ENTREVISTA CON FAIEZ BADAWI

“Cada vez que un povo asoballado responde con resistencia armada, USA fomenta no seu interior unha guerra civil”

A vida de Faiez Badawi está marcada pola creación do Estado de Israel. De non ser por aquel episodio, que alteróu quizáis para sempre o destino do Oriente Próximo, probavelmente tería nacido e viviría hoxe nalgún lugar apacibel de Palestina, pero no 1948 os seus pais víronse envolveitos na Nakba e fuxiron da terra dos seus antepasados. Poucos anos despois, en 1955, Badawi viu a luz no campamento de refuxiados de Tal Az-Zatar, ó leste de Beirut, que máis tarde sería destruido, en 1976. Dalí, a familia desprazóuse ó tristemente célebre campamento de Chatila, onde o rapaz foi testemuña da histórica matanza inspirada por Ariel Sharon. Con antecedentes coma éstes non resulta extrano que Faiez Badawi decidira un día ingresar nas filas da Frente Popular para a Liberación de Palestina ( FPLP, creada por Georges Habache), da que hoxendía é embaixador itinerante no mundo hispano (sic).

Na actualidade Badawi vive no Estado Español. A entrevista ten lugar nun cafetín do popular e moi arabizado barrio de Ruzafa, na cidade de Valencia. Faiez Badawi é un home cordial, sorrinte, de verba doada, e fala un perfectísimo castelan.

Carlos Martínez e Manuel Talens: Sr. Badawi, apreséntese aos lectores, por favor.

Faiez Badawi: Son Faiez Badawi, membro da FPLP. Procedo dos campos de refuxiados do Líbano. En primero lugar vivín no campo de refuxiados de Tal Az-Zatar. Logo fun vivir a outro, chamado Chatila, o mesmo que sufriu unha terribel matanza en 1982 a mans do sionismo, do fascismo e da barbarie que representa o Estado de Israel.

Quero pedir desculpas diante de todos os amantes da paz pola horrible imaxe que na actualidade están dando a dirección palestina, a dereita palestina e a organización Hamas, cuios actos non representan verdadeiramente o sentir do povo palestiniano. Ésa non é a cara do povo palestiniano, que é víctima da maior das barbaries e non desexa este enfrontamento interno. O povo palestiniano necesita da solidariedade internacional para rachar o cerco no que foi encerrado.

CM y MT: Di vostede que a dirección palestiniana e Hamas non representan o sentir do povo palestiniano. Porén, nas eleccións democráticas, que contaron con todo tipo de observadores internacionais, gañóu o grupo relixioso Hamas.

FB: O que fixo Hamas en Gaza é equivocarse de inimigo, o cal é inaceptabel para a nosa organización, pois cualquer problema ou diferencia que exista entre palestinianos debe solucionarse mediante o diálogo e a boa fe. Hamas enganóuse porque o inimigo non é ninguén do noso povo, senon quen desde hai décadas nos oprime, Israel. E certo, Hamas gañóu limpa e democráticamente unhas eleccións libres, se ben hai que engadir que, baixo a ocupación, a liberdade é escasa. Pero sí, Hamas gañóu as eleccións e hai que respectar a elección do povo. Ésa é a democracia e o mesmo povo que conducíu a Hamas ao poder tamén pode quitarllo.

Polo contrario, o primero que fixo Occidente tralas eleccions foi sancionar ó povo palestino, en lugar de felicitalo pola sua madureza democrática. Nós non podemos entendermos esta hipocrisía: se gañan quen desexa Occidente, temos democracia; se gañan outros, daquela non temos democracia. Non concordamos coa postura da UE nen dos USA na zona. Non deron opción para que coñezamos a política de goberno de Hamas. O programa de Hamas baseábase, en primero lugar, en rematar coa corrupción da Autoridade Nacional Palestiniana, da que é responsabel a dereita palestiniana e, en segundo, en continuar a resistencia contra a ocupación.

A FPLP ten diferencias con Hamas, pero a nosa organización é a única no parlamento palestiniano que lle otorgóu a sua confianza trala sua victoria electoral. E elo porque, góstenos ou non, teñen dereito a gobernar por elección popular. Pero o povo palestiniano non ten por qué pagar o alto prezo que está a pagar estes días.

CM e MT: Cuando vostede fala da dereita palestiniana, ¿ estáse referindo específicamente a Al-Fatah?

