TOD@S SOMOS IRLANDESES

Por medio dunha intensísima propaganda mentireira, con todo tipo de presións, chantaxes e ameazas de “caos”, unha santa alianza de poderosos gobernos europeos cos seus medios de comunicación e colaboradores da seudo-esquerda, martelaron nos irlandeses para que votaran SI.

Mais Irlanda, que seica representa somente o 5% da poboación de toda a Unión Europea, rexeitou con decoro, coma antes outros povos, que a confundisen coas súas arrogantes e prepotentes clases dirixentes.


Coherente co seu histórico e secular combate pola irrenunciábel soberanía fronte a un desafiante imperialismo, non moi diferente do que denunciaran Marx e Engels no século XIX, o povo traballador irlandes amosouse digno dos seus milleiros de heroes históricos mortos pola súa liberación e independencia, en primeiro lugar do seu lider revolucionario, marxista e patriota James Connolly.

O PCPG congratúlase desta vitoria, que consideramos de todos os traballadores e forzas progresistas europeas, e desde este modesto espazo de comunicación enviamos os nosos parabens e solidariedade internacionalista e de clase, nomeadamente aos nosos camaradas e irmáns do PC Irlandés, ao Sim Fein e outras forzas de esquerda por ter conquistado este NON que fortalece a nosa loita comun contra o imperialismo e a inxustiza capitalista, e devolve a esperanza nun futuro mellor e máis libre para todos os povos de Europa.

Máis cedo que tarde os povos e traballadores do continente retomaremos o camiño da nosa verdadeira unidade, liberdade e progreso facendo imposíbel a construcción dunha prisión chamada UE, profundamente opresora e antisocial, antidemocrática e antinacional.

Venceremos!. [Voltar ao inicio desta nova]