REALIZOUSE EN VIGO ACTO DE LEMBRANZA A JOSÉ MARTÍ

O poeta, pensador e libertador cubano José Martí, foi de novo lembrado e homenaxeado na mañan do pasado dia 26 en conmemoración do 155 aniversario do seu natalicio. Precisamente neste mesmo lugar onde fai xa case 20 anos foi colocado o seu monumento, nos xardins de Montero Rios de Vigo e moi perto de onde ducias de milleiros de galegos e galegas embarcaban rumo a Cuba e ás américas, obrigados pola emigración ou mesmo á guerra colonial.

Media hora despois do mediodia deu inicio a cerimonia organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” á que asistiron os cónsules de Cuba, Venezuela e Uruguai en Galiza, así como varias ducias de amigos e amigas de Cuba.

O compañeiro Iñaqui Solla, Secretario da Asociación “Francisco Villamil” saudou a presenza dos presentes e deu inicio ao evento con unha mensaxe na que salientou a finalidade da homenaxe que se realizou coa intención de lembrar a ese grande personaxe de pensamento e loita que foi José Martí.

Interviú a continuación o poeta e profesor Xosé Álvarez Cácamo, que fixo unha breve e emotiva introducción a un longo e belisimo poema do grande apóstol de Cuba que el mesmo recitou.

Posteriormente, tomou a palabra o compañeiro Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, que no seu discurso (moi aplaudido) fixo sustanciosa semblanza do que significa, aínda despois de tantos anos, a figura do homenaxeado pola súa aportación a Cuba e á humanidade, facendo un percorrido polo seu extraordinario legado no que se alicerza a liberdade conquistada polo povo cubano, así como pola herdanza no seu coñecemento, onde o idealismo máis puro define a altura moral de xeracións enteiras de compatriotas.

Alén diso, enfatizou que Martí foi e sigue sendo, a través da xeración do centenario, inspirador da xesta patriótica e antiimperialista e, mesmo socialista e marxista da Revolución que pervive hoxe en Cuba do que este acto é unha expresión que se inscribe dentro das actividades que ao longo deste ano se van a organizar en Galiza con motivo da conmemoración do 50 aniversario do trunfo da Revolución.

Entre os presentes atopábanse os veteranos compañeiros Balbino Pérez Bellas e a súa compañeira Cholas, sendo o primeiro convidado a dicir unhas palabras. Nas mesmas Balbino falou do profundo contraste entre a súa amada Cuba, tan humana e solidaria, e esta vella e corrompida Europa onde reina o embrutecemento consumista, o desprezo pola mesma condición humana e a agresividade guerreira e imperialista. O compañeiro Balbi rematou a súa intervención rendendo homenaxe ao Vigués Luís Fdez detido nos últimos días, como el mesmo dixo, pola súa condición de comunista e non por terrorista.

Finalmente os presentes participamos da colocación dunha coroa de flores coas cores da bandeira galega, que o Cónsul de Cuba e a compañeira Cholas colocaron aos pes do monumento realizado polo escultor cubano René Negrin. [Voltar ao inicio desta nova]