Para o Estado español, a esquerda vasca non é un suxeito de dereitos senón unha potencial beneficiaria de favores. Segundo esta teoría absolutista, a súa participación na vida política depende exclusivamente do seu comportamento: se se comporta como o Estado lle esixe, poderá participar na vida política; do contrario, quedará excluída. Peor aínda, autoexcluese. Os ilegalizadores intentan trasladar ás vítimas as consecuencias do seu despotismo.
En maio de 2007 perseguiron e ilegalizaron as candidaturas da esquerda vasca de forma implacabel pero non total. Deixáronlle un pequeno resquicio e consentiron que se presentase nalgúns ámbitos electorais porque conviña aos intereses do Estado. Como aínda non estaba fechado o falido proceso de conversacións, quixeron trasladar á esquerda vasca esta mensaxe vil: "todo isto, e moito máis, regalareivos se vos rendedes". Non houbo rendición e a estratexia de pequenas concesións fracasou. A partir dese momento, a negación de dereitos resulta pouco acorde coa ética, pero máis axustada aos intereses antidemocráticos do Estado: a ilegalización das poucas candidaturas que pasaron os filtros reforza a imaxe de dureza contra a esquerda vasca; estratexia que, lamentabelmente, dá votos no Estado español. Doutra banda, a ilegalización das poucas parcelas de liberdade aínda abertas, contribúe a trasladar á esquerda vasca outra mensaxe desalentadora: "é o que lle espera a quen non se renda diante das esixencias do Estado. Apodrecede na clandestinidade xa que é o que vós tendes elixido"
Desde que o Estado constatou a súa imposibilidade de render á esquerda vasca, abandonou a estratexia da cenoria e aplica, exclusivamente, a do golpe represivo. Un dos seus obxectivos: a ilegalización das marcas políticas que recollen a sensibilidade da esquerda: o Partido Comunista das Terras Vascas (PCTV/EHAK) e Acción Nacionalista Vasca (ANV). O Estado leva meses desenvolvendo unha estratexia envoltoria para liquidar a ambas formacións. Sobre todo, desde que ANV anunciou a súa intención de participar nas próximas eleccións de marzo ao Parlamento español para reclamar nel a independencia do noso pobo. Desde ese momento, todo o engrenaxe fascista de España puxose en marcha: os medios de comunicación foron creando artificialmente alarma social para preparar á opinión pública, os partidos de oposición fixeron da ilegalización unha das súas bandeiras predilectas, o Goberno do PSOE puxo en marcha aos seus servizos de intelixencia para que elaboren dosieres nos que sustentar unha medida xa adoptada, trasladaron á xudicatura as coordenadas nas que deben de moverse. E estreitou os vínculos cos vascos colaboracionistas para que non dificulten a estratexia ilegalizadora xa que eles tamén sairán beneficiados da mesma. Sobre todo, mantiveron unha política de constante acoso ás formacións que están no seu punto de mira para que saiban que a súa sorte está botada e que o día da ilegalización está cada vez máis perto.
Nin un paso atrás!
A esquerda vasca sabe que o poder ao que se enfronta é abrumadoramente maior e que a medida non lle vai supoñer grandes custos ao Estado (polo menos a curto prazo) xa que conta cunha espesa rede de alianzas e complicidades. Así e todo, tense mantido firme. E, aínda que consciente de que se atopa en absoluta desvantaxe, non deu nin un paso atrás; confía nas súas razóns, na súa coherencia e na súa militancia. Durantes estes meses, respondeu ao Estado cunha mensaxe nada prepotente pero firme: legal ou ilegalizada, seguirá reclamando a independencia para o noso pobo. Estas son algunhas de súas comparecencias públicas recentes:
· 22 de decembro de 2007. Unha importante representación de coñecidos representantes da esquerda vasca comparece en Bilbao nun contexto especial: encarceramento de 47 dirixentes e arrepiante denuncia de torturas contra un mozo da esquerda. A mensaxe é firme e, ao mesmo tempo, alentadora: "Até aquí chegamos e por aquí non pasaredes. Chegou a hora de poñer límite á idea de que todo vale contra Euskal Herria... O PSOE declarou a guerra ao movemento independentista para debilitar a nosa oferta política e así poder pechar as portas á independencia... Esta estratexia non sería posible sen a colaboración do PNV e de NaBai... Imos gañar, Euskal Herria!"
· 29 de decembro de 2007. A esquerda celebra un concorrido acto político en Elorrio. Nese acto reitera a súa aposta pola independencia e o socialismo pero, para iso, é necesario que sexan recoñecidos os dereitos que nos corresponden como pobo. A esquerda anuncia que "encauzará toda a súa capacidade política para a construción nacional e a transformación social para ir creando un Estado vasco independente e socialista, xa que é a única garantía para a supervivencia do noso pobo. Estado basco que xa existiu, que tivo recoñecemento internacional até o s. XVII e que voltará a ser unha realidade se a cidadanía o quere. O primeiro paso nese camiño, que será longo, é a consecución dun Marco Democrático onde todos os proxectos políticos poidan ter cabida. Houbo tamén duras palabras contra o PNV e NaBai xa que o seu obxectivo é bloquear a construción de Euskal Herria para que prevaleza a construción de España".
· 30 de decembro de 2007. Centos de cargos electos de ANV, reúnense nun hotel de Iruñea para reafirmar a súa determinación de seguir adiante no camiño da independencia. Reiteran a súa vontade de participar nas eleccións xerais ao Parlamento español que se celebrarán o 9 de marzo de 2008. Lembraron que teñen unha representación popular mutilada polas ilegalizaciones de que foron obxecto no 2007. Reiteran a súa denuncia contra as forzas autonomistas vascongadas que se beneficiaron da ilegalización usurpando cargos que pertencían a ANV; pregúntanlles a estes partidos a ver que van facer cando se produza a ilegalización. Admiten que está pagando cara a negativa a asumir a Constitución española... A súa convicción é firme "Ata agora non conseguiron pararnos e non o conseguirán no futuro"
· 2 de xaneiro de 2008. ANV presentou dúas denuncias diante do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos contra o Tribunal Constitucional Español por terlle negado recurso de amparo diante das ilegalizaciones do ano pasado.
· 12 de xaneiro de 2008. ANV reúne en Irunea a 6.000 persoas nun intenso acto político para reafirmar a súa aposta pola independencia. Ovacionouse a dous mozos vascos recentemente detidos e torturados (o aplauso deu lugar a unha acusación de apoloxía do terrorismo por parte da audiencia Nacional). Abundaron as denuncias contra o Goberno do PSOE por torturador e mentirán. Denunciouse por colaboracionistas ao PNV e NaBai xa que a súa complicidade facilita o fraude e o represión que exercen os dous Estados. O acto concluíu cun convite á organización popular para seguir traballando pola independencia e o socialismo aínda que esteamos ilegalizados.
Euskal Herria, 23 de Xaneiro de 2008.