HOMENAXEADO EN CUBA O NOSO CAMARADA "MONCHO"

Homenaxeado na Habana, veterano loitador comunista.

Por Lina Rei Abeledo*

O 19 de Marzo, precisamente o día no que facía os seus 90 anos, o noso camarada Francisco Rei Balbís, Moncho, foi obxecto dunha sinxela e cálida homenaxe, no nome do Partido Comunista de Cuba, por parte de compañeiros do Departamento de Relacións Internacionais do Comité Central.

Presidiu a actividade o compañeiro Oscar Martínez. Achábanse presentes ademais os compañeiros Teresita Trujillo e Juan Carlos Marsán, funcionarios do departamento, e acompañaban ó camarada Moncho a sua compañeira Isabel Alvarez, a sua filla Lina e a camarada Teresa Pantoja en representación do PCPE.

As actividades deron comezo con un percorrido polo memorial José Martí, baseado no monumento ó grande heroi cubano e latinoamericano.

Nada mais acertado que este achegamento á vida e obra de Martí para homenaxear a un home que adicou toda a sua vida á defesa dos ideais do comunismo, entregando nos seus mellores anos á loita armada contra o franquismo, combatindo na sua Galiza natal no Movemento Guerrilleiro, no que chegou a dirixir a IV Agrupación, e que aínda ós seus 90 anos segue completamente activo, apoiando en Cuba non só as actividades do PCPE, a quen representa nesa nación irmá, senon apoiando con todas as suas forzas á Revolución Cubana, da que se sinte parte integrante e que, seguindo a decisión que tomara en 1964, cando por razóns de seguridade escollera o berce da xoven revolución como destino, estará disposto a defender en cuanto lle fique un hálito de vida.

A xornada, cargada de emoción, fixolle lembrar ó Moncho as suas loitas, a sua vida toda, a sua nenez, na que aprendeu a querer á xoven Unión Soviética, do seu pai, quen separaba unha parte do salario para axudar a nacente Revolución rusa; a sua condición de fuxido, xunto co seu curman Xesús; a condea a morte, os anos de cárcere, os longos meses incomunicado, o comezo da sua militancia comunista no cárcere en 1941; a difícil loita nas guerrillas; as veces que salvou a vida de puro milagre, chegando ó campamento inexplicávelmente ileso, co capote cheo de furados; o paso a Francia polos Pirineos xunto a Marita, a sua muller; a loita clandestina en Francia; a irreparável perda da sua compañeira; a chegada a Cuba no 1964 da man da sua pequena filla e a inmensa alegría de atopar a Isabelita, precisamente a nai que Marita lle encargara atopar para a sua filla, como último desexo.

O finalizar a actividade, Oscar Martínez entregoulle a Moncho un Diploma asinado polo compañeiro Fernando Ramírez de Estenoz, membro do Secretariado do Comité Central e xefe do seu Departamento de Relacións Internacionais no que se rende tributo ós seus 90 anos de loita comunista e a sua fonda amizade coa revolución cubana.

Visibelmente emocionado, Moncho acepta o recoñecemento no nome dos seus camaradas de Partido e como lembranza de todos aqueles que deixaron a sua vida no empeño por construiren un mundo mellor e sobre todo con un compromiso renovado de non ceder un palmo na loita contra o imperialismo e na defesa das conquistas da Revolución Cubana.

Así é que remata o emotivo encontro. Co optimismo que o caracteriza e unha fe inquebrantável na Victoria, retírase este mozo de 90 anos, co mesmo espíritu de combate que o animou a coller as armas 7 anos atrás.

Honrar, Honrar, dicía Xosé Martí, e nesta xornada cumpríuse, unha vez mais, o sabio precepto martiano.
.
* Lina Rei Abeledo,
a autora de esta crónica que o PCPG traduciu á nosa lingua, é filla de Moncho, camarada nosa e científica cubana
.
-Ver tamén referencia a esta homenaxe publicada no Granma
[+]

[voltar ao inicio]

DUAS MAGNÍFICAS REFLEXIÓNS DE FIDEL

"A internacionalización
do xenocidio"

[3-4-2007]
.

A reunión de Camp David acaba de concluir. Todos escoitamos con interese a conferencia de prensa dos Presidentes dos Estados Unidos e Brasil, así como as noticias en torno á reunión e as opinións verquidas.

Enfrontado Bush ás demandas de seu visitante brasileiro sobre tarifas arancelarias e subsidios, que protexen e apoian a produción norteamericana de etanol, non fixo en Camp David a máis mínima concesión.

