Despois de case cinco anos de negociacións comerciais globais, o 24 de xullo de 2006 colapsaron as conversacións nas reunións da Organización Mundial de Comercio (OMC), quizais permanentemente, din algúns analistas económicos. En xaneiro de 2007, os ministros de comercio de EEUU, a Unión Europea (UE), Brasil, India, Xapón e Australia dixeron que seguían desesperadamente estancados, sobre todo na discusión aplicabel ao comercio de produtos agrícolas.
Os negociadores de EEUU culparon da interrupción á UE, á India e a Xapón por frustrar a apertura dos mercados sen restricións aos produtos agrícolas. O que non cubriron os grandes medios en ningunha análise foi o contido da negociación, que ofrecían exactamente os países implicados e que esperaban en retribución. Para a administración Bush foi de extrema importancia esixir que EEUU recibise inmunidade ante os posibeis pleitos dos países pobres antes de que expirasen –a finais de xuño de 2007– as facultades especiais de «fast track» para as negociacións comerciais aceleradas que procura Bush.
Nunha oferta de última hora, que non estaba incluída na axenda orixinal, EEUU insistiu repentinamente en que todos os acordos comerciais incluísen unha cláusula especial chamada «Cláusula da Paz» que lle outorgaría inmunidade ao uso de subsidios ilegais á agricultura en caso de reclamos xudiciais dos países afectados. Entre 1994 e 2003, tal «cláusula da paz» negou aos países pobres calquera recurso legal contra o «dumping» de produtos agrícolas baratos que devastou ás súas comunidades agrícolas.
De acordo con ONGs internacionais, tais como Oxfam International, a «cláusula da paz» outorga rédea libre aos países ricos como EEUU e a UE para seguir proporcionando enormes subsidios aos seus granxeiros.
Tais prácticas benefician as economías de nacións que xa son ricas, mentres que prexudican ás comunidades agrícolas das nacións máis pobres.
Segundo o Informe 2003 de Oxfam, 38 países pobres ou en vías de desenvolvemento sufriron unha competencia inxusta como resultado dos subsidios ilegais en EEUU e a UE.
Os acontecementos que seguiron á expiración destas protecciones legais explican claramente por que EEUU estaba tan impaciente por reintroducir unha nova versión da «cláusula da paz» (e por que foi proposta tan rapidamente). E é que despois do seu fin no 2003, Brasil levou a EEUU á corte da OMC, reclamando que os subsidios de EEUU ao seu algodón deprimiran os prezos mundiais, magoando aos produtores de algodón de Brasil e do resto do mundo. E Brasil gañou!
No 2005, a OMC aceptou a acusación de Brasil, esixindo que EEUU interrompese inmediatamente a súa distribución de subsidios agrícolas ilegais. O temor a que outros países en desenvolvemento inicien os seus propios xuízos, conduciu aos negociadores de EEUU a reintroducir unha proposta para restablecer as protecciones que gozaron baixo a «cláusula da paz».
Máis recentemente, despois que en xullo de 2006 colapsou a rolda de conversas de comercio de Doha, Canadá pediu á OMC repoñer os cargos porque EEUU continuaba utilizando subsidios agrícolas ilegais e «distorsionadores do comercio». O foco das acusacións centrouse no pagamento de subsidios aos granxeiros estadounidenses do millo, pero tamén foi un desafío a todo nivel total aos subsidios agrícolas de EEUU. Este foi o desafío máis significativo á estrutura de subsidios agrícolas de EEUU desde que a OMC enviase o sinal favorable a Brasil no 2005.
En xuño de 2007, o goberno canadiano pediu á OMC que establecese un panel de conflito para investigar a súa acusación. Baixo as regras da OMC, EEUU pode proporcionar ata 19.100 millóns de dólares anuais en subsidios que se consideran distorsionadores do comercio. Canadá asegura que EEUU rachou as regras cada ano, desde 1999 a 2005, agás no 2003.
Gretchen Hamel, voceira dos representantes comerciais de EEUU, esbardallou sobre a posición tomada previamente polos funcionarios de estadounidenses que manexaron o conflito con Brasil. «Negociación, non pleito –dixo–, é o camiño para a remoción das distorsións comerciais en agricultura e mellorar as oportunidades para os granxeiros e os produtores de todo o mundo».
EEUU di que necesita renovar a cláusula da paz para protexerse contra os pleitos mentres «está no proceso de reducir os seus subsidios que distorsionan o comercio». Pero Oxfam observou que as propostas incluídas na nova cláusula da paz realmente permitirían que EEUU aumentase os seus subsidios á agricultura inferiores a 20 mil millóns de dólares a case 23 mil millóns. A proposta da UE permitiríalle aumentar os subsidios agrícolas desde 23 mil millóns a 33 mil millóns de dólares.
Os países pobres, que carecen de excedentes para subsidiar os défices de rendibilidade dos seus agricultores, tampouco terían ningunha axuda global como para responder, ningún poder económico e ningunha posibilidade de reclamos legais.
A OMC COLAPSA, OS EEUU SUBSIDIAN A SÚA AGRICULTURA E OS PAÍSES POBRES SOFREN A FAME
Nos discursos oficiais dos inventores, xestores e outros administradores mundiais da globalización comercial capitalista, podemos escoitar os lemas: «liberdade de comercio, liberdade de empresa, fóra as barreiras aduaneiras, libre competividad comercial empresarial, non ao estado regulador e controlador, fóra a intervención estatal» e moitas outras polo estilo. Pero a verdade é que ao momento que deixamos competir un labrego brasileiro cun agricultor norteamericano, o primeiro produce máis e a menor custo e entón o goberno dos EEUU axuda economicamente á súa xente. É dicir, soamente cando isto lles convén falan de globalización.