FB: Estou falando específicamente da dirección de Al-Fatah, porque dentro de Al-Fatah hai resistentes honrados e, ó mesmo tempo, persoas que teñen as mans manchadas en casos de corrupción e doutros asuntos nada limpos. Falo da dereita que non respecta o acordo marco entre todas as organizacións; a que non se enfrenta á ocupación israelí; a que non busca máis que unhas boas relacions con Olmert ou Condolezza Rice; a que non ten un programa político e social claro; a que defende os intereses dunha determinada clase social privilexiada; a que non ten proxecto para os refuxiados, para a nosa xente que vive no apartheid. O exemplo máis claro desto que digo é que esa dirección palestiniana non plantexa un programa de traballo contra o muro da vergoña. Os encontros da actual dirección con Olmert perxudican a todos os palestinos.

CM e MT: Dado que quen tiveron opcions reais de acadar o poder a través do voto eran só Al-Fatah e Hamas, ¿qué lle sucede á esquerda palestiniana, incapaz de obter unha representación popular?

FB: a esquerda palestiniana está inmersa nun estado de crise. ¿Cómo entender que o Partido Comunista Palestino non plantexe a resistencia armada? Sí que plantexa outros tipos de resistencia, pero non a resistencia real cando ha que enfrentarse aos tanques das forzas de ocupación. A esquerda palestiniana non ten presencia eficaz na rúa ou nos campos de refuxiados. Outro problema ao que se enfrenta a esquerda é de orde pragmática, pois non adoptóu unha postura clara e rotunda ante os Acordos de Oslo, que apoióu maioritariamente. A estas alturas, a esquerda debería saber o que é o imperialismo, o capitalismo ou o colonialismo...

CM MT: Un momento, ¿cál foi a postura da FPLP frente a Oslo?

FB: A Frente Popular pronuncióse en contra dos acordos de Oslo mediante unha decisión do seu Comité Central. Os feitos posteriores viñeron darnos a razón. Oslo foi un retroceso. Antes dos acordos e da primeira intifada había en Cisxordania 200.000 colonos, hoxe son xa 500.000. Gracias a Oslo hai máis ocupación, máis controlos militares, máis fame. A FPLP foi a única organización palestina dentro do marco da OLP que rexeitóu os acordos de Oslo.

CM e MT: Porén, á hora dunhas eleccions democráticas, a FPLP prácticamente non existe.

FB: Nas derradeiras eleccións locais a FPLP obtivo moitos votos e concelleiros nos territorios ocupados. Temos o exemplo de Belén, Ramala, Yenin... Agora ben, a xente estaba tan farta da corrupción da Autoridade Palestiniana que todos querían desembarazarse de Al-Fatah a cualquer prezo. Votaron Hamas porque Hamas tiña un programa. Hamas era o voto útil, nós coñecemos a moitos votantes da esquerda que votaron Hamas para cambiar de governo, pero pagaron un prezo moi alto.

CM e MT: Daquela, a xente votóu na Palestina como se fai en España ou en Europa: non a favor dun proxecto, senon máis ben contra un partido ao que se quere separar do poder...

FB: Sí, tamén, pero a lei electoral palestiniana non beneficia ás organizacións minoritarias. Ademáis, a FPLP ten a todos os seus dirixentes no cárcere e está moi perseguido, non podemos sair abertamente á rúa, temos que organizar os mítins por videoconferencia. Durante a campaña electoral moitos militantes da FPLP foron detidos, como por exemplo, a responsabel de asuntos da muller. Porén, a dereita palestina non ten nengún problema para facer campaña electoral, porque non esquezamos que quen manda na Cisxordania é Israel. E pura demagoxia falar de se hai que reforzar ou non os corpos de seguridade palestinos. Quien mandan son eles, eles son quen deteñen, quen invaden propiedades, entran nas casas, arrincan oliveiras. Non, non tivemos unha campaña doada Outro aspecto importante é o dos cartos. A FPLP non tiña fundos para facer campaña electoral. A campaña pagárona os propios militantes e simpatizantes, a diferencia doutras organizacions, que xestionaban 20 millóns de dólares de Bush. Non digo que o diñeiro o sexa todo, pero tamén inflúe.

CM e MT: ¿A qué organización alude vostede cando fala deses fundos de Bush? ¿A Al-Fatah?

FB: Eso é o que compre averiguar, e determinar si é correcto ou non que algunhas persoas se despracen en Mercedes e se salten libremente os controlos militares, mentras que o resto dos cidadáns palestinos non poden moverse.

