SOLIDARIEDADE CO POVO PALESTINO!. TOD@S CONTRA O BLOQUEO CRIMINAL E O TERRORISMO SIONISTA.

--------------------------------------------------------------------------------------------
SOLIDARÍZATE CO POVO PALESTINO E APOIA TODAS AS CONCENTRACIÓNS QUE, EN TODA GALIZA, SE REALIZAN ESTE 30 DE DECEMBRO A PARTIRES DAS 20 HS.
--------------------------------------------------------------------------------------------
[PCPG / Publicado o dia 30-12]. O Estado de Israel, no seu 60ºano de existencia, da mesma maneira como se instalou, está a perpetrar unha nova massacre contra o povo palestino.

Tan só en poucos dias, o exército sionista, co visto e pracet da administración USA, está atacando bestialmente a povoación indefensa palestina de Gaza con enormes medios militares. Xa van case 400 mortos, milleiros de feridos e imensos danos materiais sobre a povoación civil.

Hai que dicir que esta masacre xa se anunciara e debatera descaradanente durante os días pasados na prensa israelí ao cabo da tregua respectada por Hamás e violada tamén sistematicamente polo exército do estado de Israel.

Asistimos a un novo crime, que é posibel grazas ao apoio do imperialismo dos U.S.A, máis tamén pola impunidade absoluta concedida a Israel desde fai case 9 anos co apoio activo que lle dispensa a Unión Europea, na que o goberno español cumpre submisamente co guión marcado e imposto. É o resultado directo do «fortalecemento da cooperación coa UE» imposto recentemente pola presidencia europea contra unha “cándida” iniciativa de voto de “aprazamento” do Parlamento de Bruselas.

Desde fai anos, a Franxa de Gaza padece atrozmente, co apoio cómplice da totalidade governos occidentais, un asedio criminal que, mesmo, viola deliberadamente todas as leis internacionais que eles aceitaran. Como recollen diversas informacións absolutamente contrastadas, un millón e medio de civís son prisioneiros do exército israelí e están privados de todo: alimentos, combustibel, electricidade, medicinas, material escolar… Só menos dunha décima parte dos camións necesarios para o abastecemento da povoación conseguen chegar. O aeroporto e o porto foron destruídos incluso antes de que chegasen a funcionar. A pesca está proibida. Só algúns barcos fretados por militantes internacionalistas conseguiron eludir o bloqueo. A povoación sofre un desapiadado «castigo colectivo», seica por ter votado «mal». En definitiva, a “comunidade internacional” mira para outra beira, e mesmo alenta de xeito indisimulado nos seus medios de intoxicación e propaganda masiva o bloqueo e o exterminio do povo palestiniano permitindo, como ten ocorrido recentemente que o exército de ocupación sionista expulse a Robert Falk (*), o relator especial sobre a situación dos dereitos humanos das Nacións Unidas.

Hai que dicir, máis unha vez, que non hai ningunha xustificación para a perpetuación deste asedio despiadado e criminal. Todo povo asediado ten o dereito a rebelarse e resistir con todos os medios a opresión e non aceitamos nin admitimos paralelismo ou calquera pretendida simetría cos foguetes ou bombas que poidan cair sobre “territorio israelí”. Israel non pode pretender seguridade sen seguridade para a povoación de Gaza e dereitos para todo o povo palestino. Os políticos europeus e estadounidenses, desde Anapolis, eluden sistemáticamante afrontar á realidade da ocupación, e eles saben moi ben que todo isto pretende levar a unha inevitabel situación sen saida que, como sempre, paga moi cara o povo palestino.

Desde o PCPG denunciamos esta nova matanza criminal que se está perpetrando contra a povoación palestina de Gaza e facemos un chamamento a todo o noso povo, a todas as persoas, forzas e colectivos galegos/as que loitan pola paz e contra a barbarie imperialista que lle da soporte a este xenocidio para nos manifestar contra agresión que perpetúa o xenocidio de Palestina.

Exiximos unha condena sen paliativos e unha reacción inmediata das nosas “institucións democráticas”, a todos os niveis, da U.E e da ONU para que deteñan a agresión e poñan fin ao bloqueo de Gaza.

------------------------------------------------------------------------------------------

--(*) O profesor Richard Falk, relator especial do Consello dos Direitos Humanos das Nacións Unidas para os Territorios Palestinos Ocupados e profesor emérito de direito internacional na Universidade de Princeton, descreveu nestes termos o cerco israelí de Gaza no ano pasado, cando este ainda non era comparábel em gravidade á situación actual:

"Será um exaxero irresponsábel asociar o tratamento dos palestinos ás práticas de atrocidades colectivas dos nazis? Non creo. Os recentes desenvolvementos en Gaza son particularmente inquedantes porque exprexan de modo evidente uma intención deliberada de parte de Israel e dos seus aliados de submeter toda unha comunidade humana a condicións da maior crueldade que poñen em perigo a sua vida. A suxestión de que este esquema de conduta é un holocausto em vias de ser feito representa um apelo bastante desesperado aos governos do mundo e á opinión pública internacional para que actúen com urxencia a fim de impedir que estas tendencias actuais ao genocídio non conduzan a unha traxédia colectiva".

[Voltar ao inicio desta nova]