BOLIVIA: COMPRE A VIXIANZA FRONTE AO GOLPISMO E A REACCIÓN

Por Antonio Peredo Leigue
[Rede Voltaire]

Xunto á conspiración para matar ao "indio ‘e mierda”, (o presidente Evo Morales) espállase o rumor dun golpe que xa está preparado e só fallan un ou dous pretextos que o xustifiquen. Tampouco podía fallar a insistencia en que haberá unha inflación desatada; as transnacionais aproveitan para declarar, con moita seriedade, que invertirán cando desaparezan os sinais de inseguridade económica no país.

Se se bota unha olladá a realidade, nada disto ten consistencia. Non hai condicions para que suceda unha ou outra cousa; na realidade, para que ocurra todo, porque trátase de que se produzan estes acontecementos de xeito sucesivo. É a teoría do dominó, tan grata á “intelixente” CIA: abonda derrubar unha ficha, para que caian as demais.

Pero no seu plan, hai un factor que non PODEMOS ignorar. Trátase de repetir e repetir unha mentira até facela realidade. É que, de tanto escoitar o mesmo rumor, acabamos por non darlle ningunha importancia, o que permite que siga a difundirse sen desmentidos. Cansámonos de amosar a súa falsedade e deixamos que sigan a propagala. Porque hai grupos, os que teñen o poder económico, que cren nestes rumores; pior ainda, contribúen a facelos certos.Que circule un panfleto convocando a matar ao presidente Evo Morales, é algo que vimos rexistrando dende hai máis dun ano. Esta podería ser unha repetición, sen mais importancia que as anteriores. Ten todos os elementos atopados nos anteriores: proposta desfachatada, incitación ao odio, mentiras descaradas. Pero chama a atención algo distinto simultáneamente, teñen circulado miles de copias impresas, chegou a outros tantos correos electrónicos e envióuse aos mandos policiais e militares.

PLAN DE ASASINATO

Parece indicar que, desta vez, a aposta é maior.

Porque, se se tratara de asasinar ao Presidente, non se faría tanta difusión. O que procuran é que se reforcen as medidas de seguridade; tentan, con iso, de que haxa reaccións enérxicas e, se fose posible, que haxa unha víctima.

Nesas circunstancias, pode desatarse o resto da trama. ¿Consecuencias?

Non importa cáles sexan. O importante é recuperar as súas prebendas.

PREPARATIVOS DE ASASINATO

Un golpe de Estado, como rexistra a historia de Bolivia, apenas sería un dato mais. Ninguén se espantaría con que, aquilo, aconteza nun país de tantos sucesos sanguiñentos.

Alo menos, así cren, ou pretenden crer, os confabulados. Non queren tomar en conta a opinión internacional que os condearía. Ou, ¿quizáis sexamos demasiado optimistas? Realmente, ¿estamos seguros de que haberá un indiscutible rexeitamento en todo o mundo?, ¿alo menos en América Latina?, ¿alguns gobernos de países vecinos contentaríanse quizais cunha declaración?

Ainda se mantemos o convencimento de que haberá unha reacción de todos os países, non descartemos a posibilidade do golpe. Ocorrido este, eliminados os elementos indesexabeis, os golpistas poden amosar arrepentimento e pedir desculpas, convocando eleccions de inmediato. Así todos quedan en paz, a democracia queda “restituida”, o "indio ‘e mierda” desapareceu e a mega banzerista voltará ao goberno.

¡Que ninguén durma nos loureiros!

A INFLACION COMO CUSTE.

Pero, o plan non remataría ahí. Como os grupos de poder non roubaron o erario nacional durante todo este tempo, farano agora a mancheas. A xustificación está cantada: o goberno de Evo Morales é culpabel; deixou baleiras as arcas fiscais.

Asistiríamos enton, á eliminación das medidas de cambio implementadas ata o de agora, unha tras doutra. As organizacions sociais quedarían descabezadas. A fácil fórmula do “terrorismo por decreto” serviría para condear a quen se opuxese.

¿Seguimos? A relación podería ser longa, pero o que estea interesado pode ler a historia.

ESPERTOS E VIXIANTES.

Non é ocioso facer este reconto. Tampouco se debe a medo nen resignación.

Ten o propósito de alertar a quen, como a maioría do pobo, están comprometidos con este proceso de cambio.

A cuestión da autonomía e o traslado da sede do goberno, son bandeiras abaneadas, non co afán de satisfacer demandas, reivindicacions ou anceios.

Trátase de manter un clima tenso como caldeiro no que vaia cocéndose o seu tebroso plan.

Non hai que permitirlles levalo adiante. Non hai que caer no seu xogo. É importante manter a calma.

Unha calma vixiante.
Voltar ao inicio desta nova