PARTIDOS COMUNISTAS E OBREIROS CHAMAN Á SOLIDARIEDADE DO POVO PALESTINO

Chamamento de partidos comunistas e obreiros en solidariedade co povo palestino de Gaza e Cisxordania.

"Os crimes que se cometeron contra o povo palestino en Gaza e Cisxordania son unha vergoña para a humanidade.

Nos últimos días, desde o comezo desta guerra de agresión contra Gaza, decenas de mártires e centos de feridos cairon, a maioría deles nenos e mulleres. Israel está usando nesta guerra armas prohibidas internacionalmente. Tamén está ocupando o territorio palestino, construíndo novos asentamentos, tronzando árbores e plantas, erguendo o muro da segregación e desafiando decisións internacionais lexítimas. Toda esta tiranía israelíta é apoiada económica, militar e moralmente pola administración ianqui, apoio que se demostra polo envío de buques de guerra norteamericanos á cunca oriental do Mediterráneo, ante as costas de Siria e o Líbano.

Ë claro que a intención deste movemento norteamericano non é manter a seguridade rexional, tal como afirmaron, senón interferir directamente nos asuntos internos dos países da rexión e preparar unha guerra de agresión tendente a impor as súas condicións pola forza na rexión árabe por medio do Consello de Seguridade.

Denunciamos a guerra brutal e agresora, que é devastadora tanto para as persoas como para as infraestruturas en Gaza e Cisxordania, así como o asedio e a política do bloqueo, e chamamos aos grupos palestinos a estar unidos fronte á agresión e a deter o baño de sangue. Tamén chamamos aos gobernos árabes a romper o seu silencio e dar axuda financeira, moral e informativa ao povo palestino.

Chamamos aos movementos populares, sindicatos, movementos de solidariedade e da mocidade, aos partidos políticos de todo o mundo, a denunciar as masacres diarias en Gaza e Cisxordania, a fame negra e o asedio mortal imposto sobre o pobo de Gaza, que non pode obter medicamentos, comida ou combustibel.

Esiximos aos governos que urxentemente adopten posicións de apoio político e humanitario cara ao povo palestino e que denuncien a mobilización dos buques de guerra norteamericanos, que teñen a misión de apoiar a Israel na súa guerra de agresión contra o pobo palestino e ameazar a Siria e ao Líbano.

Marzo de 2008.

Os partidos asinantes:

1. Partido Comunista de Bohemia e Moravia, 2. PADS-Argelia, 3. Tribuna Democrática Progresista-Bahrain, 4. Partido Comunista de Bangladesh, 5. Partido do Traballo de Belxica, 6. Partido Comunista do Brasil, 7. Novo Partido Comunista Británico, 8. Partido Comunista do Canada, 9. Partido Comunista de Chile, 10. Partido Socialista dos Traballadores de Croacia, 11. Partido Comunista en Dinamarca, 12. Partido Comunista de Exipto, 13. Partido Comunista de Finlandia, 14. Partido Comunista de Grecia, 15. Partido dos Obreiros Comunistas de Hungria, 16. Partido Comunista de Irlanda, 17. Partido Comunista de Israel, 18. Partido Socialista de Lituania,19. Partido Comunista do Líbano, 20. Partido Comunista de Luxemburgo, 21. Partido Comunista de Malta, 22. Partido Comunista de México, 23. Novo Partido Comunista dos Paises Baixos, 24. Partido Comunista de Noruega, 25. Partido Comunista do Perú, 26. Partido Comunista Filipino, 27. Partido Comunista Portugês, 28. Partido da Alianza Socialista da Romenia, 29. Partido Comunista da Federación Rusa, 30. Partido Comunista de África do Sul, 31. Partido Comunista dos Povos de España, 32. Partido Comunista da Suecia. [Voltar ao inicio desta nova]