SOLIDARIEDADE COA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTAN

O día 31 de Novembro do 2006 dous membros da A.S.K foron sancionados durante o partido de fútbol que disputaban o Celta de Vigo e o Fenerbaçhe turco. Durante este partido, foi despregada unha pancarta co lema “FREEDOM FOR KURDISTAN”, denunciando o xenocídio que as autoridades turcas levan a cabo contra a poboación kurda.

Aos quince minutos de comenzar o partido de futbol, a policía decidiu quitar do estadio e sancionar a estas dúas persoas, que estaban na mesma grada mais lonxe da pancarta en apoio ás lexítimas reivindicacións que o povo kurdo ven reclamando ao longo de toda a súa historia.

Durante máis de un ano, a Asociación de Solidariedade con Kurdistán, intentou probar o ridicula que resultaba esta sanción (¡8000 euros!), e o absurdo de acusar de conducta “violenta” aos que reclaman xustiza, respeito e democracia para un povo que conta con centos de miles de mortos por reclamar os seus direitos máis fundamentais.

En todo este tempo, a Subdelegación do Governo en Pontevedra, ignorou os recursos do avogado até o punto de non respostar a ningunha das súas razóns; limitándose a denegar os nosos recursos sen ningún tipo de consideración xurídica.

Esgotados os tres recursos perante a subdelegación, o asunto caiu en mans do Ministerio de Interior do estado español.

Despois de un silencio administrativo de máis de catro meses, este ministerio ven de resolver que mantén as acusacións tal e como foron realizadas pola policía e ratificadas pola Subdelegación de Pontevedra.

De novo, os motivos para ratificar a sanción non gardan ningunha relación con as alegacións que fixo a ASK.

Os fundamentos xurídicos nos que se apoia o ministerio son básicamente:

- “la cuestión planteada se circunscribe a cual de las dos versiones de los hechos descritos debe tenerse en cuenta” si o seu ou o da policía. Desde o punto de vista dos compañeiros da ASK, debera ser o denunciante quen probara a nosa participación nos feitos que denuncian. Non o fan, porque é imposibel. Os dous membros sancionados non participaron do despregue da pancarta nin chegaron a situarse detrás da mesma, como se pode apreciar nas fotos da prensa. As detencións foron totalmente arbitrarias e producíronse bastante tempo despois de que a pancarta fora retirada pola policía.

- “los hechos que se le imputan se encuentran probados en el expediente administrativo”. O tal expediente, ademáis de ser unha burla para o sentido común, non aporta ningunha proba máis que a versión dos policías. No momento da detención, os propios policías recoñecen que non saben que é o Kurdistán. Admiten que descoñecen os símbolos que estes dous compañeiros portaban: unha bandeira e unha camisola co anagrama da asociación. Por certo que a A.S.K. (e os símbolos que emprega) é unha asociación legal, constituída e rexistrada na Xunta de Galiza desde o 8 de Xuño de 1998.

Ao día seguinte do partido, todos os xornais publicaban diferentes fotografías da pancarta e os nosos compañeiros non aparecían por ningunha parte.

- A sentencia conclúe que “por la norma administrativa relativa a la prevención de la violencia en los espectáculos deportivos, los altercados producidos y su participación en los mismos son constitutivos de infracción grave”. O que se traduciría en dúas multas de 4000 euros. E todo isto tendo en conta que o expediente policial recoñece que en ningún momento se producíron actos violentos, nin por parte dos sancionados nin polo resto da xente que se atopaba nas gradas. Por isto, nos preguntamos a que “altercados” estánse a referir.

Visto todo isto, a A.S.K., amósase convencida do carácter político de todo este asunto e, polo tanto, da intención represiva de estas sancións.

En conclusión, case un ano e medio despois, a A.S.K. enfróntase a un xuízo por reclamar xustiza e liberdade para un povo non recoñecido polo estado turco. Estado que ven de ser cuestionado polos informes de Amnistía Internacional e por moitos dos países europeos, xustamente por non garantir os máis mínimos direitos civís.

E todo isto, dentro de un estado que se declara a cada momento democrático e respetuoso con as distintas opcións políticas de todos os seus cidadáns. Sobre todo, ou iso din, se por medio non hai violencia de ningún tipo.

Por todo isto, facemos un chamamento á solidariedade con todos aqueles que están sendo vítimas do crecente recorte de liberdades dentro do estado español.

Para recibir máis información das súas actividades, podedes enviar enderezo electrónico a utopiaforo@nodo50.org , ou consultar calquera dúbida no 652 57 47 52.

Para colaborar económicamente cos gastos de avogados, multas… a ASK abriu unha conta con nº 2080 0000 7 2 0003017604.

Caixa dos correios da ASK :: utopiaforo@nodo50.org

http://www.nodo50.org/utopiaforo

[Voltar ao inicio desta nova]