ESTADOS UNIDOS, EUROPA E OS DEREITOS HUMANOS

Fidel Castro Ruz [Cuba-Debate]

A desprestixiada forma de suspender as sancións a Cuba que acaba de adoptar a Unión Europea o 19 de xuño foi abordada por 16 despachos internacionais de prensa. Non implica en absoluto consecuencia económica algunha para o noso país. Pola contra, as leis extraterritoriales de Estados Unidos e, polo tanto, o seu bloqueo económico e financeiro continúan plenamente vixentes.

Á miña idade e no meu estado de saúde, un non sabe que tempo vai vivir, pero desde agora desexo consignar o meu desprezo pola enorme hipocrisía que encerra tal decisión. Isto faise aínda máis evidente cando coincide coa brutal medida europea de expulsar aos inmigrantes non autorizados procedentes dos países latinoamericanos, nalgúns dos cales a poboación na súa maioría é de orixe europeu. Os emigrantes son ademais froito da explotación colonial, semicolonial e capitalista.

A Cuba, en nome dos dereitos humanos, esíxenlle a impunidade dos que pretenden entregar, atados de pés e mans, a patria e o povo ao imperialismo.

Até as propias autoridades de México teñen que recoñecer que a mafia de Miami, ao servizo do goberno de Estados Unidos, lle arrebatou pola forza ? ou comprou? a un importante continxente de axentes migratorios dese país a decenas de inmigrantes ilegais arrestados en Quintana Roo, entre eles nenos inocentes transportados á forza por riscosos mares e até nais forzadas a emigrar. Os traficantes de persoas como os de drogas, que dispoñen ao seu antollo do maior e máis cobizado mercado do mundo, puxeron en risco a autoridade e a moral que necesita calquera goberno para dirixir o Estado, derramando sangue latinoamericana por todas partes, sen contar os que morren por emigrar a través do humillante muro fronteirizo sobre o que foi territorio de México.

A crise dos alimentos e da enerxía, os cambios climáticos e a inflación acosan ás nacións. A impotencia política reina, a ignorancia e as ilusións tenden a xeneralizarse. Ningún dos gobernos, e menos aínda os da república Checa e Suecia, que eran renuentes á decisión da Unión Europea, poderían responder de forma coherente ás interrogantes que están sobre o tapete.

Entre tanto, en Cuba os mercenarios e vendepatrias ao servizo do imperio halanse os pelos e esgazan as súas vestiduras en defensa dos dereitos de traizón e impunidade.

Teño moitas cousas que dicir, mais por hoxe abonda. Non desexo molestar, porén vivo e penso.

Divulgarei esta Reflexión só pola vía de Internet hoxe venres 20 de xuño de 2008.

Fidel Castro

20 de xuño de 2008. 1 e 55 p.m. [Voltar ao inicio desta nova]