NA MEMORIA DO CAMARADA GEORGE HABASH

Fai uns poucos dias deixou de existir fisicamente o histórico e revolucionario líder Dr. George Habash, fundador da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP). Al-Hakim (o sabio), foi dirixente máximo durante moitos anos desta organización patriótica e comunista irmán.. A súa firmeza, consecuencia e honestidade será, para todos nós, comunistas galegos o maior legado que nos deixa un dos máis grandes de entre o heroico povo palestino.

Alcumado Al-Hakim (o sabio), caracterizouse pola súa consecuencia e honestidade e é, sen lugar a dúbidas, un dos máis célebres dos palestinos.

O Dr. Habash de 81 anos, faleceu ás 20 horas do sábado, 26 de Xaneiro no Hospital de Amman de Xordania.

O camarada George Habash, naceu na cidade palestina de Lod o ano 1926. O ano 1948 e, ao igual que centos de milleiros de palestinos, foi expulsado do seu fogar. Estudou Medicina na Universidade Americana de Beirut, especializouse en Pediatría e traballou nos acampamentos de refuxiados palestinos en Xordania.

A vida do Dr. Habash mudou un día de 1948, cando aos 22 anos, sendo estudante de medicina, atopouse coa súa mala de médico, no medio de masacres e centos de milleiros de palestinos expulsados de Palestina: “É unha visión que xamais esquecerei, milleiros de persoas expulsadas das súas casas, fuxindo, chorando, berrando horrorizadas polos matanzas. Despois de algo así, un non pode converterse noutra cousa que nun revolucionario”, expresou anos mais tarde o Dr. George Habash.

O ano 1952, fundou o Movemento dos Nacionalistas Árabes e xogou un rol fundamental no estabelecemento doutros movementos de liberación nacional no mundo árabe. E o 11 de decembro de 1967, fundou con outros camaradas a Fronte Popular para a Liberación de Palestina – FPLP, organización comunista (marxista-leninista) onde ata o ano 2000 foi o seu Secretario Xeral.

Tanto o Movemento dos Nacionalistas Árabes como o FPLP, son consideradas como a vanguarda da revolución palestina e os movementos libertación do mundo árabe, onde o carisma e a autoridade moral do Dr. Habash, foron decisivos para defender e renovar a loita pola liberdade e a independencia.

George Habash tivo que deixarnos sen ver cumprido o seu soño de ver Palestina libre, soberana, democrática e laica. Porén, os discípulos de Al-Hakim, seguirán os seus pasos e mais cedo que tarde o facho da liberdade iluminará os ceos de Palestina.

Resumo biográfico do PCPG baseado en grande parte nunha reseña feita polo Comité Democrático Palestino de Chile

...........

COMUNICADO DA FPLP:

O Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina expresa o seu loito ao povo palestino, o povo árabe e todos os povos libres do mundo, polo seu fundador e o líder da súa marcha, o doutor George Habash, Al-Hakim, Fundador do Movemento Nacionalista Árabe e o FPLP.

Co martirio do fundador, o pobo palestino e a nación árabe perden unha icona e un símbolo da súa resistencia, que foi firme e comprometido durante sete décadas de loita contra o inimigo dos palestinos e do povo árabe, e na confrontación coas forzas da opresión, a hexemonía e a inxustiza.

Un grande líder caeu, mais as súas ideas, os principios e a visión non. Defendeu os seus principios cun valente e veraz compromiso coa loita contra o imperialismo e as forzas derrotistas. Malia todas as condicións e circunstancias, Al-Hakim estivo sempre comprometido coa liberación de Palestina, toda Palestina, desde o río até o mar. Palestina perdeu hoxe un dos seus máis grandes homes. Gloria a Al-Hakim!

Diante do noso povo e da figura do noso grande líder e símbolo da nosa loita, comprometémonos a continuar marchando polo seu camiño e co seu método, co valor e a vontade dos povos libres, até a liberación total de todos os palestinos.

Viva a Revolución!
Gloria a Al-Hakim e a todos os mártires!

Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina.
26 de xaneiro de 2008.

[Voltar ao inicio desta nova]

REALIZOUSE EN VIGO ACTO DE LEMBRANZA A JOSÉ MARTÍ

O poeta, pensador e libertador cubano José Martí, foi de novo lembrado e homenaxeado na mañan do pasado dia 26 en conmemoración do 155 aniversario do seu natalicio. Precisamente neste mesmo lugar onde fai xa case 20 anos foi colocado o seu monumento, nos xardins de Montero Rios de Vigo e moi perto de onde ducias de milleiros de galegos e galegas embarcaban rumo a Cuba e ás américas, obrigados pola emigración ou mesmo á guerra colonial.

Media hora despois do mediodia deu inicio a cerimonia organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” á que asistiron os cónsules de Cuba, Venezuela e Uruguai en Galiza, así como varias ducias de amigos e amigas de Cuba.

O compañeiro Iñaqui Solla, Secretario da Asociación “Francisco Villamil” saudou a presenza dos presentes e deu inicio ao evento con unha mensaxe na que salientou a finalidade da homenaxe que se realizou coa intención de lembrar a ese grande personaxe de pensamento e loita que foi José Martí.

Interviú a continuación o poeta e profesor Xosé Álvarez Cácamo, que fixo unha breve e emotiva introducción a un longo e belisimo poema do grande apóstol de Cuba que el mesmo recitou.

Posteriormente, tomou a palabra o compañeiro Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, que no seu discurso (moi aplaudido) fixo sustanciosa semblanza do que significa, aínda despois de tantos anos, a figura do homenaxeado pola súa aportación a Cuba e á humanidade, facendo un percorrido polo seu extraordinario legado no que se alicerza a liberdade conquistada polo povo cubano, así como pola herdanza no seu coñecemento, onde o idealismo máis puro define a altura moral de xeracións enteiras de compatriotas.

Alén diso, enfatizou que Martí foi e sigue sendo, a través da xeración do centenario, inspirador da xesta patriótica e antiimperialista e, mesmo socialista e marxista da Revolución que pervive hoxe en Cuba do que este acto é unha expresión que se inscribe dentro das actividades que ao longo deste ano se van a organizar en Galiza con motivo da conmemoración do 50 aniversario do trunfo da Revolución.

Entre os presentes atopábanse os veteranos compañeiros Balbino Pérez Bellas e a súa compañeira Cholas, sendo o primeiro convidado a dicir unhas palabras. Nas mesmas Balbino falou do profundo contraste entre a súa amada Cuba, tan humana e solidaria, e esta vella e corrompida Europa onde reina o embrutecemento consumista, o desprezo pola mesma condición humana e a agresividade guerreira e imperialista. O compañeiro Balbi rematou a súa intervención rendendo homenaxe ao Vigués Luís Fdez detido nos últimos días, como el mesmo dixo, pola súa condición de comunista e non por terrorista.

Finalmente os presentes participamos da colocación dunha coroa de flores coas cores da bandeira galega, que o Cónsul de Cuba e a compañeira Cholas colocaron aos pes do monumento realizado polo escultor cubano René Negrin. [Voltar ao inicio desta nova]

ELECCIÓNS EN CUBA: VOTARON O 96 POR CENTO

Máis de oito millóns de cubanos exerceron o voto este pasado domingo na segunda etapa das eleccións xerais, o que representa o 96 por cento dos case 8,6 millóns empadroados. Segundo datos coñecer o luns pola presidenta da Comisión Electoral Nacional, María Esther Reus, foron depositadas oito millóns 230 mil 832 papeletas, delas o 91 por cento polo voto unido o que demostra resultados satisfactorios e positivos.

Como ela mesma precisou, eses resultados reflicten claramente o compromiso e participación activa da povoación na selección dos 614 deputados ao Parlamento e mil 201 delegados ás Asembleas Provinciais do Poder Popular.