CM MT: ¿estáse referindo á dereita palestiniana?

FB: Sí, por suposto. Está todo moi claro nese sentido. Todo o mundo o sabe, alomenos en Palestina, quizáis non en Europa. Tivemos dificultade para desprazarmonos. De todos xeitos, a FPLP tamén tén a sua cota de responsabilidade, pois non soubemos chegar á nosa xente e por iso non nos votaron. En calquera organización hai fallos, contradiccións e diferencias internas. Pero o que nos afectóu moitísimo foi o asunto dos presos. Temos a todos os cuadros do partido nas prisións israelíes, en vez de na rúa. Pero o noso partido segue sendo forte e goza de seguimento popular. A xente sabe qué pensa a Frente, saben que temos un programa claro, saben que a Frente rexeita a volta do cuarteto, a corrupción, os acordos de Oslo, a denominada folla de ruta... Creo que a gente confía en nós, pero preferiron desbancar a Al-Fatah nas derradeiras eleccións lexislativas. A esquerda palestiniana segue a traballar para acadar a unidade. Na Cisxordania houbo acordo entre a Frente Democrática e a Frente Popular. Estivemos xuntos para frear as loitas internas palestinas, movilizámonos para decir “abonda” a estes últimos feitos vergoñentos, temos levado ós feridos aos hospitais e temos perdido militantes nesta batalla entre Hamas e Al-Fatah. Por todo iso, o povo palestiniano coñece a nosa postura. Se non nos elixen hoxe, faráno mañá. Aparte, ¿qué obxeto ten pelexarse para obter deputados, se carecemos de Estado, se non controlamos nada, nen a fronteira nen a economía nen a auga? Todo eso, e máis, está nas mans de Israel. Israel controla a vida do povo palestino, a representación parlamentaria é unha farsa cando non existe un Estado que gobernar.

CM e MT: ¿Está a FPLP igual de implantada en Gaza que en Cisxordania?

FB: Non esquezamos que a FPLP é a segunda organización en número de militantes dentro da OLP, despois de Al-Fatah, é a terceira organización palestina. A FPLP está implantada en Cisxordania, en Gaza e nos campamentos de refuxiados. O importante non é cántos militantes ten un, senon cál é a sua postura e o seu programa político. Os nosos están moi claros.

CM e MT: ¿Cál é a postura da FPLP sobre a cuestión estatal? ¿Preconizan vostedes dous estados diferentes ou un só estado democrático, laico e non confesional para todos?

FB: Antes de responder a esta pregunta centraréime nalgo máis sinxelo: en definir o qué e Israel. En primero lugar, segundo o Dereito Internacional, Israel é un estado ilegal. Ésta é a primeira realidade. En segundo lugar, o Estado de Israel nacéu en 1948 dacordo coa resolución 181. Para que Israel sexa un ente legal ten que aceptar a resolución 194, que lle obriga ao retorno dos refuxiados. Se non cumpre co retorno de refuxiados, Israel é ilegal. O outro punto, importante, é que nós loitamos por un estado democrático, laico e progresista, onde todos poidamos vivir en paz. Este proxecto bate co proxecto do sionismo. O Estado de Israel quere un estado étnicamente puro, composto únicamente por xudíos. Entón, a cuestión xa non é se no futuro habería un, dous, tres ou catro estados, senon máis ben se Israel está disposto a aplicar o Dereito Internacional, porque de estalo, o problema palestiniano deixaría de existir. Nós enfrentamonos á barbarie, a un ataque continuo do novo colonialismo. O problema do povo palestiniano non pode aillarse do resto dos povos do Oriente Próximo. É necesario estudar o que están plantexando os novos historiadores israelíes, como Ilan Pappe, con quen concordo totalmente, ou como o ex deputado da Knesset, o palestino Azmi Bishara. A cuestión é que se destruimos o muro da vergoña israelí e voltan todos os refuxiados, o problema estaría resolto.

CM e MT: ¿Quere esto decir que a FPLP estaría a favor dun novo estado laico onde todos, palestinos e xudíos, terían os mesmos dereitos?

