Aleka Papariga, Secretaria Xeral do KKE, declarou a noite das eleccións: "Era un paso audaz." Non é necesario facerse ilusións, os dous partidos (ND e PASOK) teñen grandes porcentaxes, que non corresponden á indignación popular que se expresou nos últimos tempos. Unha tendencia combativa apareceu, en particular, nos grandes centros urbanos. Non decepcionaremos aos novos electores. Cunha nova dinámica, crearemos unha defensa contra as novas medidas. A dinámica que apareceu formouse progresivamente coa nosa participación na acción e nos combates. Informamos antes das eleccións: os dous grandes partidos non cambiarán. "
O Parlamento grego conta con 300 representantes. Con 152 cadeiras, o partido da dereita conservadora- Nova Democracia - dun Primeiro Ministro Caramalis conserva con exactitude a maioría absoluta. Obtivera, nas eleccións de 2004, unha cómoda maioría con 165 escanos.
O propio partido socialista, PASOK, baixou tamén en 15 escanos, pasando de 117 a 102.
O partido de extrema dereita, LAOS, pasou o límite máximo dos 3% e entra por primeira vez ao Parlamento con 10 cadeiras.
O partido Syriza (Synaspismos), antiguos "eurocomunistas" con unha diversidade de aliados reformistas, afiliado ao Partido da Esquerda Europea, pasou de 6 a 14 escanos. Beneficiouse, en particular, da baixa do PASOK.
O resultado espectacular do Partido comunista de Grecia (KKE), pasando de 12 asentos a 22 asentos, que fixo unha campaña especialmente militante, afirmando o seu carácter popular e revolucionario, é unha grande alegría para todos os comunistas do mundo.
Como o KKE lembraba recentemente: " O século XXI será o século en que as forzas revolucionarias se agruparán, onde a ofensiva do capital será rexeitada e onde se criara a contraofensiva decisiva. O século XXI será o século de novos crecementos e avances no movemento revolucionario mundial e até dunha nova serie de revolucións sociais".