Knut Mellenthin
Tiña o presidente xeorxiano Michail Saakasjwili, "luz verde" de Washington, cando na noite do venres deu a orde ás súas forzas armadas de atacar Osetia do Sur? A resposta é un rotundo si, e só pode discutirse o porqué o Goberno ianqui decidiu esta vez soltarle a correa ao can, cando no pasado sempre o tivera retido.
A reconquista de Osetia do Sur e de Abjasia é "o obxectivo da miña vida", comunicara Saakasjwili en novembro de 2003, antes da súa imposición como presidente a finais de xaneiro do 2004 grazas a unha subversión apoiada por EE.UU.
"Faremos o máximo posibel para que a próxima festa nacional tamén se poida celebrar en Sujumi, a capital de Absajia." Isto sería normalmente en xaneiro de 2009; nembargantes, había entre medias unhas novas eleccións. No seu discurso de toma de posesión Saakasjwili falou da necesidade de construír un exército poderoso, "para volver a refacer a unidade de Xeorxia". O 25 de maio de 2004 celebrouse en Xeorxia o maior desfile militar da historia do país e Saakasjwili dixo: "Se se pregunta a calquera soldado xeorxiano porqué serve no exército, todos te responderán: para reconstruír a integridade territorial de Xeorxia".
Podía ser isto un malentendido? A cúpula xeorxiana pasou pronto aos feitos: tras enfrontamentos militares de varios días en Osetia do Sur, na madrugada do 19 de agosto de 2004, tropas de elite xeorxianas asaltaron varios outeiros estratexicamente importantes nas inmediacións da capital Tsjinwali. Todos os observadores competentes estiveron de acordo en que era o preludio dun ataque maior. Sen embargo, nun xiro dos acontecementos sorprendente e sen declaración oficial, os soldados xeorxianos desocuparon poucas horas despois as posicións conquistadas. As suposicións que se barallaron entón, eran que o goberno estadounidense intervira a través do seu poderoso embaixador en Tibilisi.
O veto estadounidense tamén tentaba probabelmente evitar unha escalada bélica en setembro de 2006. Naquel entón, o ministro de defensa Irakli Okruaschwili, un "tolo atrevido" non moi responsabel dos seus actos, tivera que aterrar de emerxencia co seu helicóptero en territorio de Osetia do Sur, despois de que antes houbese estado media hora sobrevoando provocadoramente sobre Tsjinwali. "Todos deberían entender que os impulsos deses bandidos van a terminarse dunha vez por todas moi axiña", ameazou a seguir Okruaschwili e informou de que proximamente dirixiría persoalmente "unha expedición de castigo". No verán do 2007 alardeaba que se bebería o próximo champán de ano nova na capital surosetia. En lugar diso caeu en desgraza con Saakasjwili, foi enviado incluso temporalmente a un cárcere xeorxiana e vive na actualidade exiliado en Francia.
O primeiro indicio de que o Goberno xeorxiano ten agora a bendición de Washington para a súa agresión a Osetia do Sur, foi a actitude do congresista estadounidense Zalmay Khalilzad, antigo representante estadounidense en Kabul, no Consello de Seguridade da ONU: na reunión especial nocturna convocada precipitadamente despois do comezo do ataque xeorxiano, bloqueou cada toma de posición conxunta para a renuncia á violencia. Ata o momento non chegou de Washington nin unha soa palabra de crítica ao proceder de Saakasjwilis.
Observadores expertos en Moscova, preparáranse para un peor desenvolvemento do conflito, despois de que a Secretaria de Estado Condoleezza Rice se atopase con Dimitri Sanakojew, o "presidente de Osetia do Sur" nomeado polo Goberno xeorxiano, na súa visita a principios de xullo en Tbilisi. Ata ese momento había, entre os EE.UU. e a UE, unidade para ignorar a esta figura creada para as provocaciones e as aventuras militares.
Poucos días despois da visita da Secretaria de Estado, na que supostamente tamén se falaría sobre a inminente agresión, comezaron na base de Vaziani perto de Tbilisi, manobras conxuntas co nome de "Resposta Inmediata" onde xunto a 600 xeorxianos e pequenos grupos de oficiais de Ucraína, Azerbaixán e Armenia participou un continxente máis forte de 1000 soldados estadounidenses con diferente armamento. Os exercicios duraron do 17 ao 31 de xullo. Un día despois de terminar, na noite do 1 ao 2 se agosto, comezaron as provocacions militares das forzas armadas xeorxianas nas periferia de Tsjinwali.
Cando Saakasjwili deu a orde de atacar na noite do 7 de agosto, atopábanse aínda en Xeorxia parte das tropas estadounidenses que tomaron parte nas manobras, aínda que seica xa non estaban na base de Vaziani, que foi atacada polos avións de guerra rusos.
Igualmente había en Xeorxia 127 instrutores militares estadounidenses, entre eles 35 empregados de empresas privadas de seguridade. O Goberno estadounidense empezara xa en abril de 2002 co predecesor de Saakasjwilis, Eduard Shevardnadze, a adestrar unidades de elite do exército xeorxiano e a equipalos coas armas máis modernas. Cun custo de 65 millóns de dólares, este programa representaba por aquel entón un tipo de proxecto lámpada piloto cunha dimensión absoluta sen precedentes no campo da antigua URSS. Oficialmente terminou no ano 2004, mais continuou baixo outras nomes. Amais uníronse instrutores de Gran Bretaña e un número descoñecido de militares e "asesores de seguridade" de Israel. [Voltar ao inicio desta nova]