O Partido conta coa fortaleza e experiencia acadadas nestes difíciles anos de período especial. Aínda así, os seus dirixentes, cadros e militantes teñen que traballar arreo para continuar perfeccionando o seu traballo e a súa autoridade diante das masas.
A axenda tratada hoxe en Plenario e os acordos adoptados constitúen un paso importante nesa direción e tamén na de afianzar o papel do Partido como vangarda organizada da nación cubana, que o situarán en mellores condicións para enfrontar os desafíos do futuro e, como expresou o compañeiro Fidel, para asegurar a continuidade da Revolución cando aquí xa non estean os seus dirixentes históricos.
Nese empeño, teremos, como meta principal, que seguir mellorando o noso aínda imperfecto, sen embargo xusto, sistema social diante da realidade actual que sabemos é extremadamente complexa e mutabel, e todo indica que así seguirá sendo no futuro.
Abonda citar o prezo dos alimentos en constante ascensión e o dos combustibeis, insostibeis para os países sub desenvolvidos importadores de ambos, como tamén o cambio climático, que dunha forma ou doutra os afecta. Xa que logo, hai aqueles que xa avistan grandes desordes e conflitos neste mundo diante da fame crecente, ao que se debe engadir o que pode desencadearse cara a escaseza de fontes de abastecemento de auga potábel.
A produción de alimentos debe constituír a tarefa principal para as dirixentes do Partido. É preciso que estean conscientes de que no presente e, até onde é posíbel vislumbrar, no futuro é un asunto de máxima seguridade nacional
En particular, esixe dos primeiros secretarios de municipios e provincias que dean o máximo apoio e controlen rigorosamente, non por papeis e reunións e si no terreo, falando directamente cos encargados da produción sobre a execución das medidas que empezaron a ser aplicadas na agricultura, sobre todo o traballo das delegacións municipais recén constituídas. Aos factores que anteriormente mencionei, e que de por si tornan complexo o escenario en que o noso país se desenvolve, acrecento que se a extrema dereita en Estados Unidos consegue imporse novamente nas eleccións de Novembro, o que non é unha certeza, pero unha posibilidade real, o clima mundial de inestabilidade e violencia continuará presente e podería aumentar, con efectos diretos para o noso país. O Partido, o Estado e o goberno, as organizacións de masas, sociais e xuvenís, en fin, o noso povo, debe ter en conta esas realidades e perspectivas. Diante disto, non hai outra alternativa que traballar unidos para seguir adiante, avanzando co mesmo espírito de loita e firmeza destes case 50 anos de Revolución, transcorridos en medio a constantes agresións, ameazas, guerras e hostilidades de todo tipo a que o imperio nos someteu. Nestes tempos, e os que están por vir, é necesario e decisivo contar con institucións políticas, estatais, de masas, sociais e xuvenís fortes. Reafirmo o que expresei no pasado 24 de Febreiro: canto maiores foren as dificultades, máis orde e materia serán requiridas, e para iso é vital reforzar a institucionalidade, o respecto á lei e as normas establecidas por nós mesmos. Os acordos que aprobamos poñen fin á etapa de carácter provisional iniciada o 31 de Xullo de 2006 coa Proclamación do Comandante en Xefe ata a mensaxe en que nos expresou o seu propósito de ser só un soldado das ideas, en véspera de 24 de Febreiro de 2008. Durante eses 19 meses, traballamos colexiadamente xunto a outros compañeiros tendo por base a delegación de funcións que el determinou. A isto referinme máis amplamente no punto da axenda sobre a Comisión do Buró Político. Antes de concluír, gostaría abordar outros dous importantes temas. O primeiro é informarlles que, no exercicio das facultades que a lei me confire, decidín designar o Vicepresidente do Consello de Ministros, compañeiro José Ramón Fernández Álvarez, para atender, orientar, controlar e coordinar o traballo dos ministerios de Educación e Educación Superior, ademais do INDER, ben como as actividades relativas á educación que outros organismos da Administración Central do Estado desenvolven, incluíndo os centros de ensino e universidades militares. No exercicio destas facultades manterame plenamente informado, en especial das actividades que pola súa importancia e transcendencia requiran ser consultadas previamente ou informadas de modo inmediato. Todos nós coñecemos as calidades do compañeiro Fernández e os resultados acadados nas numerosas tarefas cumpridas, a maioría asociadas á educación, tanto nas FAR como en institucións civís. Tivemos o privilexio de contar na nosa longa loita co seu dinamismo e capacidade organizativa, ao que se suma a súa honestidade, experiencia e coñecementos. Confiamos que o seu traballo axudará a volver máis coherente e efectiva a acción do Goberno nun campo de significado estratéxico para o presente e o futuro da Revolución. Desexamos que xurdan moitos máis inspirados no seu exemplo. O segundo asunto é sensibel e ata polémico. Esta mañá, a proposta do Buró Político, o Consello de Estado acordou conmutar a pena de morte dun grupo de condenados. Correspóndelles, a cambio, a privación perpetua de liberdade, agás aos que cometeron o feito delituoso antes de establecerse esta sanción no noso Código Penal, polo que lles sería aplicabel a condea de 30 anos de cárcere. Algúns condeados levaban longos anos á espera do pronunciamento do Consello de Estado. Esta situación preséntase, sobre todo pola política adoptada desde o ano 2000 