O presidente Lula atribuíu a isto o encarecemento do millo, que de acordo coas súas palabras elevárase en máis dun 85 por cento.

Xa antes, o xornal The Washington Post publicou o artigo da máxima autoridade de Brasil, onde expuxo a idea de converter os alimentos en combustibel.

Non é a miña intención magoar a Brasil, nin mesturarme en asuntos relacionados coa política interna dese grande país. Foi precisamente en Río de Janeiro, sede da Reunión Internacional sobre o Medio Ambiente, fai exactamente 15 anos, onde denunciei con vehemencia, nun discurso de 7 minutos os perigos medioambientais que ameazaban a existencia da nosa especie. Naquela reunión estaba presente Bush pai como presidente de Estados Unidos, que en xesto de cortesía aplaudiu aquelas palabras, igual que todos os demais presidentes.

Ninguén en Camp David respondeu á cuestión fundamental. Onde e quen van subministrar os máis de 500 millóns de toneladas de millo e outros cereais que Estados Unidos, Europa e os países ricos necesitan para producir a cantidade de galóns de etanol que as grandes empresas norteamericanas e doutros países esixen como contrapartida das súas cuantiosas investimentos? Onde e quen van producir a soia, as sementes de xirasol e colza, cuxos aceites esenciais eses mesmos países ricos van converter en combustible?

Un número de países producen e exportan as súas excedentes de alimentos. O balance entre exportadores e consumidores era xa tenso, disparando os prezos dos mesmos. En beneficio da brevidade, non me fica outra alternativa que limitarme a sinalar o seguinte:

Os cinco principais produtores de millo, orxo, sorgo, centeo, millo miudo e avea que Bush quere converter en materia prima para producir etanol, suministran ao mercado mundial, segundo datos recentes, 679 millóns de toneladas. Pola súa vez, os cinco principais consumidores, algúns dos cales son tamén produtores destes grans, necesitan actualmente 604 millóns de toneladas anuais. O excedente dispoñibel redúcese a menos de 80 millóns de toneladas.

Esta colosal dilapidación de cereais para producir combustible, sen incluír as sementes oleaxinosas, só serviría para aforrarlles aos países ricos menos do 15 por cento do consumo anual dos seus voraces automóbeis.

Bush en Camp David declarou a súa intención de aplicar esta fórmula a nivel mundial, o cal non significa outra cousa que a internacionalización do xenocidio.

O Presidente de Brasil, na súa mensaxe publicado por The Washington Post, véspera do encontro en Camp David, afirmou que menos do un por cento da terra cultivabel brasileira adícase á cana para producir etanol. Esa superficie é case o triple que a que se empregaba en Cuba cando se producían case 10 millóns de toneladas de azucre, antes da crise da URSS e do cambio climático.

O noso país leva máis tempo producindo e exportando azucre, primeiro a base do traballo dos escravos, que chegaron a sumar máis de 300 mil nos primeiros anos do século XIX e converteron a colonia española no primeiro exportador do mundo. Case cen anos despois, a principios do século XX, na república mediatizada, cuxa independencia plena frustrou a intervención norteamericana, só inmigrantes antillanos e cubanos analfabetos cargaban o peso do cultivo e o corte da cana. A traxedia do noso pobo era o chamado tempo morto, polo carácter cíclico deste cultivo. As terras caneiras eran propiedade de empresas norteamericanas ou de grandes terratenentes de orixe cubano. Acumulamos, polo tanto, máis experiencia que ninguén sobre o efecto social dese cultivo.

O pasado domingo primeiro de abril, a CNN informaba a opinión de especialistas brasileiros, que afirman que moitas das terras dedicadas ao cultivo da cana foron adquiridas por norteamericanos e europeus ricos.

Nas miñas reflexións publicadas o 29 de marzo expliquei os efectos do cambio climático en Cuba, ao que se engaden outras características tradicionais do noso clima.

Na nosa illa, pobre e lonxe do consumismo, non habería sequer persoal suficiente para soportar os duros rigores do cultivo e a atención aos canavais en medio da calor, as choivas, ou as secas crecentes. Cando azoutan os ciclóns, nin sequer as máquinas máis perfectas poden colleitar as canas deitadas e retorcidas. Durante séculos non se adoitaba queimalas, nin o chan se compactaba baixo o peso de complexas máquinas e enormes camións; os fertilizantes nitroxenados, potásicos e fosfóricos, hoxe costosísimos, nin sequer existían, e os meses secos e húmidos alternábanse regularmente. Na agricultura moderna non hai rendementos elevados posibeis sen rotación de cultivos.

