A SELECIONADORA DE FUTBOL USA, COMUNISTA, NÉGASE A IR Á CASA BLANCA

Pia Sundhage, selecionadora de fútbol feminino de EEUU que gañou o ouro olímpico en Pequín, négase a ir á Casa Banca e recoñécese como militante comunista

É a selecionadora que devolveu ao fútbol feminino norteamericano ao máis alto, despois da súa grave crise do ano pasado. A Federación estadounidense quere que siga con eles, mais a súa pública filiación comunista e o feito de que se negue a ir comer co presidente George Bush non a farán moi popular. "É unha decisión doada. Non estou interesada", declarou Sundhage, que se recoñece como "unha vella comunista", sobre a súa negativa a aceptar o convite do presidente.
Pia Sundhage é toda unha lenda. Foi a mellor xogadora sueca de todos os tempos, sexta na votación de FIFA sobre a mellor do Mundo no século XX. Como entrenadora pasou de ser a axudante da selección chinesa no Mundial de 2007 a facerse cargo do equipo nacional estadounidense de cara aos Xogos Olímpicos. O reto era maiúsculo: refacer unha selección rota tras o 4-0 contra Brasil da semifinal do Mundial e polos problemas internos no patrón. A entrenadora, que xa adestrara en clubs na Liga estadounidense (entrenadora do ano no 2003), decidiu trasladarse a un país que, ideológicamente, non lle atraía nada. "Foi un pouco especial, para unha vella comunista como eu, ir aos Estados Unidos", dixo.

Con 48 anos, Sundhage logrou o maior éxito de todos. Gañou o ouro olímpico, vencendo ao inimigo Brasil na final, e recobrou a estima dun país que sempre estivo entre os grandes do fútbol feminino. Sen embargo, todo éxito leva acompañado un acto que para moitos é un honor, mais para ela non: visitar a Casa Branca e xantar co presidente George Walker Bush. Non para a sueca, que non estará alí o seis de outubro. "É unha decisión fácil. Non estou interesada", dixo, preguntándose ademais: "¿Que vou facer eu alí?".

A entrenadora nunca negou a súa proximidade ao Partido Comunista sueco e ao seu xornal, 'Proletären'. Este ano doou 3.500 euros ao Proletären FF, o equipo de fútbol dos comunistas suecos.

Renova por catro anos
O mesmo día que logrou o ouro, Sunik K. Gulati, xefe da delegación estadounidense de fútbol en Pequín, ofreceu a Sundhage renovar por catro anos. Ela, emocionada, aceptou. "Ela góstanos e nós gostámoslle a ela", declaraba Gulati. Quen lle ía dicir á 'vella comunista' que ía ter semellante idilio cos Estados Unidos... a pesar do seu presidente.
[Marca/Insurgente]
[Voltar ao inicio desta nova]