A todos os Partidos Comunistas e dos Traballadores
Estimados camaradas,
Dous anos de encarceramento ameazan o Presidium enteiro do Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros.
O próximo 21 de setembro de 2007, o Tribunal da Cidade de Szekesfehervar (Hungría) da corte de primeira instancia escoitará o caso contra todo o Presidium do Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros.
O seu Presidente Gyula Thürmer e outros 6 membros do Presidium do PTCH están acusados de “difamación feita en público”. Segundo o Código Criminal de Hungría poden ser sentenciados a un máximo de 2 anos de cárcere.
Pedimos a vosa solidariedade. Pedimos que condenedes o proceso político iniciado contra o PTCH. Pedimos que en setembro organicedes concentracións diante da embaixada húngara do voso país, reclamando parar o proceso contra os comunistas e a garantía dos dereitos constitucionais do pobo.
1. Os antecedentes do caso son os seguintes:
En xuño de 2005, xusto despois da eleccións ao Parlamento Europeu o vicepresidente anterior do PTCH, o Sr. Attila Vajnai lanzou unha ampla ofensiva política e ideolóxica contra a direción do Partido, esixindo un cámbio fundamental na liña política. A esencia prinicipal da súa posición era que os comunistas debían cooperar e ir xunto ao Partido Socialista Húngaro, o cal estivo gobernando Hungría desde 2002. Tivo éxito conseguindo apoios naquelas cidades e localidades onde os membros do Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros adoitaba cooperar cos socialistas.
A maioría dos membros do Comité Central e a maioría dos comunistas rexeitaron a posición do Sr. Attila Vajnai e os seus seguidores organizados como unha plataforma política a cal quere reconsiderar toda experiencia política conxunta do Partido, facer saltar en pedazos a unidade do Partido, e convertelo nun Partido reformista - colaborador dos socialistas que gobernan. O Comité Central confirmou que o Partido Socialista Húngaro é un partido capitalista, un partido socialdemócrata de dereitas, levando a cabo a típica política neo-liberal. Non ten nada que ver cos programas e valores da esquerda.
O Comité Central do PTCH excluíu do Partido ao Sr. Vajnai e ás súas seguidores o 12 de marzo de 2005. Unhas semanas despois, o 2 de abril de 2005, o Comité Central convocou o 21 Congreso do Partido para o 4 de xuño de 2007coa intención de rematar coa crise política.
A oposición interna encabezada polo Sr. Attila Vajnai levou á Corte da Cidade de Budapest unha demanda para invalidar as resolucións do Comité Central do PTCH.
A Corte da Cidade de Budapest invalidou as resolucións do Comité Central o 8 de xuño de 2005. A Corte restableceu a condición de membros do Partido ao Sr. Vajnai e aos seus seguidores e devolveulles os seus cargos cancelando todos os acordos do 21 Congreso.
En consecuencia, o PTCH ficou paralisado durante varios meses e non puido levar a cabo os preparativos necesarios para participar nas eleccións parlamentarias de abril de 2006. Isto conduciu a unha situación moi difícil a todo o Partido e a todo o movemento obreiro.
O Presidium do PTCH expresou as súas opinións nunha declaración. Dixo que este xuízo era un xuízo político que non tiña precedente na historia legal dos últimas dúas décadas. O Presidium do PTCH declarou que o xuízo é unha vinganza polo poder do referendo iniciado polo Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros contra a privatización de hospitais. (O referendo tivo lugar en decembro de 2004 e case dous millóns de votantes votaron contra a privatización do sistema de protección da saúde).
A Corte de Budapest esixiu ao Presidium do Partido que rectificase as súas opinións públicamente e que declarase que o xuízo non tiña nada que ver coa política. O líder do Partido negouse a facelo.
O xefe da Corte da Cidade de Budapest procesou á dirección enteira do Partido.
A policía Húngara investigou o caso en febreiro de 2006 (xusto antes das eleccións parlamentarias). O querelante público acusa a membros do Presidium do PTCH de “difamación feita en público”.
2. A posición do PTCH:
O Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros está convencido de que este xuízo viola a Constitución Húngara.
O Artigo 61 da Constitución outorga a todo o mundo a liberdade de expresar a súa opinión.
Consideramos que o proceso legal ten o ánimo de atacar ao Partido dos
Traballadores Comunistas Húngaros. No 2005 o xuízo da Establo de Budapest
preveu ao noso Partido sobre a utilización da crecente insatisfacción popular e
do seu uso para chegar ao parlamento. Agora, cando a situación do Partido se
consolidou, algúns círculos políticos queren liquidar ao Partido.
Isto forma parte da ampla campaña anticomunista que percorre Europa. En Praga a Unión da Mocidade Comunista foi prohibida, en Budapest o sepulcro de Janos Kadar foi ultraxada, en Tallinn o monumento aos Heróes Soviéticos foi desmantelado. Agora, dous anos de prisión ameazan aos líderes comunistas húngaros.
Estimados camaradas,
Confirmamos que nós, os comunistas húngaros, continuaremos na nosa loita, e ninguén poderá amedrentarnos. Nesta seria situación pedímosvos o voso apoio e solidariedade.
Estamos á vosa disposición para toda a información e explicacións que requirades. Pedímosvos cortesmente que informédenos de cal é a vosa posición. (Tel: +36-30-9443-520, e-mail: mp200@t-online.hu, fax: +361-3135423)
Con camaradaría
Gyula Thürmer
Presidente
Partido dos Traballadores Comunistas Húngaros
SOLIDARIEDADE COS COMUNISTAS HUNGAROS AMEAZADOS CO CÁRCERE
Carta recibida do Presidium do PTCH