A Axencia Francesa de Prensa transmitiu o domingo primeiro de abril informacións preocupantes sobre o cambio climático, que expertos reunidos por Nacións Unidas consideran algo xa inevitabel e de graves consecuencias nas próximas décadas.

“O cambio climático afectará ao continente americano de forma importante, ao xerar máis tormentas violentas e olas de calor, que en Latinoamérica provocarán secas, con extinción de especies e incluso fame, segundo o informe da ONU que debe aprobarse a próxima semana en Bruxelas.

“Ao fin do actual século, cada hemisferio sofrirá problemas de auga e, se os gobernos non toman medidas, o aumento de temperaturas podería incrementalos riscos de ‘mortalidade, contaminación, catástrofes naturais e enfermidades infecciosas', advirte o Grupo Intergobernamental do Cambio Climático (IPCC).

“En Latinoamérica, o aquecemento xa está derretendo os glaciares dos Andes e ameaza ao bosque do Amazonas, cuxo perímetro se pode ir convertendo nunha sabana”, continúa afirmando o cable.

“Por mor da gran cantidade de poboación que mora perto das costas, Estados Unidos tamén se expon a fenómenos naturais extremos, como demostrou o furacán Katrina o ano 2005.”

“Este é o segundo informe do IPCC dunha serie de tres, que se abriu o pasado febreiro cunha primeira diagnose científica onde se establecia a certeza do cambio climático.”

“Nesta segunda entrega de 1.400 páxinas, na que se analiza o troco por sectores e rexións e do que a AFP obtivo unha copia, considérase que, aínda que se tomen medidas radicais para reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, o aumento de temperaturas en todo o planeta nas próximas décadas xa é seguro”, conclúe a información da axencia francesa de noticias.

Como era de esperar, Dan Fisk, asesor de Seguridade Nacional para a rexión, declarou o propio día da reunión de Camp David que “na discusión de asuntos rexionais, o tema de Cuba sería un deles e non precisamente para abordar o tema do etanol - sobre o cal o Presidente convaleciente Fidel Castro escribiu un artigo o xoves- senón sobre o fame que creou no pobo cubano”.

Pola necesidade de dar resposta a este cabaleiro, vexome no deber de lembrarlle que o índice de mortalidade infantil en Cuba é menor que o de Estados Unidos. Pode asegurarse que non existe cidadán algún sen asistencia médica gratuíta. Todo o mundo estuda e ninguén carece de oferta de traballo útil, a pesar de case medio século de bloqueo económico e o intento dos gobernos dos Estados Unidos de render por fame e asfixia económica ao pobo cubano.

China xamais empregaría unha soa tonelada de cereais ou de leguminosas para producir etanol. Trátase dunha nación de economía próspera que bate récords de crecemento, onde ningún cidadán deixa de recibir os ingresos necesarios para bens esenciais de consumo, a pesar de que un 48 por cento da súa poboación, que supera os 1.300 millóns de habitantes, traballa na agricultura. Pola contra, propuxose facer considerabeis aforros de enerxía eliminando milleiros de fábricas que consumen cifras inaceptabeis de electricidade e hidrocarburos. Moitos dos alimentos mencionados impórtaos desde calquera recuncho do mundo despois de transportalos miles de quilómetros.

Decenas e decenas de países non producen hidrocarburos e non poden producir millo e outros grans, nen sementes oleaxinosas, porque o auga non lles acada nin para cubrir as súas necesidades máis elementais.

Nunha reunión convocada en Bos Aires pola Cámara da Industria Aceitera e o Centro de Exportadores sobre a produción de etanol, o holandés Loek Boonekamp, director de Mercados e Comercio Agrícola da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OCDE), declarou á prensa que:

“Os gobernos entusiasmaronse moito; deberían ter unha mirada fría acerca de se debe haber apoio tan robusto ao etanol.

“A produción de etanol só é viable en Estados Unidos; en ningún outro país, agás que se apliquen subsidios.

“Isto non é maná do ceo e non nos temos que comprometer cegamente”, prosegue o cable.

“Hoxe os países desenvolvidos impulsan que os combustibeis foseis sexan mesturados con biocombustibeis en perto do 5 por cento e iso xa presiona aos prezos agrícolas. Se ese establo se elevase a 10 por cento, necesitaríase 30 por cento da superficie sementada en Estados Unidos e 50 por cento da de Europa. Por iso pregunto se isto é sustentabel. O aumento da demanda de cultivos para etanol producirá prezos máis altos e inestabeis.”