Igualmente salientou que eses resultados son produto da seriedade e motivación dos máis de 192 mil cubanos que traballaron nos 38 mil colexios electorais, onde non cesou a afluencia de público a pesar das choivas que afectaron ás provincias occidentais e centrais.

Foi un proceso que transcorreu satisfactoriamente en cumprimento dos principios éticos do sistema electoral cubano, exemplar e xenuinamente popular. [Voltar ao inicio desta nova]

EUSKAL HERRIA: NIN UN PASO ATRÁS!

Servizo informativo de ASKAPENA Nº206

Para o Estado español, a esquerda vasca non é un suxeito de dereitos senón unha potencial beneficiaria de favores. Segundo esta teoría absolutista, a súa participación na vida política depende exclusivamente do seu comportamento: se se comporta como o Estado lle esixe, poderá participar na vida política; do contrario, quedará excluída. Peor aínda, autoexcluese. Os ilegalizadores intentan trasladar ás vítimas as consecuencias do seu despotismo.

En maio de 2007 perseguiron e ilegalizaron as candidaturas da esquerda vasca de forma implacabel pero non total. Deixáronlle un pequeno resquicio e consentiron que se presentase nalgúns ámbitos electorais porque conviña aos intereses do Estado. Como aínda non estaba fechado o falido proceso de conversacións, quixeron trasladar á esquerda vasca esta mensaxe vil: "todo isto, e moito máis, regalareivos se vos rendedes". Non houbo rendición e a estratexia de pequenas concesións fracasou. A partir dese momento, a negación de dereitos resulta pouco acorde coa ética, pero máis axustada aos intereses antidemocráticos do Estado: a ilegalización das poucas candidaturas que pasaron os filtros reforza a imaxe de dureza contra a esquerda vasca; estratexia que, lamentabelmente, dá votos no Estado español. Doutra banda, a ilegalización das poucas parcelas de liberdade aínda abertas, contribúe a trasladar á esquerda vasca outra mensaxe desalentadora: "é o que lle espera a quen non se renda diante das esixencias do Estado. Apodrecede na clandestinidade xa que é o que vós tendes elixido"

Desde que o Estado constatou a súa imposibilidade de render á esquerda vasca, abandonou a estratexia da cenoria e aplica, exclusivamente, a do golpe represivo. Un dos seus obxectivos: a ilegalización das marcas políticas que recollen a sensibilidade da esquerda: o Partido Comunista das Terras Vascas (PCTV/EHAK) e Acción Nacionalista Vasca (ANV). O Estado leva meses desenvolvendo unha estratexia envoltoria para liquidar a ambas formacións. Sobre todo, desde que ANV anunciou a súa intención de participar nas próximas eleccións de marzo ao Parlamento español para reclamar nel a independencia do noso pobo. Desde ese momento, todo o engrenaxe fascista de España puxose en marcha: os medios de comunicación foron creando artificialmente alarma social para preparar á opinión pública, os partidos de oposición fixeron da ilegalización unha das súas bandeiras predilectas, o Goberno do PSOE puxo en marcha aos seus servizos de intelixencia para que elaboren dosieres nos que sustentar unha medida xa adoptada, trasladaron á xudicatura as coordenadas nas que deben de moverse. E estreitou os vínculos cos vascos colaboracionistas para que non dificulten a estratexia ilegalizadora xa que eles tamén sairán beneficiados da mesma. Sobre todo, mantiveron unha política de constante acoso ás formacións que están no seu punto de mira para que saiban que a súa sorte está botada e que o día da ilegalización está cada vez máis perto.

Nin un paso atrás!

