ESTE XOVES, 5 DE FEBREIRO NOVO ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA EN PONTEVEDRA

Este xoves 5 de febreiro ás 20:30h na Sala Sargadelos de Pontevedra.
Proxección de:
"101 OCUPACION": A voz dos silenciados"
Documentario de Sufyan Omeish e Abdallah Omeish: 101 entrevistas de estudosos de América e de Israel, líderes relixiosos, traballadores humanitarios, ONG, que dan conta das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e a Franxa de Gaza. A traveso destes relatorios presenta unha análise sistemática dos feitos e das verdades escondidas que rodean a Guerra de Ocupación que libra Israel en contra da Guerra de Liberación que libra Palestina, e desvela moitos dos mitos e concepcións erróneas asumidos por longo tempo. A película tamén detalla a vida baixo o réxime militar israelí, o papel de EEUU no conflito e os principais obstáculos que impiden unha paz duradeira e viable.

Difunde e acode

Organiza a Coordenadora "Pontevedra contra a Guerra" [Voltar ao inicio desta nova]