As medidas proteccionistas elévanse hoxe a 54 centavos por galón e os subsidios reais acadan cifras moito máis altas.

Aplicando a sinxela aritmética que aprendemos no preuniversitario, comprobaríase que o simple troco das lámpadas incandescentes por tubos fluorescentes, como expresei na miña reflexión anterior, aportaría un aforro de investimento e de recursos enerxéticos equivalente a millóns de millóns de dólares, sen utilizar unha soa hectárea de terra agrícola.

Entre tanto, noticias públicas procedentes de Washington afirman textualmente a través da AP:

“A misteriosa desaparición de millóns de abellas en todo Estados Unidos ten aos apicultores ao piques do ataque de nervos e preocupa incluso ao Congreso, que debaterá este xoves a crítica situación dun insecto clave para o sector agrícola.

“Os primeiros sinais serios deste enigma xurdiron pouco despois do Nadal no estado da Florida, cando os apicultores se atoparon con que as abellas se esfumaran.

“Desde entón, a síndrome que os expertos bautizaron como Problema do Colapso das Colonias (CCD, polas súas siglas en inglés), mermou nun 25 por cento os enxamios do país.

“Perdemos máis de medio millón de colonias, cunha poboación de ao redor de 50 mil abellas cada unha, dixo Daniel Weaver, presidente da Federación Estadounidense de Apicultores, quen apuntou que o mal afecta a uns 30 dos 50 estados do país. O curioso do fenómeno é que en moitos casos non se atópan restos mortais.

“Os laboriosos insectos polinizan cultivos valorados entre 12 mil e 14 mil millóns de dólares, segundo un estudo da Universidade de Cornell.

“Os científicos barallan todo tipo de hipóteses, entre elas a de que algún praguicida provocara danos neurolóxicos ás abellas e alterado o seu sentido da orientación. Outros culpan á seca, e incluso ás ondas dos telefones móbeis, mais o certo é que ninguén sabe a ciencia certa cal é o verdadeiro desencadenante.”

O peor pode estar por vir: unha nova guerra para asegurar as subministracións de gas e petróleo, que coloque a especie humana a piques do holocausto total.

Hai órganos de imprensa rusos que, invocando fontes de intelixencia, informaron que a guerra contra Irán ven sendo preparada en todos os seus detalles desde fai máis de tres anos, o día en que o goberno de Estados Unidos decidiu ocupar totalmente Iraq, desatando unha interminabel e odiosa guerra civil.

Entre tanto, o goberno de Estados Unidos destina centos de miles de millóns ao desenvolvemento de armas de tecnoloxía altamente sofisticada, como as que utilizan sistemas microelectrónicos, ou novas armas nucleares que poderían estar sobre os obxectivos unha hora despois de recibir a orde.

Estados Unidos ignora olimpicamente que a opinión mundial está contra todo tipo de armas nucleares.

Demoler ata a última fábrica iraniana é unha tarefa técnica relativamente fácil para un poder como o de Estados Unidos. O difícil pode vir despois, se unha nova guerra se desata contra outra crenza musulmá que merece todo o noso respecto, ao igual que as demais relixións dos pobos do Próximo, Mediano ou Lonxano Oriente, anteriores ou posteriores ao cristianismo.

O arresto dos soldados ingleses en augas xurisdicionais de Irán parece unha provocación exactamente igual á dos chamados “Irmáns ao Rescate”, cando violando as ordes do presidente Clinton avanzaban sobre as augas da nosa xurisdición e a acción defensiva de Cuba, absolutamente lexítima, serviu de pretexto ao goberno de Estados Unidos para promulgar a famosa Lei Helms-Burton, que viola a soberanía doutros países.

Poderosos medios masivos de publicidade sepultaron no esquecemento aquel episodio. Non son poucos os que atribúen o prezo do petróleo de case 70 dólares por barril, acadado o luns, aos temores dun ataque a Irán.

De onde sacarán os países pobres do Terceiro Mundo os recursos mínimos para sobrevivir?

Non esaxero nin uso palabras desmesuradas, atéñome aos feitos.

Como pode observarse, son moitas as caras escuras do poliedro.

3 de abril do 2007

Fidel Castro Ruz

................................................................................................................................................

.