A esquerda vasca sabe que o poder ao que se enfronta é abrumadoramente maior e que a medida non lle vai supoñer grandes custos ao Estado (polo menos a curto prazo) xa que conta cunha espesa rede de alianzas e complicidades. Así e todo, tense mantido firme. E, aínda que consciente de que se atopa en absoluta desvantaxe, non deu nin un paso atrás; confía nas súas razóns, na súa coherencia e na súa militancia. Durantes estes meses, respondeu ao Estado cunha mensaxe nada prepotente pero firme: legal ou ilegalizada, seguirá reclamando a independencia para o noso pobo. Estas son algunhas de súas comparecencias públicas recentes:

· 22 de decembro de 2007. Unha importante representación de coñecidos representantes da esquerda vasca comparece en Bilbao nun contexto especial: encarceramento de 47 dirixentes e arrepiante denuncia de torturas contra un mozo da esquerda. A mensaxe é firme e, ao mesmo tempo, alentadora: "Até aquí chegamos e por aquí non pasaredes. Chegou a hora de poñer límite á idea de que todo vale contra Euskal Herria... O PSOE declarou a guerra ao movemento independentista para debilitar a nosa oferta política e así poder pechar as portas á independencia... Esta estratexia non sería posible sen a colaboración do PNV e de NaBai... Imos gañar, Euskal Herria!"

· 29 de decembro de 2007. A esquerda celebra un concorrido acto político en Elorrio. Nese acto reitera a súa aposta pola independencia e o socialismo pero, para iso, é necesario que sexan recoñecidos os dereitos que nos corresponden como pobo. A esquerda anuncia que "encauzará toda a súa capacidade política para a construción nacional e a transformación social para ir creando un Estado vasco independente e socialista, xa que é a única garantía para a supervivencia do noso pobo. Estado basco que xa existiu, que tivo recoñecemento internacional até o s. XVII e que voltará a ser unha realidade se a cidadanía o quere. O primeiro paso nese camiño, que será longo, é a consecución dun Marco Democrático onde todos os proxectos políticos poidan ter cabida. Houbo tamén duras palabras contra o PNV e NaBai xa que o seu obxectivo é bloquear a construción de Euskal Herria para que prevaleza a construción de España".

· 30 de decembro de 2007. Centos de cargos electos de ANV, reúnense nun hotel de Iruñea para reafirmar a súa determinación de seguir adiante no camiño da independencia. Reiteran a súa vontade de participar nas eleccións xerais ao Parlamento español que se celebrarán o 9 de marzo de 2008. Lembraron que teñen unha representación popular mutilada polas ilegalizaciones de que foron obxecto no 2007. Reiteran a súa denuncia contra as forzas autonomistas vascongadas que se beneficiaron da ilegalización usurpando cargos que pertencían a ANV; pregúntanlles a estes partidos a ver que van facer cando se produza a ilegalización. Admiten que está pagando cara a negativa a asumir a Constitución española... A súa convicción é firme "Ata agora non conseguiron pararnos e non o conseguirán no futuro"

· 2 de xaneiro de 2008. ANV presentou dúas denuncias diante do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos contra o Tribunal Constitucional Español por terlle negado recurso de amparo diante das ilegalizaciones do ano pasado.

· 12 de xaneiro de 2008. ANV reúne en Irunea a 6.000 persoas nun intenso acto político para reafirmar a súa aposta pola independencia. Ovacionouse a dous mozos vascos recentemente detidos e torturados (o aplauso deu lugar a unha acusación de apoloxía do terrorismo por parte da audiencia Nacional). Abundaron as denuncias contra o Goberno do PSOE por torturador e mentirán. Denunciouse por colaboracionistas ao PNV e NaBai xa que a súa complicidade facilita o fraude e o represión que exercen os dous Estados. O acto concluíu cun convite á organización popular para seguir traballando pola independencia e o socialismo aínda que esteamos ilegalizados.

Euskal Herria, 23 de Xaneiro de 2008.

COMUNICADO DO SRI

Foron detidos pola Garda Civil nunha operación dirixida a partir da sala 6 da audiencia Nacional de Madrid a cinco compañeiros do Socorro Rojo Internacional. Dous en Galicia: Luis Fernandez e Carlos Cela; dous máis en Euskadi: Fernando Rodriguez e Erlantz Cantabrana e en Madrid Juan Maria Olarieta, todos membros do SRI.