FB: Claro, ésa é a solución. Non vemos outra. Se observamos o tecido social israelí, ten alomenos 14 culturas: en primeiro lugar un 20% está constituido polos autóctonos, é decir, os palestinos (que teñen prohibido denominarse así e han de chamarse israelíes árabes). Logo hai un 20% de rusos. ¿Qué pintan os rusos alí? ¿Por qué teñen que ir vivir a Palestina? ¿Porque así o prometeu Xehová? Tamén hai moitos arxentinos. A situación é tan confusa que a maioría dos israelíes teñen doble nacionalidade. Un xudío de calquera país do mundo preséntase alí e decontado lle dan unha casa nun asentamento, máis 6000 euros. ¿Cómo é iso posible? Non hai nengún documento que acredite que houber algún tipo de enfrentamento entre a población palestina antes de 1917. Ao longo de toda a historia nesa terra teñen convivido pacíficamente cristianos, musulmans e xudíos, ata que nesa data empezóu o colonialismo británico. O enfrentamiento non surxe por cuestions relixiosas, senon por intereses económicos e pola aparición do sionismo no primeiro congreso sionista de Basilea, en 1897. Nos somos antisionistas, non antixudíos, iso debe quedar moi claro.

CM e MT: Nos confirma entón que a FPLP non cré na solución de dous estados...

FB: o que ocorre é que se o Estado palestino fose viábel diríamos, adiante. Pero se o Estado palestino ten os tanques israelíes na rúa, é un estado sen fronteiras, rodeado polo muro da vergoña...

CM e MT: E dividido en dous territorios separados...

FB: Oxalá foran só dous territorios, en realidade está dividido en moitas máis partes, con multitude de postos de control militar en toda Palestina e a Franxa de Gaza convertida nun grande campo de concentración...

CM e MT: Estes días a cuestión palestina saltou de novo á actualidade. Ademáis de polos enfrentamentos de Gaza, polo que ocorreu no Líbano no campo de refuxiados de Nahr Al-Bared. Estamos todos bastante desinformados do que ocorre alí, os medios occidentais empéñanse en culpar a Siria. Semella como se todo o que ocorre no Líbano fora responsabilidade de Siria.

FB: En primeiro lugar hai que ver qué política occidental se está a desenvolver dentro do Líbano, cál é a política de USA para o Líbano e cál a política de Israel para o Líbano e dentro do Líbano. E tamén habería que cuestionarse se existe ou non existe a comunidade internacional. Por exemplo, ¿existe unha política exterior da UE que sexa independente da de USA? Só se temos en conta todos estes factores poderíamos empezar a falar do que está pasando no Líbano. E hai que empezar a analizar os feitos desde que o veran pasado Israel invadiu e atacóu Líbano coa excusa dos soldados secuestrados, cando en realidade foron capturados pola guerrilla libanesa dentro do territorio libanés. A raíz daquelo, Israel machacóu ó país cun bombardeo de máis de cento vinte mil ataques aéreos. Destruíu todas as infraestructuras. Botou más dun millón de bombas de acio. En resumo, unha auténtica barbarie. Pero en lugar de adoptar unha postura neutral e pedir responsabilidades a Israel, se lle bota a culpa a Hezbolá e a Siria.

Eu non son defensor de Siria nen de ningún governo da zona, pero sí da loita dos povos e compre diferenciar a política dos povos da dos governos. Quen sempre sofren son os povos.

A ONU aprobóu a resolución 1559 e obrigóu aos sirios a sairen do Líbano, pero foi co obxectivo de preparar o terreo para que Israel atacase. Unha vez que o fixo, a comunidade internacional non movéu un dedo para evitalo. Esperaban unha victoria rápida e ocorréu todo o contrario. O exército sionista foi derrotado pola guerrilla de Hezbolá. Entón, a iniciativa de Francia, a comunidade internacional aprobóu unha resolución para dar un respiro a Israel. E o envío de tropas fíxose para protexer a Israel, non como consecuencia das continuas masacres realizadas pola aviación israelí sobre povos do sur do Líbano.

