O ataque do Ministerio do Interior contra a existencia legal da KSM comezou en novembro de 2005 baixo o pretexto de que os fins da actividade da KSM entraban en colisión coas materias reservadas aos partidos políticos, segundo as cales, por interpretación do Ministerio do Interior da república Checa, non poden ser tratadas polas asociacións cívicas. Este argumento é completamente infundado porque, segundo o sistema legal checo, a única materia reservada exclusivamente aos partidos políticos é a participación nas eleccións parlamentarias e A KSM non participou nesas eleccións.
A segunda liña de ataque do Ministerio do Interior vai directamente dirixida contra o carácter marxista da KSM. O Ministerio do Interior tentou obrigar á KSM a renunciar ao seu programa político, a súa identidade comunista, fins e base teórica nas ideas de Marx, Engels e Lenin, o cal significaría renunciar completamente ao os seus fundamentos e ideoloxia.
Ao longo do posterior debate entre a KSM e o Ministerio do Interior, o Ministerio abandonou todos os argumentos iniciais e na súa decisión final sobre a prohibición da KSM a finais de 2006, utilizou un novo argumento: o obxectivo programático da KSM de substituír a propiedade privada dos medios de produción pola propiedade colectiva dos medios de produción.
A KSM rexeitou firmemente a política anticomunista e antidemocrática e as medidas do poder estatal checo, organizou unha grande campaña informativa na república Checa e no estranxeiro, interpuxo recurso contra a decisión do Ministerio e intensificou as súas actividades públicas. Neste período crítico a KSM realizou, entre outras actividades, unha moi exitosa campaña contra o plan para construír unha base militar norteamericana na república Checa (a petición da KSM, a máis importante das peticións, que foi asinada por 150.000 cidadáns); a KSM tamén levou a cabo unha loita contra o anticomunismo, en defensa da educación gratuíta para todos (agora de novo ameazada por outro plan para aplicar taxas aos estudos universitarios) e organizou actos públicos contra as desastrosas políticas económicas e sociais do actual goberno de dereita.
Fonte: Mocidade Comunista Checa (KSM) [Voltar ao inicio desta nova]
NOVO ATAQUE ANTIDEMOCRÁTICO Á KSM
Este 19 de marzo de 2008, ás 9 horas, na rúa Hybernska, en Praga, iniciouse un xuízo que decidirá sobre o estatus legal ou ilegal da Unión da Mocidade Comunista (KSM), organización que foi prohibida por decisión do Ministerio do Interior da República checa en outubro de 2006. O xuízo comezou un ano e seis meses despois de que a KSM interpuxese recurso contra a decisión do Ministerio do Interior e só 3 días antes do inicio do 8º Congreso da Unión da Mocidade Comunista (KSM), en Praga.