Esta madrugada foron detidos pola Garda Civil nunha operación dirixida a partir da sala 6 da audiencia Nacional de Madrid cinco compañeiros do Socorro Roxo Internacional. Dous en Galicia: Luis Fernandez e Carlos Cela; dous máis en Euskadi: Fernando Rodriguez e Erlantz Cantabrana e en Madrid Juan Maria Olarieta, todos membros do SRI e o último, ademais, coñecido avogado desde fai anos de varios presos comunistas e antifascistas.

Segundo a prensa burguesa do sistema, como O País e O Mundo, relacionan estas detencións de hoxe coas detencións de membros do PCE (r) e da organización GRAPO do mes de xuño pasado en Barcelona. O feito que todos os detidos formen parte do SRI, fainos pensar sen lugar a dúbidas que queren acalar a tarefa de solidariedade e antirepressiva para os presos e presas politicos que levamos a cabo o SRI. Tal como ilegalizan partidos, pechan medios de comunicación disonantes co sistema; criminalizan as loitas populares e tamén agora perseguen a solidariedade, a denuncia á tortura e o terrorismo de estado que desde SRI vimos a facer duns anos acá. Dunha tarefa de denuncia pública e perfectamente coñecida que vimos desenvolvendo na rúa, xunto aos movementos e sectores populares como a que están a desenvolver os compañeiros agora detidos.

Criminalizaránnos, acusarannos de "terroristas", querennos cortar as ás... Non deixa de ser curioso que todos os detidos agora, recibiron nos últimos meses dunha ou outra maneira ameazas directas ou indirectas (cartas anónimas, pintadas na rúa, criminalización a partir dos medios de desinformación).

Agora, incluso cando o represión é contra a nosa propia organización antirepressiva, temos que erguer unha voz clara e forte en contra do acoso á nosa tarefa, denunciamos sen tapuxos todas estas operacións turbias que non pretenden senón acalar as voces solidarias coa resistencia, agochar a realidade das prisións españolas e da fraxilidade con que se aguanta este pretendido e autodenominado "Estado de dereito". Non deixaremos de sinalar e denunciar o que consideramos terrorismo de estado do fascismo español.

Esiximos a immediata liberdade a todos os nosos compañeiros detidos. Non sabemos onde se atopan e de que os acusan. Segundo os voceros do sistema acúsaselles de “captación de membros” e “recadación de diñeiro” para os GRAPO. Nada máis lonxe da realidade!, pois o SRI destina diñeiro, si, dirixido a cubrir as necesidades dos presos e presas políticos nos cárceres. E facémolo a través da venda de material organizando rifas, paradas de material en encontros, actos e distintos eventos sociais, recollendo a solidariedade económica da xente solidaria cos presos, organizando charlas e diversas actividades antirepresivas. Toda outra conxectura é pura terxiversación, mentira e simple criminalización. Denunciamos enerxicamente e sen paliativos á Garda Civil, á audiencia Nacional e ao Ministerio de Interior de emprender unha campaña criminalizadora contra a nosa organización.

Pedimos a solidariedade de todos e todas os solidarios/as, compañeiros e compañeiras de movementos sociais e populares, de organizacións políticas, etc en apoio aos nosos compañeiros do Socorro Roxo Internacional.

Cortemos de raíz a intoxicación informativa, polas liberdades democráticas e sociais. Pola liberdade de asociación e en defensa da nosa tarefa militante antirepresiva.

23 de xaneiro de 2008

Liberdade membros SRI detidos !!!

Fóra a lexislación antiterrorista !!!

Audiencia Nacional disolución !!!

Comités por un Socorro Rojo Internacional de Catalunya, Euskal Herria, Galicia, Madrid, Asturies, León, Andalucia, Burgos, Estado francés e Italia.

