NO 50 ANIVERSARIO DA FRONTE ORIENTAL "FRANK PAIS": A FORZA NON RADICABA NO NÚMERO

A FORZA NON RADICABA NO NÚMERO, TIÑAMOS A CONVICCIÓN DE QUE A VICTORIA ERA POSIBEL

Os revolucionarios cubanos non se permitiron un só minuto de tregua, e contaron co apoio dun pobo unido

Discurso de José Ramón Machado Ventura, membro do Buró Político, e Primeiro Vicepresidente dos Consellos de Estado e de Ministros, no acto polo Aniversario 50 da IIª Fronte Oriental Frank Pais.

Compañeiro Raúl;

Fundadores e demais combatentes da Segunda Fronte Oriental Frank Pais García;

Compañeras e compañeiros:

Celebramos o aniversario 50 da Segunda Fronte Oriental Frank Pais, ao igual que outros moitos fitos da nosa historia, pese aos cincuenta anos de agresións incesantes en todos os terreos, dun inimigo sumamente poderoso e carente de moral, que fixo canto estivo ao seu alcance no seu afán de derrotarnos.

Nesa férrea vontade e capacidade de resistencia que foron garantías de cada unha das nosas vitorias, dúas razóns teñen presenza invariabel: os revolucionarios cubanos non se permitiron un só minuto de tregua e contaron sempre co apoio decidido e consciente dun povo unido, durante estas máis de cinco décadas de traballo e combate permanentes.

Só ese constante accionar para un claro obxectivo, baixo a certeira condución dun líder brillante, valente e decidido, explican que o 11 de marzo de 1958, a Columna Num. 6 Frank País, procedente da Sierra Maestra, arribara a Piloto do Medio para deixar constituída a nova fronte de combate e cumprir así a primeira fase da misión encomendada polo Comandante en Xefe do Exército Rebelde.

Transcorreran exactamente 14 meses e 22 días, desde o histórico momento en que diante dos primeiros 8 guerrilleiros con 7 fusiles reunidos tra-la derrota de Alegría de Pio, Fidel exclamase seguro: "¡Agora si gañamos a guerra!".

Tan contundente afirmación foi recibida cunha mestura de incredulidade e decisión por aqueles homes esfameados, abrumados polo cansazo físico e o constante perigo, a quen non pasou sequera pola mente que apenas os safastaban dous anos e uns días da victoria definitiva sobre o exército da tiranía, que entón os acosaba por todas partes.

A imborrabel escola de esforzo e sacrificio da Sierra Maestra, reafirmada tras meses de vencer cotidianamente a fame, o frío, o cansanzo das longas marchas e as tensións de numerosos combates, chegou a este lugar do Oriente cubano con aquela tropa á vez feliz e exhausta.

A FORZA NON RADICABA NO NÚMERO, TIÑAMOS A CONVICCIÓN DE QUE A VICTORIA ERA POSIBLE

A súa forza non radicaba no número pois integrabámola só 78 homes, entre os cales só 50 estaban armados, pero contabamos con algo decisivo para acadar a victoria: a convicción de que esta era posibel e a dureza de carácter acadada na forxa de rigor e disciplina que constituíu a Columna Nai do Exército Rebelde.

O xefe do nova fronte guerrilleira, o recén ascendido Comandante Raúl Castro Ruz, era xa, como ata hoxe, un firme convencido de que o revolucionario dirixe en primeiro lugar co exemplo e de que a inercia e a inactividade son os peores inimigos dunha Revolución verdadeira.

O superior desenvolvemento económico, social e político do novo territorio permitiu que as ideas acerca da condución da guerra revolucionaria, xa materializadas nas montañas da Sierra Maestra, atopasen terreo fértil e puidesen levarse á práctica con elevada eficacia, grazas á condución certeira e creadora do seu xefe.

O compañeiro Fidel, na entrevista que Tomás Borge reseñou no libro “Un grao de millo”, resúmeo así:

"O primeiro comandante que sae a abrir unha fronte fóra da Sierra Maestra é Raúl, e demostrou notabeis capacidades de xefe e de organizador, un grande sentido da responsabilidade, moita firmeza revolucionaria. Realiza un grande traballo político entre os campesiños, desenvolve unha influencia moi positiva en todos os cadros e todos os xefes", concluíu.

É unha opinión que sei compartimos todos os seus compañeiros de loita, aínda que ningún o diga en público porque sabe que o aludido responderá seguramente cunha reprimenda.

Pero contraeriamos unha imperdoabel débeda coa verdade e deformaríamos ademais a historia, se polo menos non mencionamos, neste aniversario 50 da Segunda Fronte Oriental Frank País, o decisivo papel desempeñado polo seu xefe, o compañeiro Raúl Castro.