de non executar ningunha sanción deste tipo, que só foi interrompida en Abril de 2003 para frear a onda de máis de 30 intentos e planos de secuestro de avións e barcos, alentados pola política de Estados Unidos, concomitante coa recén iniciada guerra en Iraque. Os condeados, na súa maior parte, cometeron delitos comúns de máxima gravidade, esencialmente contra a vida. Son crimes que se fosen levados a xuízo novamente, sería difícil non reciban a mesma pena. Sabemos tamén que a opinión maioritária do noso pobo, diante destes casos, é favorable a mantela. Está pendente a tramitación dos recursos de apelación polo tribunal Supremo Popular de tres acusados, os cales serán analisados proximamente. Un salvadoreño e un guatemalense por actos terroristas con bombas contra hoteis no 1997, un dos cales causou a morte do turista italiano Fábio di Celmo, ambolosdous financiados e dirixidos polo famoso criminal Luís Posada Carriles, que hoxe pasea libremente polas rúas de Miami. Tamén o dun cubano procedente de Estados Unidos, autor do asasinato do compañeiro Arcilio Rodríguez García, que ocorreu durante a infiltración dun comando terrorista armado pola zona de Caibarién. Só podo afirmar, dentro de nosas prerrogativas, que a decisión final do Consello de Estado non estará en contradición coa política expresada anteriormente – refírome aos tres casos anteriormente mencionados. Adoptou-se esta decisión non por presións e si como un acto soberano, en consonancia coa conduta humanitaria e ética que caracteriza a Revolución Cubana desde o seu inicio, animada sempre por un espírito de xustiza e non de vinganza, consciente ademais diso que o compañeiro Fidel é favorabel a eliminar, cando as condicións propicias estiveren presentes, a pena de morte por calquera tipo de delito e que se opón aos métodos extra-xudiciais que algúns países ben coñecidos practican sen calquera pudor. Non significa que suprimamos a pena capital do Código Penal. En diversas ocasións discutimos o tema e sempre prevaleceu o criterio de que nas actuais circustancias non podemos desarmarnos fronte a un imperio que non cesa de asediarnos e agredir. O terrorismo contra Cuba gozou de total impunidade en Estados Unidos. Trátase dun verdadeiro terrorismo de Estado. Non nos esquezamos que cando no ano 1959 a suprimimos, de certa maneira isto constituíu un estímulo para que actos contra a Revolución fosen cometidos por aqueles que, pensando que o noso proceso sería efémero, o seu cárcere podería erixílos en heróes diante do futuro interventor yanqui. Os nosos inimigos alimentaron ducias de bandas de insolentes que enloitaron ao noso povo, asasinando mozos alfabetizadores e campesiños; lanzaron ataques piratas; sabotaron os principais sectores da economía e desenvolveron centos de planos de atentados contra os nosos dirixentes, en especial contra o Xefe da Revolución. Sería inxénuo e irresponsabel renunciar ao efecto disuasivo que a pena capital provoca nos verdadeiros terroristas mercenarios a servizo do imperio, porque poría en perigo a vida e a seguridade do noso povo. En todos estes anos ocorreron 713 actos de terrorismo contra Cuba, 56 deles a partir de 1990, organizados e financiados a partir do territorio norteamericano, cun saldo de 3.478 mortos e 2.099 incapacitados. Fomos forzados a elixir, en lexítima defensa, o camiño do establecemento e da aplicación de leis severas contra os nosos inimigos, mais sempre apegados a máis estrita legalidade e con respecto ás garantías xudiciais. Cuba revolucionaria non coñece un único caso de tortura, de desaparecidos, execucións extra-xudiciais, nin cárceres clandestinos, mentres, como vostedes saben, nalgúns dos auto-intitulados gobernos democráticos que aboliron ou manteñen a pena de morte e nos critican, estas situacións ocorren con frecuencia. Algúns tamén permiten que voos clandestinos da Axencia Central de Intelixencia norteamericana sexan realizados con detidos sobre o seu territorio, para diferentes centros de tortura, mais escandalízanse cando aplicamos as nosas leis. Aínda que a pena de morte estea prevista na nosa lexislación, debido ás razóns específicas explicadas e xustificadas de sobra, Cuba comprende e respecta os argumentos do movemento internacional que propón a súa eliminación ou moratoria. Por esa razón o noso país non votou contra tais iniciativas nas nacións Unidas. Estamos certos que o noso povo, incluíndo os familiares das vítimas, comprenderá as razóns que fundamentan esta decisión, como unha proba máis da fortaleza da Revolución. Por último, quero expresarlles que o Bureó Político considera necesario realizar o VI Congreso do Partido. En reunión efectuada na mañá de hoxe, avaliamos propoñer a este Plenario do Comité Central que sexa realizado ao final do segundo semestre do ano próximo, aínda que a convocatoria oficial sexa anunciada en momento oportuno. Constituirá unha magnífica oportunidade para meditar colectivamente a respeito das experiencias destes anos de Revolución no poder nun momento importante para conformar, con proxección para o futuro, a política do Partido nos diferentes ámbitos da nosa sociedade. Compañeiras e compañeiros: Se traballamos duramente nestes últimos meses, teremos que facer moito máis nos que están por diante. Confío que cada un saberá cumprir o seu deber a partir da responsabilidade ou tarefa que teña, coa entrega, sabedoría e fidelidade esixidas polo momento que estamos a vivir. Dou por pechada a reunión.
Moitas grazas. Voltar ao inicio desta nova