"CONDEADOS A MORTE PREMATURA POR FAME E SEDE MÁIS DE 3 MIL MILLONS DE PERSOAS NO MUNDO"
[28-3-2007]
.
Non se trata dunha cifra esaxerada; é máis bien cautelosa. Niso teño meditado bastante despois da reunión do presidente Bush cós fabricantes norteamericanos de automóveis.

A idea sinistra de converter os alimentos en combustible quedóu definitivamente estabelecida como línea económica da política exterior dos Estados Unidos o pasado luns 26 de marzo.

Un cable da AP, axencia de información norteamericana que chega a todos os recunchos do mundo, dí textualmente:

“WASHINGTON, 26 de marzo (AP). O presidente George W. Bush gabóu o luns os beneficios dos automóveis que funcionan con etanol e biodiesel, nunha reunión con fabricantes de vehículos, na que buscóu dar pulo aos seus plans de combustibeis alternativos.

“Bush dixo que un compromiso dos líderes da industria automotriz nacional para duplicar a producción de vehículos a combustible alternativo axudaría a que os automovilistas abandoen os motores que funcionan con gasolina e reduzan a dependencia do país respecto do petróleo de importación.

“’Este é un gran avance tecnolóxico para o país’, dixo Bush logo de inspeccionar tres vehículos a combustible alternativo. Se a nación quere reducir o consumo de gasolina, o consumidor debe de estar en posibilidade de tomar unha decisión racional.

“O Presidente instóu ao Congreso a avanzar apresa nunha lexislación que o governo propuxo recentemente para ordear o uso de 132.000 millons de litros (35.000 millons de galons) de combustibles alternativos para o 2017 e para impoñer estándares máis esixentes de aforro de combustible nos automóveis.

Bush reuniuse có presidente do consello e director xeral de General Motors Corp, Rich Wagoner; o director xeral de Ford Motor Co., Alan Mulally e o director xeral do grupo Chrysler de Daimler Chrysler AG, Tom LaSorda.

“Os participantes no encontro discutiron medidas para apoiar a producción de vehículos a combustible alternativo, intentos para desenrolar o ETANOL a partir de fontes como o césped ou o serrín, e unha proposta para reducir nun 20% o consumo de gasolina en 10 anos.

“As discusions realizáronse nun momento no que veñen de subir os precios da gasolina. O estudo máis recente da organización Lundberg Survey sinalóu que o precio promedio nacional da gasolina subiu 6 centavos por galón (3,78 litros) nas últimas dúas semáns, a 2,61 dólares.”


Penso que reducir e ademáis reciclar todos os motores que consumen electricidade e combustible é unha necesidade elemental e urxente de toda a humanidade. A traxedia non consiste en reducir eses gastos de enerxía, consiste na idea de converter os alimentos nun combustible.


Hoxe coñécese con toda precisión que unha tonelada de millo só pode producir 413 litros de etanol como promedio, de acordo con densidades, o que equivale a 109 galóns.


O precio promedio do millo nos portos de Estados Unidos elévase a 167 dólares a tonelada. Requirense polo tanto 320 millons de toneladas de millo para producir 35.000 millons de galons de etanol.


Segundo datos da FAO, a colleita de millo dos Estados Unidos no ano 2005 elevouse a 280,2 millons de toneladas.


Aínda que o Presidente fale de producir combustible a partir de césped ou virutas de madeira, calquera comprende que son frases carentes en absoluto de realismo. Enténdase ben: ¡35.000 millons de galons significan un 35 seguido de nove ceros!


Virán despóis fermosos exemplos do que na productividade por home e por hectárea acadan
os experimentados e ben organizados agricultores dos Estados Unidos: o millo convertido en etanol; os residuos dese millo convertidos en alimento animal con 26% de proteína; o excremento do gando utilizado como materia prima para a producción de gas. Dende logo, esto é logo de cuantiosas inversions ao alcance só das empresas máis poderosas, nas que todo debe moverse sobre a base de consumo de electricidade e combustible. Aplíquese esta receita aos países do Terceiro Mundo e verán cántas persoas deixarán de consumir millo entre as masas famentas do noso planeta. Ou algo peor: présteselles financiamento aos países pobres para producir etanol do millo ou de calquera outro tipo de alimento e non quedará un árbol para defende- la humanidade do cambio climático.


Outros países do mundo rico teñen programado usar non só millo, tamén trigo, sementes de xirasol, de colza e outros alimentos para dedicalos á producción de combustible. Para os europeus, por exemplo, sería negocio importar toda a soia do mundo a fin de reducir o gasto en combustible dos seus automóviles e alimentar aos seus animais cós residuos desa leguminosa, especialmente rica en todos os tipos de aminoácidos esenciais.


