VIETNAM CELEBROU 63 ANOS DA SÚA INDEPENDENCIA


O “Tío Ho”, como é lembrado polo pobo vietnamita e por moitos de nós, revolucionarios de todas partes do mundo, o camarada Ho Chí Minh fai xa 63 anos, na céntrica praza de Ba Dinh en Hanoi (capital de Vietnam), un día domingo 2 de Setembro de 1945, proclamou con orgullo vitorioso a Independencia de Vietnam do xugo colonial francés, e a criación do primeiro Estado Democrático Popular do sudeste asiático, a República Democrática de Vietnam, hoxe República Socialista de Vietnam.

No mesmo cenario dese feito histórico, onde se atopa o mausoleo que nos lembra o honor e as glorias do camarada Ho Chí Minh, o povo vietnamita celebra cada ano a declaración da súa independencia, lembrando por sempre a todos os combatentes vietnamitas que loitaron pola liberdade e o socialismo.

O povo e o goberno de Vietnam, acompaños polo seu glorioso Partido Comunista, expresan nesta clebración a súa profunda gratitude a todos e todas os veteranos e as veteranas de batalla, ás heroicas nais vietnamitas, aos familiares dos mártires e aos soldados do exército popular conformado por homes, mulleres, nenos e nenas, polos seus sacrificios e devoción á causa socialista e revolucionaria.

O heroico pobo vietnamita no seu esforzo colectivo consolida novos milagres na loita contra a pobreza e o atraso, e vén cumprindo co obxectivo de transformarse nun país forte e próspero, en loita pola paz mundial, a non injerencia estranxeira, o respecto a soberanía e autodeterminación de todos os países, a solidariedade internacional cos máis febles, e a busca da igualdade, a xustiza e a felicidade de todos os seres humanos en iguadad de condicións.

Celebramos por todo isto xunto aos camaradas vietnamitas un aniversario máis da súa Independencia, lembrando as vitoriosas loitas dun povo heroico coma poucos, que no pasado sufriu as peores masacres e viles crimes colectivos dos imperios invasores franceses e inanquis que aniquilaron xeracións enteiras, mais que hoxe deixando atrás as vellas feridas, ábrese camiño como unha nación forte e próspera, soberana e independente, para a conquista de novas vitorias.

PATRIA, SOCIALISMO e VIDA!, VIVA VIETNAM!!!

VENCEREMOS!!! [Voltar ao inicio desta nova]