Só o especial momento que lle tocou vivir explica que con 27 anos, fose capaz de asumir con éxito tan complexa tarefa sen dar a menor sinal de vanidade ou encumbramento, que con frecuencia afectan aos que sendo tan mozos asumen altas responsabilidades.

Invariabelmente tratounos a todos por igual, xa fósemos os seus contemporáneos ou compañeiros maiores, demostrando unha madurez que xeralmente se espera dun xefe de moitos máis anos.

Soubo combinar a esixencia estrita co afecto e a capacidade de escoitar dun irmán. Todos o vimos como un apoio e tivemos suficiente confianza para plantearlle calquera problema, en lugar, tempo e forma, como el afai a dicir. Desde entón, quen tivemos o privilexio de traballar xunto a el, nos esforzamos en seguir o seu exemplo no noso traballo, aínda que non sempre con éxito.

Cando os integrantes da Columna 6 chegamos a este lugar fai 50 anos, percibimos de contado que pisabamos terreo fértil. Os que moraban nos 12 000 quilómetros cadrados que chegou a abarcar posteriormente o territorio da Segundo Fronte, sufriran en carne propia ou coñecida de familiares próximos, a desapiadada explotación dos grandes monopolios norteamericanos, propietarios do groso das mellores terras e os recursos mineiros, aos que se sumaban con métodos semellantes os latifundistas do patio. Iso explica a inmediata disposición popular a cooperar co Exército Rebelde.

O compañeiro Raúl, un día coma hoxe do ano 1978, neste mesmo sitio, resumiu a axuda de labregos e traballadores con estas fermosas palabras:

"Compartiron connosco súas poucos alimentos, abrigáronnos baixo o humilde teito dos seus bohíos, curaron os nosos feridos, lavaron as nosas roupas; eles ofrecían voluntariamente a súa contribución económica á Fronte, alertábannos sobre os movementos do inimigo, guiaban ás tropas por carreiros só por eles coñecidos; e como exemplares discípulas de Mariana Grajales, moitas nais entregáronnos aos seus fillos e non poucas reclamaron empuñar, elas, o arma do fillo caído en combate ao que acababamos de sepultar", fin da cita.

Non podía esperarse outra actitude das mulleres e homes nados nestas montañas, onde cada amencer parece que o clarín libertador chama novamente ao combate.

Nesta terra o indio enfrontou a peito limpo a espada do conquistador e o cimarrón preferiu morrer na súa cova antes que volver a ser escravo.

Estes carreiros e montes atesoran as pegadas de José Martí, Máximo Gómez, Antonio e José Maceo, Flor Crombet, Guillermón Moncada e tantos outros próceres á fronte dos seus heroicos mambises.

Este foi o cenario de incontabeis batallas campesiñas e obreiras por dereitos esquilmados durante a república burguesa.

FAI MEDIO SÉCULO OS HUMILDES TRABALLADORES COMPRENDERON QUE O EXÉRCITO REBELDE REPRESENTABA AS VERDADEIRAS TRANSFORMACIÓNS

Aquí, fai medio século, os humildes traballadores do campo, as minas e os enxeños azucareiros pronto comprenderon que o Exército Rebelde representaba a firme decisión de levar adiante verdadeiras transformacións en favor das humildes, e con paixón patriótica sumáronse a ese empeño.

No propio transcurso da guerra comezaron a transformarse as pésimas condicións de saúde e hixiene responsables da morte de miles de seres humanos, fundamentalmente nenos, nun territorio carente de atención médica e de suficientes escolas, cun dos máis altos índices de analfabetismo do país.

O incesante batallar do Exército Rebelde no terreo militar estivo acompañado, tan pronto existiron as condicións mínimas, do exercicio eficiente do poder popular e revolucionario a través da Comandancia Central e os mandos das columnas.

A povoación gozou por primeira vez de servizos de saúde, educación e xurídicos, entre outros beneficios; na penas algo máis de 9 meses de campaña e baixo os golpes da aviación inimiga, foron feitos transitabeis 274 quilómetros de camiños e instaláronse 88 quilómetros de liñas telefónicas e 13 plantas de radio.

Cando diante dos perigos da guerra e as medidas adoptadas polo tirano, deixaron de acudir ao territorio liberado a inmensa maioría dos mestres, o Exército Rebelde garantiunos con combatentes e sobre todo con povoadores seleccionados da zona, en cifra superior aos 400, que impartiron aulas a máis de 4 500 alumnos, entre as escolas que existían e algunhas que se criaron. Na fronte da saúde, fundáronse 20 hospitais con servizos de laboratorio e algúns con equipos de raios X.

