MENSAXE DOS CINCO POLO 50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN


Á dereita: deseño do heróe Gerardo Hernández Nordelo, un dos cinco prisioneiros cubanos do imperio (premer enriba del para ampliar)
.
....Se teño o raro privilexio de dirixirme máis unha vez a vostedes é porque viron neste
compatriota unha persoa que sempre lles dixo a verdade.

Non é mérito ser honrado senón deber sagrado.

No transcurso da madrugada terá ficado atrás o Ano 49 da Revolución e entraremos de cheo no ano 50, que simbolizará o medio século de resistencia heroica.

Proclamemos ao mundo con orgullo esta marca que nos fai acredores ao máis xusto dos reclamos: que se respecte o direito á vida e á san alegría da nosa Patria.

Por ese direito loitaremos ata a morte. Para os cubanos, fai máis dun século, Martí proclamouno: "¡Patria é humanidade!"

..................................

Polo Ano 50 da Revolución:

Mensaxes dos nosos Cinco irmáns

Saúdos patrióticos a todos os cubanos

Querido povo:

Saúdos patrióticos a todos os cubanos no aniversario da Revolución.

Ao entrarmos no ano 50 da verdadeira e definitiva emancipación do noso povo, facémolo lembrando o esforzo e os sacrificios necesarios ao longo destes anos de resistencia e loita, e rendendo tributo aos protagonistas dos mesmos.

Conscientes daqueles, celebramos tamén con xenuíno xúbilo as xigantescas satisfaccións experimentadas polos cubanos nestes 49 anos de Revolución, e as importantes transformacións e logros en todos os aspectos da vida do país. Significativos, relevantes e revolucionarios en si mesmos, eles son os alicerces dos proxectos, esperanzas e soños que continuaremos materializando para o beneficio de todos. A Revolución Cubana cuxo aniversario celebramos hoxe será eterna porque así o queremos os cubanos.

En unidade estreita, xunto ao Partido, a Fidel e a Raúl, continuaremos avanzando polos carreiros da xustiza, a igualdade e a dignidade, construíndo o proxecto social que escollemos os cubanos con liberdade.

Viva Cuba Libre!

Viva a Revolución Cubana!

Viva Fidel!

Patria ou Morte, Venceremos!

Fernando González Llort

F.C.I. Terre Haute

Indiana, USA

.............................

Nada poderá nunca disminuir o noso optimismo

Nada poderá impedir que en cinco prisións do Imperio celebremos con xúbilo e alto espírito revolucionario o 49 aniversario da Revolución.

Nada poderá nunca separarnos do noso heroico povo, das súas conquistas e as súas loitas por un porvir mellor para a humanidade, esa mesma que nos enseñóu o Apóstolo da nosa independencia e patria.

Nada poderá melar o noso optimismo, un resonar constante nos nosos corazóns do “Até a Victoria Siempre!” do Che; unha certeza de que por duro que sexa o camiño o noso povo co noso Comandante en Xefe, sempre á fronte, defenderá eternamente a obra socialista e vencerá en cada contenda.

Éxitos nas tarefas do vindeiro ano!

Viva a Revolución!

Viva o noso povo heroico!

Viva Fidel!

Viva Raúl!

Patria ou Morte!

Venceremos!

Un forte aperta dos 5

Antonio Guerrero Rodríguez

Penitenciaría de Florence

20 de decembro de 2007

Non importa canto tarde esta crueldade, a victoria será nosa

Queridos irmáns e irmás do mundo:

Agora que se achegan as celebracións polo Nadal e do ano novo 2008 queremos enviarlles as nosas felicitacións acompañadas de todo o agradecemento e afecto por apoiarnos nesta causa que nos une: A solidariedade con Cuba e a liberdade dos Cinco.

Sempre por estes días fanse recontos do feito e o por facer, é por iso que ao rememorar todas as accións que este ano 2007 se realizaron con vistas a gañar máis solidariedade coa nosa causa, enchémonos de forzas e máis optimismo na victoria segura.

Non importa canto demore esta crueldade, esa victoria será nosa e por iso seguiremos batallando xunto a vostedes para poñer fin á dobre moral do imperio que di loitar contra o terrorismo e mánténnos presos descoñecendo a historia de ataques terroristas contra o pobo cubano.

Desde a Arxentina até o Canadá e os Estados Unidos, pasando por Centroamérica e o Caribe, da outra beira do Atlántico, desde España até Viet-Nam e Australia, no continente africano, en cada recuncho do planeta escoitouse a voz da xustiza reclamando a nosa excarceración. As súas cartas infórmannos cada día de todas estas accións, eventos e demostracións solidarias. Conten sempre connosco para toda causa xustificada, pronto nos uniremos a vostedes.

Moitas grazas irmás e irmáns por saber que podemos contar sempre con vostedes para poñer fin a tanta inxustiza que nos afasta xa por case 10 anos de nosos seres queridos e da nosa amada Patria.

Para os cubanos estas celebracións tamén van acompañadas das que facemos por un aniversario máis da Revolución que nos devolveu a dignidade e a liberdade pola que hoxe moitos povos do noso continente loitan.

Viva o 49 aniversario do triunfo da Revolución cubana!

Ata a Victoria Siempre!

Ramón Labañino Salazar

USP Beaumont, Texas

.....................................

17 de decembro do 2007

"Ano 49 da Revolución"

A partir do encerro cruel en que o exemplo de vostedes me inspira a resistir, felicítolles

Heroicos compatriotas:

Cando entramos no décimo ano deste vingativo cativerio, a nosa resistencia non deixou de alimentarse, nin por un instante, do exemplo e o espírito que irradia a vontade irredutibel do noso pobo.

Outro aniversario do desborde rebelde ao longo e largo da nosa xeografía súmase para atestigualo. Mentres o imperio se revolve impotente, lanzando a cegas o seu enorme peso contra a pequena illa insurrecta, nós aprestamo-nos a perfeccionar o noso socialismo coñecendo moi ben a mentira que se nos ofrece-bastante ás malas, por certo-como alternativa.

Só a sociedade xusta e solidaria que nos legara a xeración do centenario será garante de paz e felicidade para os nosos fillos. Preservala e mellorala é o imperativo de hoxe, e o único disuasivo eficaz fronte á agresividade patolóxica do imperio.

A partir do encerro cruel en que o exemplo de vostedes me inspíra a resistir, felicítolles por outro ano rematado en victoria. Un novo reto é o que comeza. Non hai outra alternativa que non sexa conquistalo!

Un forte aperta para todos. René González [Voltar ao inicio desta nova]

.