WWW:: http://www.presos.org.es

O CAPITALISMO E A FAME

(...) Todos os informes acerca do cambio climático coinciden nunha verdade incómoda que non transcendeu: a maior responsabilidade na xeración de CO2 correspóndelle á agroindustria. Por unha banda, a propia xeración de alimentos nun modelo totalmente dependente do petróleo (fertilizantes, pesticidas, maquinaria etc.) e o seu transporte intercontinental, e polo outro a destrución de terras e bosques para ampliar as áreas agrícolas, pon na cabeza a agricultura industrializada e intensiva no ranking das actividades que máis gases contaminantes emiten no eido mundial. En cambio, ás instancias responsabeis de adoptar medidas para combater o cambio climático parece que se lles esqueceron as disposicións para corrixir este modelo de produción de alimentos. Ao contrario, repítese o modelo coa extensión dos agrocombustibeis que, ademais de non producir alimentos, replican a mesma realidade de calquera outro produto en sistemas industrializados, monocultivos que expulsan man de obra, elevados custos de contaminación e amplísimas áreas de deforestación

E sen correccións urxentes, os estudos máis prudentes serán pronto unha realidade. Prevese un descenso da produción agrícola global de entre un 3 e un 16% para o 2080, que afectará as rexións tropicais, para, como dicía, igualarnos. O lucro capitalista cego e xordo deixounos aos países ricos sen labregas e labregos, sen terras cultivabeis, coa gandeiría dependente de soia estranxeira e, en definitiva, con povoacións cuxa alimentación se basea crecentemente en alimentos do Sur, que acabarán por non chegar. Tempo de fame e de inxustiza. [Voltar ao inicio desta nova]

MENSAXE DOS CINCO POLO 50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN


Á dereita: deseño do heróe Gerardo Hernández Nordelo, un dos cinco prisioneiros cubanos do imperio (premer enriba del para ampliar)
.
....Se teño o raro privilexio de dirixirme máis unha vez a vostedes é porque viron neste
compatriota unha persoa que sempre lles dixo a verdade.

Non é mérito ser honrado senón deber sagrado.

No transcurso da madrugada terá ficado atrás o Ano 49 da Revolución e entraremos de cheo no ano 50, que simbolizará o medio século de resistencia heroica.

Proclamemos ao mundo con orgullo esta marca que nos fai acredores ao máis xusto dos reclamos: que se respecte o direito á vida e á san alegría da nosa Patria.

Por ese direito loitaremos ata a morte. Para os cubanos, fai máis dun século, Martí proclamouno: "¡Patria é humanidade!"

..................................

Polo Ano 50 da Revolución:

Mensaxes dos nosos Cinco irmáns

Saúdos patrióticos a todos os cubanos

Querido povo:

Saúdos patrióticos a todos os cubanos no aniversario da Revolución.

Ao entrarmos no ano 50 da verdadeira e definitiva emancipación do noso povo, facémolo lembrando o esforzo e os sacrificios necesarios ao longo destes anos de resistencia e loita, e rendendo tributo aos protagonistas dos mesmos.

Conscientes daqueles, celebramos tamén con xenuíno xúbilo as xigantescas satisfaccións experimentadas polos cubanos nestes 49 anos de Revolución, e as importantes transformacións e logros en todos os aspectos da vida do país. Significativos, relevantes e revolucionarios en si mesmos, eles son os alicerces dos proxectos, esperanzas e soños que continuaremos materializando para o beneficio de todos. A Revolución Cubana cuxo aniversario celebramos hoxe será eterna porque así o queremos os cubanos.

En unidade estreita, xunto ao Partido, a Fidel e a Raúl, continuaremos avanzando polos carreiros da xustiza, a igualdade e a dignidade, construíndo o proxecto social que escollemos os cubanos con liberdade.

Viva Cuba Libre!

Viva a Revolución Cubana!

Viva Fidel!

Patria ou Morte, Venceremos!

Fernando González Llort

F.C.I. Terre Haute

Indiana, USA

.............................

Nada poderá nunca disminuir o noso optimismo

Nada poderá impedir que en cinco prisións do Imperio celebremos con xúbilo e alto espírito revolucionario o 49 aniversario da Revolución.

Nada poderá nunca separarnos do noso heroico povo, das súas conquistas e as súas loitas por un porvir mellor para a humanidade, esa mesma que nos enseñóu o Apóstolo da nosa independencia e patria.

