NA MEMORIA DO CAMARADA GEORGE HABASH

Fai uns poucos dias deixou de existir fisicamente o histórico e revolucionario líder Dr. George Habash, fundador da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP). Al-Hakim (o sabio), foi dirixente máximo durante moitos anos desta organización patriótica e comunista irmán.. A súa firmeza, consecuencia e honestidade será, para todos nós, comunistas galegos o maior legado que nos deixa un dos máis grandes de entre o heroico povo palestino.

Alcumado Al-Hakim (o sabio), caracterizouse pola súa consecuencia e honestidade e é, sen lugar a dúbidas, un dos máis célebres dos palestinos.

O Dr. Habash de 81 anos, faleceu ás 20 horas do sábado, 26 de Xaneiro no Hospital de Amman de Xordania.

O camarada George Habash, naceu na cidade palestina de Lod o ano 1926. O ano 1948 e, ao igual que centos de milleiros de palestinos, foi expulsado do seu fogar. Estudou Medicina na Universidade Americana de Beirut, especializouse en Pediatría e traballou nos acampamentos de refuxiados palestinos en Xordania.

A vida do Dr. Habash mudou un día de 1948, cando aos 22 anos, sendo estudante de medicina, atopouse coa súa mala de médico, no medio de masacres e centos de milleiros de palestinos expulsados de Palestina: “É unha visión que xamais esquecerei, milleiros de persoas expulsadas das súas casas, fuxindo, chorando, berrando horrorizadas polos matanzas. Despois de algo así, un non pode converterse noutra cousa que nun revolucionario”, expresou anos mais tarde o Dr. George Habash.

O ano 1952, fundou o Movemento dos Nacionalistas Árabes e xogou un rol fundamental no estabelecemento doutros movementos de liberación nacional no mundo árabe. E o 11 de decembro de 1967, fundou con outros camaradas a Fronte Popular para a Liberación de Palestina – FPLP, organización comunista (marxista-leninista) onde ata o ano 2000 foi o seu Secretario Xeral.

Tanto o Movemento dos Nacionalistas Árabes como o FPLP, son consideradas como a vanguarda da revolución palestina e os movementos libertación do mundo árabe, onde o carisma e a autoridade moral do Dr. Habash, foron decisivos para defender e renovar a loita pola liberdade e a independencia.

George Habash tivo que deixarnos sen ver cumprido o seu soño de ver Palestina libre, soberana, democrática e laica. Porén, os discípulos de Al-Hakim, seguirán os seus pasos e mais cedo que tarde o facho da liberdade iluminará os ceos de Palestina.

Resumo biográfico do PCPG baseado en grande parte nunha reseña feita polo Comité Democrático Palestino de Chile

...........

COMUNICADO DA FPLP:

O Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina expresa o seu loito ao povo palestino, o povo árabe e todos os povos libres do mundo, polo seu fundador e o líder da súa marcha, o doutor George Habash, Al-Hakim, Fundador do Movemento Nacionalista Árabe e o FPLP.

Co martirio do fundador, o pobo palestino e a nación árabe perden unha icona e un símbolo da súa resistencia, que foi firme e comprometido durante sete décadas de loita contra o inimigo dos palestinos e do povo árabe, e na confrontación coas forzas da opresión, a hexemonía e a inxustiza.

Un grande líder caeu, mais as súas ideas, os principios e a visión non. Defendeu os seus principios cun valente e veraz compromiso coa loita contra o imperialismo e as forzas derrotistas. Malia todas as condicións e circunstancias, Al-Hakim estivo sempre comprometido coa liberación de Palestina, toda Palestina, desde o río até o mar. Palestina perdeu hoxe un dos seus máis grandes homes. Gloria a Al-Hakim!

Diante do noso povo e da figura do noso grande líder e símbolo da nosa loita, comprometémonos a continuar marchando polo seu camiño e co seu método, co valor e a vontade dos povos libres, até a liberación total de todos os palestinos.

Viva a Revolución!
Gloria a Al-Hakim e a todos os mártires!

Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina.
26 de xaneiro de 2008.

[Voltar ao inicio desta nova]