Venezuela: PSUV conquistou nas eleccións rexionais o 77% das gobernacións e 81% das alcaldías

Desde Miraflores, o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, ao realizar un balance sobre os resultados das eleccións rexionais, dixo que das 327 alcaldías en todo o país, 265 conquistounas o PSUV, o que representa o 81%. Así mesmo, as forzas revolucionarias obtiveron 17 das 22 gobernacións en disputa, cifra que se traduce nun 77%

Sobre os resultados obtidos nas eleccións deste domingo, o Mandatario Nacional salientou que as forzas bolivarianas incrementaron este ano un 20% de votos en relación aos obtidos nas eleccións do pasado 2007.

Sobre este punto, Chávez precisou que os votos logrados polo Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) colocáronse na cifra de 5 millóns 504 mil 902 votos, de acordo ao primeiro resultado emitido polo Consello Nacional Electoral.

“A diferenza é de 1 millón 300 mil votos”, dixo Chávez.

Así mesmo, remarcou que pola súa banda, a oposición diminuíu a súa porcentaxe de votos nun 10%, en relación ao comicios pasados.

Ao respecto, sinalou que o PSUV acadou entón 18 das 24 capitais dos estados de Venezuela.

No Táchira onde a oposición gañou a gobernación, o PSUV logrou gañar 16 alcaldías mentres que a oposición obtivo 13.

Outro exemplo é Nova Esparta, onde o PSUV obtivo 6 alcaldías e a oposición 5, explicou Chávez.

Así mesmo, en Miranda as forzas revolucionarias obtiveron 15 alcaldías e a oposición só logrou acadar 5.

De igual forma, está Carabobo (onde perdeu o PSUV por perto de 2 puntos). Aquí os bolivarianos gañaron 11 alcaldías e a oposición só 2. “Por primeira vez en 50 anos unha forza de esquerda vai gobernar a cidade de Valencia. Iso é moi importante”, salientou Chávez.

Chávez tamén mencionou que “o bastión de Caracas non se perdeu”, a diferenza do que queren facer crer algúns medios de comunicación.

Sobre este punto, explicou o Mandatario Nacional, que Caracas segue sendo na súa maioría revolucionaria, pois a suma dos sufragantes dos municipios restantes do eixe metropolitano “ascende a 792 mil votantes, cifra que representa a metade dos electores do municipio Libertador, é dicir, Caracas”.

Ao respecto, o presidente Chávez dixo que o resultado emitido polo Consello Nacional Electoral (CNE) favoreceu ao candidato do PSUV para o municipio Libertador, Jorge Rodríguez, cuxo espazo territorial ten case un millón 500 mil votantes.

“A oposición dixo que despois do 02 de decembro viña o fin da Revolución Bolivariana. Esa derrota foi un comportamento completamente anormal, pero agora a curva recobra a súa tendencia histórica. Retomamos a curva de ascenso e de progreso (...) non só cuantitativo senón tamén cualitativo”, referiu Chávez.

Neste sentido, o Xefe de Estado salientou que as forzas opositoras controlaban ata este domingo sete gobernacións e tralos comicios, a oposición só logrou quedarse con cinco gobernacións nas súas mans.

Ao referirse sobre algunhas declaracións ofrecidas polos políticos da dereita crioula en torno á “victoria” que obterían nos comicios, o líder socialista, con números en man, puntualizou algúns datos que desestiman a apreciación impulsada polos medios privados.

“Os seguidores do proxecto socialista votaron a favor do aprofundamento da Revolución Bolivariana!”, apuntou o presidente Chávez ao reiterar que se obtivo un grande triunfo nas grandes cidades capitalinas, industrializadas e petroleiras.

Neste sentido, o Xefe de Estado indicou que esta é unha nova derrota para a oposición venezolana ao mesmo tempo que salientou que cos resultados obtidos nos comicios deste 23 de novembro, quedou demostrado que está profundamente consolidada a Revolución Bolivariana en Venezuela.

Ao respecto, agregou que o poder popular, a democracia venezolana e as institucións, ficaron profundamente fortalecidas coa gran participación das venezolanas e venezolanos nos comicios.

De igual forma, salientou que este domingo ficou tamén demostrado que quen traiciona á revolución “mórrese politicamente”, como os casos dos gobernadores salientes dos estados Sucre, Guárico, Trujillo, Aragua e Carabobo.

“A chamada disidencia ficou pulverizada”, sentencióu.

Desta forma, o PSUV, partido socialista liderado polo presidente Chávez, converteuse na forza política máis importante e popular do país, moi por riba dos outros 295 partidos inscritos que participaron nas eleccións rexionais celebradas o pasado domingo. [Voltar ao inicio desta nova]