Non puideron coa resistencia libanesa. Por iso veñen agora con outra táctica, a de Al-Qaeda. Non é que eu negue que exista, pero compre preguntarse quén está detrás deses grupos. Hai un artigo moi bo dun xornalista usamericano, Seymour Hersh, segundo o cal USA ten que ver co nacimento de Fatah Al-Islam, o grupo que se ergueu en armas nos campamentos do norde do Líbano. Ademáis, todos os medios árabes, como Al-Jazira, deron noticia da existencia dunha reunión entre Dick Cheney e o responsabel da seguridade de Arabia Saudí, con pleno conocimento do presidente do Líbano, para financiar ese grupo integrista. De ser certo, sería algo gravísimo. ¿Qué obxecto ten esto? a política imperialista é moi clara, cada vez que un povo oprimido responde con resistencia armada, USA fomenta no seu interior unha guerra civil. Vexamos: ¿Que está pasando no Iraque, un país onde antes todos convivían sen grandes problemas? Hoxe os chiíes loitan contra os sunníes. Situacions similares vívense en Palestina, Somalia, Sudán. ¿E Fatah Al-Islam unha organización palestiniana? Pois non. E se non o é, ¿por qué os palestinos teñen que pagar un prezo?

CM e MT: Ao fío do que dixo sobre as inxerencias exteriores na vida dos palestinos desexaríamos saber qué opina sobre os vínculos de Irán con Hezbolá.

FB: Hoxe as inxerencias están moi mesturadas e confusas. ¿Qué papel está a xogar Irán no Iraque ou no Líbano? ¿Qué papel está a xogar Israel contra Irán ou qué papel está a xogar USA? Por exemplo, persoalmente acho que a crise nuclear iraní é unha falsa crise, porque o desenvolvimento que procura Teherán é de tipo enerxético, non militar, pero o que mete medo no Occidente é o crecimento económico iraní. Irán ten todo o dereito a ter boas relacions co povo palestino ou libanés. ¿Por qué ninguén cuestiona, por exemplo, as boas relacións do governo francés co governo libanés?

CM e MT: Facíamoslle esta pregunta porque, seica, o Irán está a xogar a duas bandas no Iraque, ao mesmo tempo contra USA e contra Iraque, que é o seu enemigo histórico. ¿Podería pensarse que, á sua vez, Irán xoga a duas bandas no sur do Líbano, de maneira que apoia a loita contra Israel, pero tamén contra unha parte do povo libanés?

FB: Eu non creo que o simple feito de que as relacions entre Hezbolá e Irán sexan boas deba significar que Irán está en contra do povo libanés. Hai outro factor, os chiíes de Líbano son a xente máis marxinada do país. Toda marxinación crea respostas e, neste caso, a resposta chámase Hezbolá. Líbano non é unha democracia, a Constitución de 1943 que deixóu Francia ao partir estabelece determinadas medidas que impiden que poida falarse de réxime democrático. Por exemplo, o presidente do país ten que ser un cristián maronita; o presidente do governo ten que ser sunní e, nun terceiro lugar, o presidente do congreso ten que ser chií. Este esquema repitese nos postos e empregos da administración pública libanesa: o primeiro emprego será sempre para o cristián, o segundo para o sunní e o terceiro para o chií. Non hai separación entre Estado e confesións relixiosas e eso estánno pagando os cidadáns libaneses. Non se pode construir un estado con semellantes baremos.

CM e MT: Seique pode construirse un estado democrático cos baremos de determinadas correntes asociadas á Shía, que discriminan á muller e van en contra de todos os principios marxistas que vostedes defenden?

FB: Nós defendemos un estado e unha sociedade laicos, democráticos e progresistas e, precisamente por iso, non governamos con Hamas. Rexeitamos a intervención das confesions relixiosas no estado, temos a nosa propria postura sobre cál debe ser a función da muller na sociedade; de facto na nosa organización as mulleres ocupan postos de máxima responsabilidade. Para nós tería sido moi doado solventar a nosa crise económica entrando no governo con Hamas, pero preferimos sermos coherentes cos nosos principios.

CM e MT: Déixenos lembrarlle que o grupo escindido da FPLP, a Frente Democrática, sí que entrou no governo palestiniano. ¿Qué opina da actuación dos seus antigos compañeiros?

FB: Eu non opino da actuación en concreto deste grupo, senon de todo o governo palestino. En Palestina o que houbo foi un reparto do pastel, os acordos de A Meca eran un acordo bipartidista entre Hamas e Al-Fatah, non un acordo sobre un programa político para enfrentarse á ocupación. Máis ben se repartiron carteiras de ministros. Eu non vou criticar exclusivamente á Frente Democrática, senon a todos os partidos que participaron no dito mercadeo. As consecuencias estamolas vendo a cotío, porque non ha governo de unidade nacional, senon só un reparto. Quen perdéu as eleccions non admite a sua derrota e quen gañóu quere impoñer a sua visión de Palestina.

