Carlos Aznárez
Chegan malas noticias desde Europa. Disque unha feroz ditadura cívico-militar se instalou nun territorio de sobrada experiencia imperial e acosa desde alí a un pequeno pero bravío país, xerando no mesmo un clima de terror e persecución para boa parte dos seus habitantes.
A información, xurdida dos focos de resistencia e a través de algúns viaxeiros que lograron abandonar a zona, abarcaría múltiples detencións, innumerabeis denuncias de torturas, até unha infinidade de ilegalizacions de partidos e organizacións de dereitos humanos, buscando así, de maneira brutal, acalar calquera reclamo de protesta.
O povo que suportou e atura tal aluvión represivo -din as fontes- reclama autodeterminación e independencia. Quere vivir en paz cos seus viciños, non ten propósitos expansionistas e recorreu en determinadas ocasións á vía electoral para facerse ouvir, aínda que tamén é certo que pechadas todas as portas para expresarse, utilizou o recurso da rebelión armada.
Todo comezaría, contan os nosos informantes, coa reiteración actual dun reclamo que vén de centos de anos e que fala de temas moi coñecidos por estes confíns sudamericanos: no momento oportuno, arribaron uns colonizadores que invadiron a sangue e lume o pequeno territorio do que lles falo. Esas forzas estranxeiras produciron o avasallamiento e a conculcación de todos os dereitos e liberdades individuais dos cidadáns e cidadás, acompañando estas operacións de exterminio con discursos onde cantábanse loas á “civilización occidental”, e “cristiá” para máis inris.
Como ocorrera nas nosas terras afro-indoamericanas, alí tamén houbo moitos que non se deixaron dominar e pelearon con todos os medios que tiñan ao seu alcance para impeder o avance deses exércitos foráneos, que entre outros obxectivos, pretendían seccionar o seu territorio para debilitalos como pobo.
Despois, a mediados do século pasado, ese atribulado país sofreu a ofensiva dun xeral despótico e bruto como un arado, que se instalou no poder da “nación” conquistadora e no seu afán criminal martirizou a millóns de persoas. Os seus seguidores, sosteñen as crónicas de época, eran, tamén, xente de poucas luces, que adoitaban substituír a falta de intelixencia con xestos de inusitada violencia. Como os anteriores invasores intentaron acalar –mellor dito, desaparecer para sempre- a lingua orixinal dos povoadores do país rebelde, partindo dun feito innegabel: ao acabar con semellante sinal de identidade -os bárbaros conquistadores considerábana no mellor dos casos “un dialecto estrano ao cristianismo”- lograríase vencer definitivamente aos conquistados, extinguilos como povo.
Para levar adiante ese plan, quixeron obrigar ao povo a que se somerxa nunha atmosfera de total silencio. A quen se opuxeron a semellante atropelo, lles seccionar a lingua a punta de coitelo. Aínda hoxe nos pequenos casais da nación invadida poden observarse anciáns que testemuñan co seu corpo tamaña vesania, ou o que é máis estarrecedor, a algúns nenos e nenas os seus profesores, posuídos polo odio, cravaronlle compases ou punzóns na boca, “para sentar exemplo”. A outros, aos que logo asasinaron, coséronlles directamente os beizos. Porén, desde a máis fonda clandestinidade, case nas catacumbas, como os antigos cristiáns, estes testáns poboadores seguiron plantando cara aos estranxeiros que pretendían devastalos como nación.
Non me quero estender nestes detalles, pero si dicirlles que na súa resistencia, este pequeno país utilizou todos os medios, pacíficos e violentos, para chamar a atención da opinión pública mundial e lograr, despois de case corenta anos de rebeldía –cóbado a cóbado cos cidadáns do país viciño, gobernado polo citado xeral genocida- que dito réxime comezase a derrubarse.
Nembargantes, non houbo tempo para gozar esa pequena victoria (o xeneral morreuse na cama e non ajusticiado como era de esperar por todos os males provocados) xa que a esa ditadura lle seguiron diversos gobernos de formalidade democrática pero de contido igualmente autoritario ao anterior. Con dicirlles que un deles, no seu afán por borrar do mapa aos rebeldes, non se contentou en enviarlles –outra vez- policías, militares, decretos represivos e xuíces que avalan todo este tramado opresor, senón que formou un grupo paramilitar ao que custeou con fondos reservados e que rematou por asasinar a decenas de cidadáns, contando para iso coa luz verde do goberno “democrático” invasor.
E así, entre continuas detencións, a instalación da tortura como parte esencial dos interrogatorios, a clausura de medios de comunicación, a dispersión dos detidos, aos que se levou a cárceres ben afastadas dos seus lugares de orixe, a realización de xuízos farsa e a permanente persecución da lingua autóctona, chegamos ao presente en que outra vez, se instalou unha brutal ditadura que pretende -vanamente- acalar aos resistentes.