Nada poderá melar o noso optimismo, un resonar constante nos nosos corazóns do “Até a Victoria Siempre!” do Che; unha certeza de que por duro que sexa o camiño o noso povo co noso Comandante en Xefe, sempre á fronte, defenderá eternamente a obra socialista e vencerá en cada contenda.

Éxitos nas tarefas do vindeiro ano!

Viva a Revolución!

Viva o noso povo heroico!

Viva Fidel!

Viva Raúl!

Patria ou Morte!

Venceremos!

Un forte aperta dos 5

Antonio Guerrero Rodríguez

Penitenciaría de Florence

20 de decembro de 2007

Non importa canto tarde esta crueldade, a victoria será nosa

Queridos irmáns e irmás do mundo:

Agora que se achegan as celebracións polo Nadal e do ano novo 2008 queremos enviarlles as nosas felicitacións acompañadas de todo o agradecemento e afecto por apoiarnos nesta causa que nos une: A solidariedade con Cuba e a liberdade dos Cinco.

Sempre por estes días fanse recontos do feito e o por facer, é por iso que ao rememorar todas as accións que este ano 2007 se realizaron con vistas a gañar máis solidariedade coa nosa causa, enchémonos de forzas e máis optimismo na victoria segura.

Non importa canto demore esta crueldade, esa victoria será nosa e por iso seguiremos batallando xunto a vostedes para poñer fin á dobre moral do imperio que di loitar contra o terrorismo e mánténnos presos descoñecendo a historia de ataques terroristas contra o pobo cubano.

Desde a Arxentina até o Canadá e os Estados Unidos, pasando por Centroamérica e o Caribe, da outra beira do Atlántico, desde España até Viet-Nam e Australia, no continente africano, en cada recuncho do planeta escoitouse a voz da xustiza reclamando a nosa excarceración. As súas cartas infórmannos cada día de todas estas accións, eventos e demostracións solidarias. Conten sempre connosco para toda causa xustificada, pronto nos uniremos a vostedes.

Moitas grazas irmás e irmáns por saber que podemos contar sempre con vostedes para poñer fin a tanta inxustiza que nos afasta xa por case 10 anos de nosos seres queridos e da nosa amada Patria.

Para os cubanos estas celebracións tamén van acompañadas das que facemos por un aniversario máis da Revolución que nos devolveu a dignidade e a liberdade pola que hoxe moitos povos do noso continente loitan.

Viva o 49 aniversario do triunfo da Revolución cubana!

Ata a Victoria Siempre!

Ramón Labañino Salazar

USP Beaumont, Texas

.....................................

17 de decembro do 2007

"Ano 49 da Revolución"

A partir do encerro cruel en que o exemplo de vostedes me inspira a resistir, felicítolles

Heroicos compatriotas:

Cando entramos no décimo ano deste vingativo cativerio, a nosa resistencia non deixou de alimentarse, nin por un instante, do exemplo e o espírito que irradia a vontade irredutibel do noso pobo.

Outro aniversario do desborde rebelde ao longo e largo da nosa xeografía súmase para atestigualo. Mentres o imperio se revolve impotente, lanzando a cegas o seu enorme peso contra a pequena illa insurrecta, nós aprestamo-nos a perfeccionar o noso socialismo coñecendo moi ben a mentira que se nos ofrece-bastante ás malas, por certo-como alternativa.

Só a sociedade xusta e solidaria que nos legara a xeración do centenario será garante de paz e felicidade para os nosos fillos. Preservala e mellorala é o imperativo de hoxe, e o único disuasivo eficaz fronte á agresividade patolóxica do imperio.

A partir do encerro cruel en que o exemplo de vostedes me inspíra a resistir, felicítolles por outro ano rematado en victoria. Un novo reto é o que comeza. Non hai outra alternativa que non sexa conquistalo!

Un forte aperta para todos. René González [Voltar ao inicio desta nova]

.