CM e MT: Se entendemos que quen controla o governo controla o poder, aqueles que fican fora das institucions “non saen na foto”. Por iso ¿qué valor ten na práctica a actitude purista da FPLP? ¿Seica non se asemella isto ao que ocorre na Europa, que a esquerda extraparlamentaria é moi pura, pero carece de cualquer poder?

FB: A honradez é un valor moi importante.

CM e MT: ¿Vívese da honradez?

FB: Non podemos negociar con isto, nós somos un movimiento de liberación nacional, iso non hai que esquecelo. Querennos facer crer que temos un Estado, pero nen temos Estado nen tampouco unha Autoridade Nacional Palestiniana. Todo é papel mollado, unha entelequia. ¿Cómo imos entrar nese reparto se o noso povo está a morrer coa fame? Aceptamos participar nas eleccións municipais e lexislativas, pero queremos corrección e limpeza nas institucións. Sexamos claros: a OLP é o único representante lexítimo do povo palestino, non pode haber outro representante.

CM e MT: Pero Al-Fatah está na OLP.

FB: Mais ¿cantos anos leva a OLP sen celebrar o Congreso Nacional Palestino? Un tercio dos seus membros morreron e hai que elixir a outra xente no seu lugar. Levamos vinte anos sen celebrar nengún congreso. Nós non vivimos nas oficinas, senon que traballamos na rúa, na sanidade, na educación, cos nenos, con obradoiros, con mulleres. Realizar este traballo de contacto directo co povo é moi importante e a gente sábeo e valorao. De feito, a organización máis castigada pola ocupación foi a FPLP, que ten máis de mil presos, entre eles o seu secretario xeral, o seu vicesecretario xeral e o seu portavoz. Por algo será. Claro que criticamos a quen no teñen contacto co seu povo, pero ó mesmo tempo non podemos participar na dirección se estamos en desacordo coas decisions que se toman sobre Palestina para pregarse ante a chamada “comunidade internacional”, non podemos vender os nosos principios. Ése “purista” cando non se recoñecen os erros, pero nós equivocamonos en moitas ocasións, discutimos e tentamos de rectificar. O que ocorre é que a realidade déunos a razón: a Frente Popular dixo “non a Oslo”, porque Oslo era unha trampa para o povo palestino e significóu a derrota da primeira intifada.

CM e MT: A propósito de Oslo, falemos agora da figura de Arafat. ¿Diría vostede que Arafat mudóu de chaqueta?

FB: Eu non diría iso. Arafat era un líder carismático e foi moi importante para o povo palestino. Arafat nunca renuncióu a estes tres puntos: Estado palestino viábel, capital en Xerusalem e retorno dos refuxiados. É posible ter diferencias co que fixo, pero nunca renuncióu a nengunha das anteriores reclamacións, que eran o programa común a todas as organizacions palestinianas. Por eso foi tan castigado á final da sua vida.

CM e MT: Arafat aceptóu cousas inaceptabeis...

FB: E se equivocóu, pero non renuncióu aos tres principios expostos.

CM e MT: Pero ao aceptar Oslo aceptóu o principio dos dous estados.

FB: Arafat era moi intelixente, pensóu que se o Estado sionista aceptaba o retorno dos catro millóns de refuxiados, Israel non sería quen de manter o seu status de estado teocrático.

CM e MT: Sí, pero aceptóu os dous estados sen ter nengún tipo de seguridade de que regresarían os refuxiados.

FB: Por iso a nosa organización defendéu a postura contraria, ao igual que a maioría do noso povo, só hai que preguntar nos campos de refuxiados. Non se situóu seriamente o retorno dos refuxiados nen dos palestinos de 1948. Hai un arabista madrileño, chamado Isaías Barreñada, que é un dos mellores especialistas sobre a cuestión palestina que estudiou os Acordos de Oslo e divide o problema palestino en tres partes: 1) Refuxiados palestinos, 2) Palestinos de 1948 e 3) a cuestión de Gaza e Cisxordania. Conclue Barreñada que os Acordos de Oslo só trataron sobre Gaza e Cisxordania, pero ademáis, fixérono de maneira moi superficial. Non se tratóu o asunto da auga nen as fronteiras nen o desmantelamento dos asentamentos, todo se adióu para máis adiante e nos deron algo que non chega a ser nen unha autonomía nen moito menos un autogoverno.

CM e MT: é decir, que Arafat permitiu que o enredasen...