Estes gobernantes de agora, ao igual que os de onte, aplican o accionar represivo con tal saña e espírito vingativo que, segundo as fontes que nos fan chegar as súas urxentes chamadas de S.O.S., non dubidan en levar adiante unha verdadeira limpeza étnica, crendo que a un pobo se lle pode borrar do mapa a punta de proibicións e detencións. Nese sentido, demostrando ata que punto chega a maldade das invasores, abonda con algúns exemplos:
a) Xa suman 750 as presas e presos políticos dese bastión rebelde. Moitos deles sofrindo illamento total ou victimas de graves doenzas, con condenas cumpridas, aos que nos se permítelles saír libres e aos que se machuca diariamente, por máis que haxa múltiples reclamos por parte de organizacións humanitarias. Os presos e presas denuncian a diario, que son vítimas de malleiras, gaseos e múltiples atropellos nos calabozos ou traslados. Vale un testemuño nese sentido: recentemente, unha antigua prisioneira que fora levada a un novo xuízo a celebrarse na capital do país invasor, tivo o “despropósito” de querer abrazar a outro compañeiro recén detido, co que se atopou ocasionalmente no Xulgado. A resposta policial foi brutal, paus para o mozo e urxente traslado á prisión para a rapaza. Pero non contentos con iso, a moza foi colocada nun pequeno cubículo -dun metro de largo por dous de alto- dunha furgona xunto a un preso común. Así trasladáronos, en pleno verán cun sol de xustiza e coa escotilla de ventilación pechada a cal e canto, até un cárcere que estaba a dúas horas de distancia. O que ocorreu entón é de imaxinar: a temperatura fíxose insoportable, o preso común descompuxose e comezou a vomitar, o pequeno sitio no que foron colocados converteuse nunha caldeira e ao chegar a destino, os dous estaban semiasfixiados. Denunciar estes feitos? Por suposto, que se fixo, pero a impunidade nese Estado ditatorial inclúe desde o sistema xudicial ata os medios de comunicación, e se faltase algún detalle, grande parte da povoación dese país invasor, mantense nun estado de tal adormecimiento –a anestesia utilizada é eficaz- que toda agresión, por máis brutal que esta fose, queda encuberta. E sábese que o que non existe, non doe. Polo menos até que o afectado non sexa un mesmo.
b) No seu afán por torcer a man dos rebeldes, os conquistadores –como dignos herdeiros daqueles que no momento oportuno quixeron silenciar a outros revolucionarios, como un tal José Martí, ao que encarcelaron e desterraron- agora encararon unha política de ilegalizaciones de todas as expresións políticas independentistas. Nunha soa semana, o Estado opresor, prohibiu a actividade dun partido que participara en recentes eleccións obtendo, a pesar do represión, numerosos votos e outro tanto de concelleiras e alcaldes. Todos eles foron xa borrados dun plumazo, burlándose así de quen os votaron democraticamente.
Mentres isto acontecía, foron enviados a prisión decenas de dirixentes e militantes dunha organización de dereitos humanos (que atendía as reivindicacións das presas e presos políticos), e onte mesmo, continuando a onda represiva, a ditadura cívico-militar voltou a ilegalizar outra forza partidaria, deixando na marxe da lei a deputados e deputadas libremente elixidas.
Din, alarmadas, as nosas fontes de información, que todo este aquelarre ditatorial estase desenvolvendo amparado no silencio e a complicidade de case todas as institucións europeas, que adoitan ser tan “sensibles” ao que ocorre cos dereitos humanos en Cuba, en Medio Oriente –mentres non se trate do pobo palestino-, en China ou en Corea do Norte. Así como noutras ocasións envían delegacións, inspectores ou forzas de intervención “humanitaria”, esta vez, con este pequeno país non semella haber sorte, e os seus heroicos e peleons povoadores teranse que inxeniar para que tan teimada resistencia a tanta criminalidade lles permita nun futuro non moi lonxano, ser libres, independentes e socialistas (que é, esquecíame dicirlles, ao que aspiran os cidadáns e cidadás dignas de Euskal Herria). Si, tamén se lles coñece como vascos e vascas, xente nobre, solidaria, internacionalistas como poucos, e xenerosamente hospitalarios con quen lles visita. O país invasor? Que outro podía ser senón a España imperial, esa que provocou un pouco máis de 90 millóns de indíxenas asasinados nas nosas terras, cando chegaron cos seus barcos, seu xauría, ás súas sotanas e as súas espadas sanguinarias.
“Non esquezamos, non deixemos sos aos patriotas vascos e vascas, non amparemos máis esa ditadura monárquica que pretende manter os seus privilexios a custa de estigmatizar calquera fórmula de resistencia”. Así remata a crónica xornalística recibida e que me vexo na obriga de transmitir, para non sentirme cómplice con tamaña escalada autoritaria.
Por Carlos Aznárez
[Resumo Latinoamericano - Diario de Urxencia / Rede Globe]
[Voltar ao inicio desta nova]