"Defunción dunha líder nacional progresista loitadora e compañeira Maha Nassar…unha estrella brillante no ceo de Palestina".
Os Comités da Muller Palestina anuncian o tristeiro falecemento da súa presidenta Maha Nassar (Um Wadie), líder e loitadora progresista ata os seus últimos días, o dia10 de Outubro de 2008 aos 54 anos de idade.
Coa perda da nosa presidenta Maha Nassar, o povo palestino e o movemento nacional de mulleres perde pola súa vez a unha loitadora exemplar, das primeiras resistentes, guevarista, de izquerdas, das primeiras filas. Salientou pola súa dedicación completa polas causas das pobres, pola súa fe absoluta pola consecución dos dereitos da muller e a igualdade, e todo iso a pesar das grandes dificultades, que nunca lle fixeron decaer no seu empeño nin nas peores das circunstancias.
Os seus actos sempre precederon as súas palabras, igual que Shadiyah Abu Ghazaleh ou Dalala Almagrebi, e todas as mártires de Palestina. Polo seu empeño en facer realidade as súas aspiracións foi unha loitadora empedernida; unha loitadora que non só ergueu a súa voz senón que resistiu en todas as circunstancias…
Durante a Primeira e Segunda Intifadas, o povo Palestino puido coñecela á cabeza das fileiras da resistencia en contra da ocupación ao tempo que loitadora incansabel polos dereitos da muller. Mesmo durante a súa doenza, non deixou de loitar para conseguir os fins de liberdade do seu pobo, por que non fose en van o derramamento de sangue dos mártires da causa palestina, a causa da liberdade, a igualdade, o retorno e o dereito de autodeterminación do seu pobo.
Deíxanos Maha, e nós nos Comités da Muller Palestina e no Movemento da Muller Palestina sentimos o seu permanente forza, a súa alma revolucionaria e guevarista. Aferrámonos ao sentimento xeral de que a forza persoal de Um Wadie vai quedar viva entre nós, con eses grandes principios que a distinguiron durante toda a súa vida; pola súa grande e profunda fe na xusteza da nosa causa nacional, pola súa dedicación incondicional como a nosa Presidenta.
Deíxanos unha estrela luminosa do ceo da nosa nación. Da consagración á unidade do noso pobo, os palestinos e palestinas perderon a unha muller que fixo todo o posibel para rematar coa división interna palestina e devolver a unidade de todo o noso povo.
* A nosa camarada Maha Nassar naceu na cidade de Xerusalén o 10 de Xuño de 1954, despois de que o seu pai fuxise do povoado de Alqatmon en Xerusalén oeste e por mor da Nakba de 1948.
* Estudou na escola Khaula Alazur para mozas de Xerusalén, despois na facultade do Umah, e máis tarde no Maamuniyah e a escola de bacharel de Ramallah. E como voluntaria, estivo traballando no orfanato Ortodoxo da Caridade en Alezariyah.
Estudou máis tarde na Universidade de Birzeit a especialidade de física, sendo das alumnas máis salientadas no establecemento da organización da Fronte Popular na mesma Universidade, participando no estabelecemento do primeiro Comité de Traballo Voluntario da Universidade, así como nas eleccións de 1974, sendo secretaria do Consello Estudiantil.
* Traballou como profesora de física no colexio Raja Alinjiliyah Alluziriyah até a súa demisión e dedicación completa para a causa das mulleres, obtendo a titulación de Máster en Estudos da Muller.
* Foi arrestada en diversas ocasións polas autoridades de ocupación, estando aínda cursando estudios universitarios así como posteriormente, sen decaer no seu activismo nacional. Así como estivo en diversas ocasións baixo obrigado arresto domiciliario.
* Estivo no establecemento da Unión de Comités da Muller Palestina no ano 1980 e foi elixida como a súa Presidenta no ano 1994, sendo reelixida dúas veces máis.
* Participou na formación do Consello da Muller Superior, como membro adxunto á Intifada de 1987.
* A nosa camarada Maha Nassar colaborou no alzamento da voz palestina a por meio das súas amplas e salientadas relacións coas forzas liberadoras e progresistas doutras partes do mundo, conseguindo o premio “Pasionaria” por toda unha vida adicada á loita da muller progresista.
Salientou a nosa camarada polas súas iniciativas, polo súa grande capacidade de resistencia, de loita, mais tamén pola súa gran humildade e o seu específico compromiso cos principios máis sublimes a favor da muller.
* Así mesmo, foi membro do corpo administrativo da Unión de Comités da Muller Palestina.
* Estaba casada e era nai de catro fillos.
Para ti a gloria, compañeira e camarada, para nós a túa inmortalidade porque seguirás presente, sempre, entre nós e a nosa revolución.
Union de Comités da Muller Palestina
10 de Outubro de 2008 [Voltar á páxina de inicio]