Os transmisores instalados na Fronte multiplicaron a potencia de Radio Rebelde, o xornal Surco estabilizou a súa publicación e a Escola Política de Tumba Sete sobresaíu no labor político-ideolóxico coa tropa.

Mención especial merecen os Comités de Campesiños Revolucionarios. Estes deron un decisivo apoio material e nas tarefas de vixilancia, que tivo como colofón a celebración do Congreso Labrego en Armas en setembro de 1958.

Pouco despois, o 8 de decembro, o territorio liberado foi sede tamén do Congreso Obreiro en Armas.

E todo iso foi só o preludio das transformacións ocorridas tralo triunfo revolucionario. Se alguén dos que chegamos a este lugar en marzo de 1958 non regresase ata hoxe, sinxelamente non recoñecéseo.

É imposibel sequera relacionar os logros nos distintos frontes, a partir da vitoria acadada o primeiro de xaneiro de 1959. Mencionarei só uns poucos exemplos.

No territorio que entón incluíu a Segunda Fronte, o índice de mortalidade infantil é hoxe de 5,1 falecidos por cada mil nados vivos, un dos mellores do país e por tanto superior ao dos Estados Unidos. Actualmente a esperanza de vida supera os 76 anos neste lugar onde fai medio século moitos eran vellos, física e psicoloxicamente, con a penas catro décadas de vida.

Nos centos de centros das ensinanzas primaria, media e universitaria construídos pola Revolución, graduáronse nestes anos miles de profesionais e hoxe é unha realidade a universalización do ensino superior.

Esa xigantesca obra de amor e xustiza constitúe, como expresase o compañeiro Raúl en ocasión do vixésimo aniversario do Segundo Frente:

"O máis transcendente, perdurabel e grandioso monumento que o noso povo erixe aos heroes".

É deber dos revolucionarios de hoxe continuar avanzando polo camiño que eles nos trazaron co seu sangue e esforzo. Non sentarse a pedir que outros fagan, senón por o ombro xunto aos que achegan cotidianamente suor e intelixencia, sen reclamar nada a cambio, no esforzo por perfeccionar canto fixemos até o presente, para "mudar todo o que debe ser mudado", como nos ensina Fidel, de cara a afortalar cada vez máis o noso socialismo.

Nas súas Reflexións e nos recentes discursos do Segundo Secretario del Partido, temos unha precisa guía para a acción.

Se chamanos en cada lugar e coa participación de todos, a medrar na produción, especialmente de alimentos, e a prestar un mellor servizo; a incrementar as nosas exportacións e reducir importacións; a investir os recursos alí onde máis necesarios sexan e reporten superiores beneficios ao país, que é igual a dicir ao povo; á procura incesante da eficiencia cunha maior organización e aforro; a elevar a orde e a disciplina laboral e social, sen os cales todo o anterior é imposibel de acadar.

É o único camiño realista para continuar elevando paulatinamente o nivel de vida da povoación, un dos obxectivos do socialismo, onde os ingresos deben corresponder á achega á sociedade que realiza ou realizou na súa vida laboral o cidadán, agás os imposibilitados de facelo que serán invariablemente beneficiarios da solidariedade dos seus compatriotas.

Os nosos mortos gloriosos reclámannos, con todo dereito, non abandoar o empeño de preservar a patria libre

Os nosos mortos gloriosos reclámannos, con todo dereito, non cexar no empeño de preservar a patria ceibe, independente e digna que hoxe temos e por conquistar para o noso povo toda a xustiza que soñou Martí. É un ineludibel compromiso cos heroes e mártires de onte e de hoxe.

Así nolo esixen día a día desde estas tumbas, os centos de irmáns caídos no campo de batalla en beneficio da liberdade que hoxe gozamos e por facer posibel o soño de construír un mundo mellor.

A iso nos chaman tamén os inesquecibeis compañeiros e compañeras que tiveron a sorte de gozar o momento sublime da victoria e logo entregaron á causa todas as súas enerxías, mentres tiveron forzas e vida para facelo, como a nosa inesquecibel e querida Vilma Espín, exemplo de muller, revolucionaria e patriota.

Fronte a cada unha das moitas e complexas tarefas do presente, perante cada dificultade material ou subxectiva, teñamos presente o exemplo imborrabel dos nosos irmáns caídos, que entregaron o máis prezado, a vida, polo ben da Patria.

Aos veteranos combatentes da Fronte que aínda hoxe, despois de 50 anos, xunto ás novas xeracións manteñen en alto as bandeiras da Revolución, a aperta de Raúl, a aperta de Fidel.

Gloria eterna aos nosos heroes e mártires!

Viva o aniversario 50 da Segunda Fronte Oriental Frank País!

Viva Fidel!

Viva Raúl!

Viva a Revolución!

14.03.2008 [Voltar ao inicio desta nova]

.