FB: Equivocóuse. Porque había promesas e confiaba na comunidade internacional. Pero para Arafat o obxectivo estaba claro, un estado laico con capital en Xerusalén.

CM e MT: E, sen embargo, malia os seus erros, para a FPLP Arafat segue sendo unha persoaxe respectada.

FB: Así é, unha persoaxe respectada pola sua traxectoria histórica como máximo representante da OLP.

CM e MT: Saberá vostede que Uri Avnery, un sionista amigo dos palestinos, pero sionista ao fin e ó cabo, mantivo durante moitos anos unha relación directa e estreita con Arafat. ¿Cree que foi él quen o convencéu de aceptar un Estado palestino xunto ao Estado de Israel?

FB: Durante unha conferencia de Uri Avnery fíxenlle unha observación: “Para que haxa paz ten que haber xustiza, por iso hai que aplicar o Dereito Internacional, pero hai un muro da vergoña e refuxiados desplazados, que deberían regresar”. Este señor, que na conferencia falara de paz, respondéume con moita agresividade: “Vostede o que quere é destruir o Estado de Israel”. Eu non entendo que se poida estar a favor da paz sen admitir o regreso dos refuxiados.

CM e MT: Reiteramos a pregunta, ¿cré vostede que Avnery influíu en Arafat para asinar os acordos de Oslo?

FB: Non o sei, mais a miña experiencia persoal é que a postura de Avnery é terribel, pois fala moi superficialmente da paz, como podería facelo Isaac Rabin, quen golpeóu con puño de ferro ao povo palestino, arrincóu cen mil oliveiras en Cisxordania e aplicóu a política de expulsión de “osos rotos”. Hai un libro dun profesor e escritor galego, chamado Ignacio Álvarez-Ossorio, do Comité para a Solidariedade coa Causa Árabe, no que fala do “medo á paz”. No discurso público fálase de paz, pero logo, por detrás, asasínase, viólase... O mellor exemplo vivinte desta política é Shimon Peres.

CM e MT: Precisamente íamoslle preguntar por Shimon Peres, quen segundo os medios burgueses occidentais é un home de paz.

FB: Shimon Peres é un sionista. Calquera pode coñecer o seu historial grazas a internet. Non hai máis que visitar os sitios web de Rebelión ou do Comité de Solidariedade da Causa Árabe para obter datos como o da sua responsabilidade na masacre de Qana. Peres pertence ó Partido Laborista, que está incluido na Internacional Socialista, pero iso significa moi pouco en Israel, porque o povo palestino ten sufrido matanzas tanto cando governaba o Partido Laborista como o Likud. Shimon Peres fala ó mundo de construir a paz, pero os seus actos desmínteno. A semente do conflicto é o sionismo, a ideología racista que impera no Oriente Próximo. Gostaía lembrar aquí a frase de que “a única solución para que os povos poidan reconciliarse é a paz”; os povos son os primeiros en rexeitar as guerras e o terrorismo, porque son eles quen os sofren en primero lugar, pero hai que diferenciar entre terrorismo e loita dos povos. Por exemplo, eu admiro a resistencia dos povos europeos na Segunda Guerra mundial contra o fascismo e o nazismo. A loita do povo palestino hai que entendela neste marco, é unha loita contra o sionismo, que equivale ó fascismo, pois parte dunhas premisas racistas.

CM e MT: Neste punto, e posto que vive vostede en España, é inevitábel a seguinte pregunta: ¿Cómo definiría as accións de Al-Qaeda na estación madrileña de Atocha, o 11 de marzo de 2004?

FB: Nós pensamos igual que vostedes, aquelo foi terrorismo da peor especie. USA creóu Al-Qaeda para loitar contra os povos. Somos os primeiros en condenar as accions de Al-Qaeda. Hai un feito moi claro e é que antes da guerra do Iraque non había alí células de Al-Qaeda, a excepción do norte, baixo control kurdo e de USA, pero no resto do país os discípulos de Ben Laden chegaron cos usamericanos. A CIA creóu Al-Qaeda en Afganistán para loitar contra os afganos laicos e os soviéticos. Recordemos tamén, como dixen antes, o caso do Líbano. Nós non queremos saber nada desa xente. Ademáis, quen ten que luitar polo povo palestino é o propio povo palestino, non Al-Qaeda.

