. Aproveitar as institucións oficiais, tales como os parlamentos europeu e árabe, e as organizacións internacionais, para denunciar a estratexia imperialista en Oriente Medio.

6. Exercer presión sobre os réximes dos países árabes para que rexeiten as esixencias das forzas navais imperialistas de suministrarles servizos, e para que rexeiten a participación nas súas manobras.

7. Organizar campañas masivas nos países árabes para deter o proceso de normalización das relacións con Israel, que dificulta as xustas solucións da crise de Oriente Medio, e para exercer presión sobre os réximes dos países árabes co fin de que esixan a aplicación das resolucións da ONU.

8. Chamar á forzas de esquerda a que expresen solidariedade co pobo libanés con ocasión da guerra israelí de 2006 e para exercer presión sobre organizacións internacionais co fin de que EEUU e Israel asuman a responsabilidade material e moral pola agresión, e que apoien a resolución sobre o Tribunal Internacional Independente que se celebrou en Bruxelas.

9. Organizar unha ampla campaña de solidariedade cos milleiros de presos árabes nos cárceres israelís, especialmente o Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Ahmed Saadat, Samir Kantar e Maruan Barguti.

Participaron os seguintes partidos:

AKEL, Cyprus

Partido Comunista de Grecia

Fronte Popular para a Liberación de Palestina

Partido Comunista Portugués

Partido do Povo Palestino

Tribuna Democrática Progresistas – Bahrain

Partido do Traballo de Bélgica

Partido Comunista de Bohemia e Moravia

Partido de Refundación Comunista – Italia

Partido Comunista Xordano

Partido Comunista Libanés

Fronte Democrático para a Liberación de Palestina

Partido Comunista da Federación Rusa

Partido Comunista Sirio

Partido Comunista de Siria

Partido do Traballo de Turquía

[Voltar ao inicio desta nova]