LIBERDADE PARA AHMAD SAADAT!, SECRETARIO XERAL DA FPLP

O 15 de xaneiro de 2002, Ahmad Saadat, recen escollido Secretario Xeral da Fronte Popular para a Libertación de Palestina (FPLP), foi detido polos organismos de seguridade da Autoridade Nacional Palestina por ordenes de Arafat (o desaparecido líder palestino) e encarcerado en Jericó con vixianza Norteamericana e Británica.

A FPLP, é unha organización revolucionaria e marxista-leninista, un dos partidos políticos de maior importancia e popularidade en Palestina, un partido de Esquerda, Democrático e Laico.

Os motivos que esgrime Israel son que Saadat é o lider da FPLP, da que, un comando desta fronte, executou ao ministro israelí de turismo, o ultra derechista Rehavam Ze'vi, como resposta ao asasinato de anterior secretario xeral do FPLP Abu Ali Mustafá.

Para os palestinos, esta é unha acción terrorista, propia das tropas da ocupación, onde os militares israelís pretenden liquidar a resistencia palestina e súas lideres.

Este feito inédito, débese en realidade ás esixencias de Sharon e os norteamericanos para encarcerar aos lideres da resistencia palestina. Centos foron asasinados por ordes directas de Sharon, entre eles temos que salientar o anterior Secretario Xeral do FPLP Abu Ali Mustafá, e milleiros de detidos en campos de concentración israelís, entre os cales se atopan ministros, parlamentarios democraticamente electos, dirixentes sociais e politicos, mulleres, nenos e mais de 11.000 palestinos presos por loitar en contra dunha ocupación militar estranxeira e pola liberdade do seu país.

As Tropas de ocupación sionista cometen todo tipo de crimes, atrocidades e violacións nos territorios palestinos, en contra dun povo que loita pola súa independencia e liberdade. No entanto, non se entende a actitude de Arafat e as actuais autoridades da ANP, de encarcerar a aqueles que loitan por esta liberdade. Non se entende como acepta as ordes dos opresores encabezados por un criminal de guerra como é o Sharon.

Ainda que todas as forzas políticas e sociais de Palestina e a propia Corte Suprema Palestina de Xustiza, esixiron a Arafat e posteriormente ás autoridades da ANP, a liberación de Ahmad Saadat e os seus compañeiros, antes dos seus secuestro por parte dos militares israelís, lamentabelmente, as esixencias de Israel eran mais fortes que o clamor palestino.

A loita do pobo palestino polo fin da ocupación militar das súas terras é avalada polas resolucións da Organización das nacións Unidas - ONU - , do Consello de Seguridade e todas as demais normas do dereito e a legalidade internacionais. Porén a hipocrisía internacional, o dobre padrón e a prepotencia militar sionista - norteamericana, impediron o cumprimento da legalidade. [Voltar ao inicio desta nova]