CM e MT: No Iraque tamén existe esa mesma dicotomía da que fala vostede: mentras que os medios occidentais meten á resistencia dentro do saco do terrorismo, sí que é posible distinguir entre terroristas sectarios e resistencia, pois esta última non asasina civís, senon que ataca obxectivos militares británicos ou usamericanos, é decir, aos ocupantes.

FB: Sobre este asunto lembro que pouco tempo despois do atentado do 11-M viaxéi a Líbano, Xordania e Siria e toda a xente coa que falaba dabame o pésame polo ocorrido en Madride, estaban indignados e tristes, preguntabanse qué culpa tiñan as víctimas do atentado. Por eso, repito, non hai que misturar a loita dos povos con Al-Qaeda ou co terrorismo. Mais o terrorismo non son únicamente os feitos puntuais. Aparte das decenas de civís iraquianos que morren a cotío no Iraque, outros casos de terrorismo son tamén a política de limpeza étnica do Estado de Israel ou o bloqueo contra Cuba.

CM e MT: Como membro dun povo que leva seis décadas sofrindo expoliación a mans do sionismo ¿qué opinión ten da esquerda institucional europea? referímonos, por exemplo, a detalles significativos como o de Segolène Royal, a candidata do PS francés durante a recente campaña presidencial: visitóu o Líbano e entrevistóuse con membros do governo, entre eles de Hezbolá. Enton, o lobby sionista francés criticóuna moito por dita entrevista e, co fin de neutralizar esas críticas, Royal corréu rauda e veloz a Xerusalem a entrevistarse con Olmert. Rematóu declarando, textualmente, que Olmert “é un home de paz”.

FB: Non queremos entrometernos na política dos partidos europeos, non estamos en situación de clasificar á esquerda ou á dereita de Europa.Mais voulle responder a título persoal: hoxendía, non todo o que se autodenomina de esquerda éo, hai moita ambigüedade. Para mín, ser de esquerda é estar en contra do liberalismo e da globalización neoliberal. Quen apoia a Olmert ou a política agresiva e neocolonial de Israel non é de esquerda.

CM e MT: Entón ¿qué lle parece o Partido Socialista francés?

FB: Di ser de esquerdas, pero a sua política non o é.

CM e MT: Volvendo ó noso país (sic), ¿qué opinión lle merecéu a decisión tomada no seu día polo governo socialista de Felipe González de establecer relacións diplomáticas con Israel?

FB: Esta resposta déixoa nas mans dos povos do Estado español.

CM e MT: ¿E o envío de tropas ao Líbano e a Afganistán por parte do governo de Zapatero? Esto xa transcende as nosas fronteiras.

FB: Sobre esto sí que vou opinar. Como dixen antes, as Nacions Unidas non son o que eran. En corenta e oito horas USA pode hoxe obter unha resolución favorabel aos seus intereses. Enton, hai que interrogarse se o envío de tropas ao Líbano era para defender á povoación libanesa ou ó governo israelí. Para nós, o que procura o envío de tropas ao Líbano é protexer ó Estado de Israel. Díse que esas tropas están para impedir o contrabando de armas dentro do territorio do Líbano, o cual non deixa de ser unha tremenda incongruencia, porque Israel recibe dos seus aliados unha inxente cantidade de armamento moderno. ¿Quén vendéu a Israel dous submarinos, bombas de fragmentación, minas antipersoais? O envío de tropas favorece a Israel, non ó povo libanés. Discrepamos da decisión do governo español e da do resto de governos que enviaron tropas ao sur do Líbano, mais ao mesmo tempo condenamos a morte dos soldados mortos no sur do Líbano, que non deixan de ser rapaces enviados a unha guerra inxusta.

A cidadanía ten que informarse e ver quén vende armas a Israel baixo a excusa de que é unha democracia. Mais é USA quen establece unilateralmente o que é democracia e o que non o é. Non hai máis que observar o exemplo de Venezuela. Chávez saiu elexido democráticamente e, en vez de apoialo, intentóuse derrocalo mediante un golpe de estado. Aznar apoióu o golpe. Anos máis tarde, España decidiu vender pezas de avions a Venezuela, pero non puido facelo por decisión de USA, e iso a pesares de que o réxime venezolano é unha auténtica democracia que non está en guerra con nengún país. ¿Ónde está a lóxica? En todo caso, nós rexeitamos a guerra e o gasto en armamentos. No que hai que investir é na sanidade, na educación.

CM e MT: obrigados polas súas palabras sr Badawi

[Voltar ao inicio desta nova]