En Cuba, os alcoholes producíanse como subproducto da industria sucreira, despóis de facerlle tres extraccións de sucre ao zume de cana. O cambio de clima está a afectar xa a nosa producción sucreira. Grandes secas veñen a alternar con chuvias récord, que apenas permiten producir sucre perante cen días con rendimentos axeitados nos meses do noso moi moderado inverno, de modo que hai sucre de menos por tonelada de cana ou falla caña por hectárea debido ás prolongadas secas nos meses de ssementeira e cultivo.


En Venezuela, teño entendido que usarían o alcohol non para exportar, e sí para mellorar a calidade medioambiental do seu propio combustible. Por elo, independentemente da excelente tecnoloxía brasileira para producir alcohol, en Cuba o emprego de tal tecnoloxía para a producción directa de alcohol a partir del zume da cana non constitue máis ca un soño ou un desvarío dos que se ilusionan con esa idea. No noso país, as terras adicadas á producción directa de alcohol poden ser moito máis útiles na producción de alimentos para o pobo e na protección do medio ambiente.


Todos os países do mundo, ricos e pobres, sen excepción algunha, poderían aforrarse millons de millons de dólares en inversión e combustible simplemente cambiando todos os bombillos incandescentes por bombillos fluorescentes, algo que Cuba ten levado a cabo en todos os fogares do país. Eso significaría un respiro para resistir o cambio climático sen matar de fame ás masas pobres do mundo.


Como pode observarse, non uso adxectivos para calificar ao sistema e a os donos do mundo. Esa tarefa saben facela excelentemente ben os expertos en información e os hombres de ciencias socioeconómicas e políticas honestos que no mundo abondan e que constantemente analisan no presente e no porvir da nosa especie. Basta unha computadora e o crecente número de redes de Internet.


Hoxe coñecemos por primeira vez unha economía realmente globalizada e unha potencia dominante no terreo económico, político e militar, que en nada se asemella á Roma dos emperadores.


Alguns hanse preguntar por qué falo de fame e sede. Resposto: non se trata da outra face dunha moeda, trátase de varias caras de outra peza, como pode ser un dado, con seis caras, ou un poliedro con moitas máis.


Acudo neste caso a unha axencia oficial de noticias, fundada en 1945 e xeralmente ben informada sobre os problemas económicos e sociais do mundo: a TELAM. Textualmente, dixo:

“Cerca de 2 mil millons de persoas habitarán dentro de apenas 18 anos en países e rexions donde o auga sexa un recordo lonxano. Dous tercios da poboación mundial poderían vivir en lugares onde esa escasez produza tensiones sociais e económicas de tal magnitude que poderían levar a os pobos a guerras polo prezado ‘ouro azul’.

“Ao longo dos últimos 100 anos, o uso da auga ten aumentado a un ritmo máis de dúas veces superior á taxa de crecemento da poboación.

“Segundo as estadísticas do Consello Mundial da Auga (WWC, polas suas siglas en inglés), estímase que para o 2015 o número de habitantes afectados por esta grave situación acadaría os 3.500 millóns de persoas.

“A Organización de Nacións Unidas celebróu o 23 de marzo o Día Mundial da Auga, chamando a enfrontar dende ese mesmo día a escasez mundial da auga baixo da coordinación da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), có obxectivo de destacar a crecente importancia da falla de auga a nivel mundial e a necesidade dunha maior integración e cooperación que permitan garantir unha xestión sostida e eficiente dos recursos hídricos.

“Moitas rexións do planeta sofren unha falla severa de auga, vivindo con menos de 500 metros cúbicos por persoa por ano. Cada vez son máis as rexións que padecen da falla crónica do vital elemento.

“Principais consecuencias da escasez de auga son a insuficiente cantidade dese precioso líquido para a producción de alimentos, a imposibilidade de desenrolo industrial, urbán e turístico e problemas de saúde.”


Ata eiquí o cable de TELAM.


Deixo sen nomear, neste caso, outros importantes feitos, como os xeos que se derreten en Groenlandia e na Antártida, os danos na capa de ozono e a crecente cantidade de mercurio en moitas especies de peixes de consumo habitual.


Hai outros temas que poden abordarse, pero simplesmente pretendo con estas liñas facer un comentario sobre a xuntanza do presidente Bush cós executivos principais de compañías automotrices norteamericanas.

Marzo 28 do 2007

Fidel Castro

[voltar ao inicio]