VENEZUELA: REFLEXIÓNS A 7 DIAS DAS ELECCIÓNS REXIONAIS"

Benvida ao Presidente Hugo Chávez en Galiza o 16-10-2005 (Pza do Obradoiro-Compostela). vista parcial

Por: Juan Martorano*

Todas as sondaxes que se publicaron até o venres, mais os que se realizaron para consumo "mais ou menos" privado de partidos, empresas e institucións, sinalan unha mesma tendencia, irreversibel xa a estas alturas da campaña electoral rumo ás eleccións rexionais e locais: o chavismo ratificase na súa condicion de forza política maioritaria en Venezuela, e polo tanto os seus cadros militantes seran eleitos mandatarios na rotunda mayoria das entidades.

A vostedes cónstanlles as profundas e imborrabeis obras da Revolucion Bolivariana. Soamente coas misións, as que colocaron ao povo venezuelano como participes activos dos mellores servizos de saúde e pertiño das súas casas; as que permitiron elevar todos os niveis educativos da poblacion, desde a alfabetizacion e até a formacion superior; as que permitiron unha distribucion mais equitativa, barata e ao alcance de todos, dos mellores alimentos.Isto por só nomear algunhas das obras mais importantes. Pero os temas da vivenda, vialidade, transporte, seguridade, son atendidos cada dia, procurando acadar unha solucion definitiva dos mesmos, en beneficio de todas e todos os venezuelanos. Son obras, non palabras ocas nin promesas. Vostedes pódeno comprobar, aínda que pretendan agochar os medios pro-imperialistas. A Revolucion Bolivariana é un feito. Son un feito as súas obras. É un feito o liderado do Comandante Hugo Chavez. É un feito que o que este povo conseguiu en dez anos de revolucion que confiou en Chavez para que o conducise, achéganos á construccion do socialismo.

E de acordo a opinións emitidas polo primeiro vicepresidente do PSUV, Xeral (r) Alberto Muller Rojas, que se o 70% da poblacion considera positivo o sistema politico liderado polo Presidente Chavez; 60% acolle positivamente o socialismo como modelo de goberno, e o PSUV conta co 33% de protexo electoral, case o triple do volume de sufraxios que acadará a oposicion (12%). Esta realidade obxectiva abonda para predicir unha esmagante victoria do PSUV o 23 de novembro. Para alén diso esta realidade especifica de cada unha das entidades, na mayoria das cales a oposicion se mostra fracturada, desmotivada, desmovilizada, ou as tres cousas ao tempo. Todas as medicións indican que a intencion de participación do chavismo nestes comicios anda pola orde do 60%, e a do antichavismo non chega a 35. A desmotivacion e o desanimo é o signo dos que se senten derrotados, non só pola superioridade do adversario senón ademais pola descomposicion moral do seu propio "liderado": o antichavista de base quixera ir votar contra os candidatos de Chavez mais o que ve ao seu redor é un emporio lamentabel de nulidades e bandidos.

Por outra banda, ten que se ter en conta que varias das gobernacións atópanse en poder de traidores que chegaron alli montados sobre o prestixio do Presidente Chavez. Nalgunha delas o candidato ou grupo traidor asoma con posibilidades de triunfo, e son contabilizadas para a oposicion. Noutras, teñen opcion tamén factores que, sen ser propiamente traidores ou de dereita declarada, non estan rexistrados en formula do PSUV pero contan con chavistas ou afíns ao proxecto bolivariano. Este balance dá unha victoria de mais de 80% ao noso favor, sen contar as alcaldias, onde o arrase vermello tamén se anúncia contundente.

Con todo, nesta recta final procede o chamado, a convocatoria, a invitacion fervente e militante para que ese apoio emocional e fervente se converta en votos e nunha victoria decisiva.

Agora correspóndenos reafirmar a defensa de nosa revolucion e de seu lider, Hugo Chavez co voto que exerceremos o domingo 23 de novembro. Onde queira que che corresponda, vota pola túa revolucion bolivariana a favor dos candidatos de Chavez.

Patria Socialista ou Morte!!!

Estamos Vencendo!!!

*Advogado, Analista Politico.

www.juanmartorano.blogspot.com

http://www.juanmartorano.tk

[Voltar ao inicio desta nova]