NOVA REFLEXIÓN DO COMPAÑERIRO FIDEL CASTRO: "O QUE ESCRIBÍN O MARTES 19"

Ese martes non houbo noticia internacional fresca. A miña modesta mensaxe ao povo, do luns 18 de febreiro, non tivo dificultade para divulgarse con amplitude. Desde as 11 da mañá comecei a recibir noticias concretas. A noite anterior durmira coma nunca. Tiña a conciencia tranquila e prometérame unhas vacacións. Os días de tensión, esperando a proximidade do 24 de febreiro, deixáronme exhausto.

Non direi hoxe unha palabra de persoas entrañabeis en Cuba e no mundo que de mil formas diferentes expresaron as súas emocións. Recibín igualmente un elevado número de opinións recollidas na rúa con métodos confiabeis, as que case sen excepción, e de forma espontánea, verteron os seus máis profundos sentimentos de solidariedade. Algún día abordarei o tema.

Neste instante adícome ao adversario. Gocei observando a posición embarazosa de todos os candidatos a Presidente de Estados Unidos. Víironse na obriga, un por un, a proclamar as súas inmediatas esixencias a Cuba para non arriscar un só elector. Nin que eu fóra Premio Pulitzer interrogándoos na CNN sobre os máis delicados asuntos políticos e incluso persoais, desde As Vegas, onde reina a lóxica do azar das ruletas de xogo e adonde hai que asistir humildemente se alguén aspira a Presidente.

Medio século de bloqueo parecíalles pouco aos predilectos. Cambio, Cambio, Cambio!, berraban ao unísono.

Estou de acordo, mudanza!, mais en Estados Unidos. Cuba cambiou fai tempo e seguirá o seu rumbo dialéctico. Non voltar xamais ao pasado!, exclama o noso pobo.

¡Anexión, anexión, anexión!, responde o adversario; é o que no fondo pensa cando fala de cambio.

Martí, rompendo o segredo da súa loita silenciosa, denunciou o imperio voraz e expansionista xa descuberto e descrito pola súa xenial intelixencia, máis dun século despois da declaración revolucionaria de independencia das 13 colonias.

Non é o mesmo o fin dunha etapa que o inicio do fin dun sistema insostibel.

De contado as minguadas potencias europeas aliadas a ese sistema proclaman as mesmas esixencias. Ao seu xuízo chegou a hora de danzar coa música da democracia e a liberdade que, desde os tempos de Torquemada, xamais realmente coñeceron. O coloniaxe e o neocoloniaxe de continentes enteiros, de onde extraen enerxía, materias primas e man de obra baratas, descalificanos moralmente.

Un ilustrisimo personaxe español, outrora ministro de Cultura e impecabel socialista, hoxe e desde fai tempo vocero das armas e a guerra, é a síntese da sinrazón pura. Kosova e a declaración unilateral de independencia mállaos neste instante como impertinente pesadelo.

No Iraque e Afganistán seguen morrendo homes de carne e óso con uniformes de Estados Unidos e a OTAN. A lembranza da URSS, desintegrada en parte pola aventura intervencionista no segundo dos dous países, persegue ás europeus coma unha sombra.

Bush-pai postula a McCain como o seu candidato, mentres Bus-fillo, nun país de África -orixe do home onte e continente mártir hoxe- onde ninguén coñece o que fai alí, dixo que a miña mensaxe era o inicio do camiño da liberdade de Cuba, é dicir, a anexión decretada polo seu goberno en voluminoso e enorme texto.

O día antes, pola televisión internacional, mostrábase un grupo de bombardeiros de última xeración realizando manobras espectaculares, con garantía total de que, bombas de calquera tipo, poden ser lanzadas sen que os radares detecten as naves portadoras e nin se considere crime de guerra.

Unha protesta de importantes países relacionábase coa idea imperial de probar un arma, co pretexto de evitar a posibel caída sobre o territorio doutro país dun satélite espía, dos moitos artefactos que con fins militares Estados Unidos situou na órbita do planeta.

Eu pensaba deixar de escribir unha reflexión polo menos en 10 días, pero non tiña dereito a gardar silencio tanto tempo. Hai que abrir lume ideolóxico sobre eles.

Escribín isto ás 3 e 35 p.m. do martes. Onte reviseino e hoxe xoves pola tarde entregareino. Roguei encarecidamente que as miñas reflexións sexan publicadas na páxina 2 ou calquera outra de nosos periódicos, nunca en primeira plana, e facer sínteses sinxelas nos demais medios se son extensas.

Estou enfrascado agora no esforzo por facer constar o meu voto unido en favor da Presidencia da Asemblea Nacional e do novo Consello de Estado, e como facelo.

Dou as grazas aos lectores pola súa paciente espera.

FIDEL CASTRO RUZ [Voltar ao inicio desta nova]